Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Retrato

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 13 de agosto de 2007 ás 15:45 por Loveless (conversa | contribucións) (robot Añadido: hr:Portret)

A descrición de persoas

O retrato é a descrición dunha persoa, tanto nos seus aspectos físicos como psicolóxicos. Se só se atende ós aspectos físicos denomínase prosopografía e se se fai unicamente referencia ás súas calidades morais etopeia.

No retrato tradicional os escritores, partindo da perspectiva clásica, seguían o esquema cabeza → tronco → extremidades.

Así e todo, o máis frecuente é encontrar o retrato dunha persoa en que se aluda tanto ós trazos físicos coma psicolóxicos (forma de pensar, preocupacións, carácter,...).

O escritor manifesta, ás veces, o seu punto de vista sobre o personaxe que describe e incluso pode deformalo e ridiculizalo ata chegar á caricatura.

Véxase tamén