Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Spaghetti Western

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Parque temático Western Leone no deserto de Tabernas (Almería).

O Spaghetti western é un particular subxénero dos westerns que estivo de moda nas décadas dos 60 e 70, entrando axiña en decadencia.

Orixe e historia

[editar | editar a fonte]

Dado que a maioría destas películas eran financiadas por compañías italianas ou españolas, o xénero adquiriu rapidamente o nome de "spaghetti western" (italo-westerns en inglés), macaroni-western no Xapón, ou "chorizo western", se eran españolas. Adoitaban rodarse en Almería, no deserto de Tabernas.

O termo foi creado polos críticos para menosprezar o xénero, pero algunhas destas películas serían tratadas con respecto. De especial interese resulta a Triloxía do dólar, do director italiano Sergio Leone.

O spaghetti western caracterízase por unha estética sucia á vez que estilizada, e por uns personaxes aparentemente carentes de moral, rudos e duros, facéndose servir dos clixés clásicos do western estadounidense para crear un estilo propio servíndose do mito.

Recentemente algúns directores estadounidenses fixeron películas deste xénero (como The Quick and the Dead, de Sam Raimi) ou fixeron fusións de "spaghetti" con outros xéneros (como Kill Bill, de Quentin Tarantino).

Anos sesenta

[editar | editar a fonte]

Anos setenta

[editar | editar a fonte]

Directores

[editar | editar a fonte]

O primeiro gran director deste subxénero foi Sergio Leone con "Per un pugno di dollari", na que aparecía por primeira vez o actor Clint Eastwood no papel de "Home sen nome". Antes de que Leone sorprendese ó mundo co seu primeiro western, xa houbera westerns procedentes de Italia e España. Porén, eran de escasa calidade, e estaban feitos a imaxe e semellanza dos western americanos.

Moitos directores españois embarcáronse no spaghetti western porque daquele era unha auténtica industria en España. O que máis dama acadou foi o madrileño Rafael Romero Marchent, irmán do introductor do xénero en España, Joaquín Luis Romero Marchent.

Compositores

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]