Sociedad Hijos de Silleda
Aparencia
Sociedad Hijos de Silleda | |
---|---|
Tipo | asociación |
Data de fundación | 1908 |
Sede | Buenos Aires |
País | Arxentina |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Sociedad Hijos de Silleda foi unha sociedade de emigrantes galegos do concello de Silleda na Arxentina, fundada en 1908.
Historia e características
Fundada en 1908 por Victoriano Souto, Antonio Carballo e Antón Alonso Ríos, creou tres escolas noutras tantas parroquias do concello: no ano 1917 inaugurouse a Escola Rosalía de Castro no lugar de Freixeiro (Laro); posteriormente, abriu a Escola Bernardino Rivadavia na Penadauga (Escuadro), e por último a Escola Francisco Giner de los Ríos no Marco (Siador)[1]. Foi unha das sociedades promotoras en 1921 da Federación de Sociedades Gallegas Agrarias y Culturales.
No ano 2009 o goberno municipal de Silleda cambiou a denominación do tramo final da rúa Arxentina por rúa Sociedad Hijos de Silleda[2].
Notas
- ↑ Xosé Manuel Malheiro Gutiérrez, A Sociedade de emigrantes Hijos de Silleda e o seu proxecto escolar realizado desde América en Revista Galega de Educación, vol. 31 (1998), páx. 81 a 85
- ↑ El callejero de Silleda modifica el nombre de 10 rúas y bautiza a otras 6 en Faro de Vigo (26/9/2009) (Consultado o 23/11/2016).