Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Quitosano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 10 de agosto de 2024 ás 08:52 por Gasparoff (conversa | contribucións) (Usos)
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)
Quitosana
Estrutura do quirosano completamente desacetilado
Identificadores
Número CAS 9012-76-4
ChemSpider 64870
UNII 23R93M6Y64
Imaxes 3D Jmol Image 1
Compostos relacionados
Compostos relacionados D-glicosamina e
N-acetilglicosamina (monómeros)

Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa.

O quitosano é un polisacárido catiónico producido mediante a desacetilación da quitina, un polisacárido que se atopa no exoesqueleto dos crustáceos e de algúns outros invertebrados e fungos, mediante un proceso de alcalinización a altas temperaturas.[1]

O quitosano, tamén é chamado quitosana, e en inglés e castelán é comercializado como chitosan e chitosán.[2] O termo provén do grego χιτών, chiton, que significa 'túnica' ou 'envoltura', referíndose á súa estrutura envolvente dos organismos dos que se extrae.[3]

Tamén é coñecido cientificamente como poliglusam, de poli-(1,4)-β-D-glucosamina,[4] sendo un polímero de glicosamina.

O quitosano é apreciado nas industrias farmacéutica, médica e ambiental debido ás súas propiedades biodegradables, biocompatibles e antimicrobianas, que o fan adecuado para múltiples aplicacións, dende tratamentos médicos até a purificación de auga.[5]

É utilizado na cicatrización de feridas, na eliminación de proteínas alérxicas dos alimentos, na liberación controlada de fármacos (nanopartículas) e como complemento alimenticio con efecto hipocolesterolémico.

A súa acción contra a obesidade aínda se discute na literatura e pode actuar de dúas formas:

  1. Complexación con lípidos no tracto intestinal, sendo eliminado a través das feces.
  2. Retraso na acción das lipases dixestivas.
  1. Dias, Francisco S.; Queiroz, Danilo C.; Nascimento, Ronaldo F.; Lima, Mario Bastos (2008). "Um sistema simples para preparação de microesferas de quitosana". Química Nova (en portugués) 31: 160–163. ISSN 0100-4042. doi:10.1590/S0100-40422008000100028. 
  2. "Chitosan Suplemento ¿Qué es y para qué sirve?". Granafarma (en castelán). 2023-01-09. Consultado o 2024-08-09. 
  3. "ℹ ¿Qué es un chiton en Grecia? Historia y Significado ✔️" (en castelán). 2024-06-26. Consultado o 2024-08-09. 
  4. "NCATS Inxight Drugs — POLIGLUSAM". drugs.ncats.io (en inglés). Consultado o 2024-08-09. 
  5. Jiang, Tao; James, Roshan; Kumbar, Sangamesh G.; Laurencin, Cato T. (2014-01-01). Kumbar, Sangamesh G.; Laurencin, Cato T.; Deng, Meng, eds. Chapter 5 - Chitosan as a Biomaterial: Structure, Properties, and Applications in Tissue Engineering and Drug Delivery. Oxford: Elsevier. pp. 91–113. ISBN 978-0-12-396983-5. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre química é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.