Sterna
Sterna Carráns Rango fósil: Mioceno - Actualidade (4,9 - 0 millós de anos) | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Carrán carrán,[1][2] ou carrán común | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Especie tipo | |||||||||||||||||||
Sterna hirundo Linnaeus, 1758.[3] | |||||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||||
|
Sterna é un xénero de aves acuáticas da orde dos caradriformes, suborde dos laros, que é o tipo da familia dos estérnidos.
Hai anos adoitaba incluír especies de xéneros hoxe diferntes, pero estudos de secuenciación de ADN mitocondrial determinaron recentemente que esta agrupación era parafilética, polo que se separaron dela as especies dos xéneros Gelochelidon, Hydroprogne, Thalasseus, Sternula e Onychoprion.[4]
Comprende 13 especies coñecidas vulgarmente en galego como carráns,[5] e noutros idiomas con nomes equivalentes a andoriñas do mar, aves de tamaño mediano que se encontran nas rexións costeiras de case en todo o mundo.
Taxonomía
Descrición
O xénero foi descrito en 1758 por Linnaeus na páxina 137 da 10ª edición do seu Systema naturae.[6]
Etimoloxía
O nome científico Sterna, voz do xénero feminino, deriva probabelmente do termo escandinavo Tern vía o inglés, e latinizado como sterna, "andoriña do mar", desde, polo menos, o século VIII.[7] En latín clásico, esterna deriva do verbo esternere, "tenderse no chan" , derivado do grego antigo στέρνον stérnon, "peito" (da que teriva tamén o nome do óso esterno).[8]
Nota taxónómica
Sterna sitúase dentro da familia dos estérnidos en Wikispecies e nas diferentes Wikipedias (entre elas a Galipedia), e autores como Xosé Manuel Penas Patiño e Carlos Pedreira López, pero dentro da familia dos láridos segundo o Congreso Ornitolóxico Internacional e a UICN.
Especies
Na actualidade recoñécense dentro do xénero as seguintes trece especies:[9]
- Sterna acuticauda J. E. Gray, 1831
- Sterna aurantia J. E. Gray, 183
- Sterna dougallii Montagu, 1813
- Sterna forsteri Nuttall, 1834
- Sterna hirundinacea Lesson, 1831
- Sterna hirundo Linnaeus, 1758
- Sterna paradisaea Pontoppidan, 1763
- Sterna repressa Hartert, 1916
- Sterna striata Gmelin, 1789
- Sterna sumatrana Raffles, 1822
- Sterna trudeaui Audubon, 1838
- Sterna virgata Cabanis, 1875
- Sterna vittata Gmelin, 1789
Notas
- ↑ Fernández de la Cigoña 1989, p. 259.
- ↑ Penas Patiño et al. 1991, p. 176.
- ↑ Sterna en Wikispecies.
- ↑ Bridge, E. S.; Jones, A. W. & Baker, A. J. (2005). A phylogenetic framework for the terns (Sternini) inferred from mtDNA sequences: implications for taxonomy and plumage evolution Arquivado 20-07-2006 en Wayback Machine.. Molecular Phylogenetics and Evolution 35: 459–469. Consultada o 7 de decembro de 2019.
- ↑ carrán no Dicionario da RAG.
- ↑ Linnæus, Caroli (1758): Systema naturæ per regna tria naturæ, secundum classes, ordines, genera, species, cum characteribus, differentiis, synonymis, locis. Tomus I. Editio decima, reformata. Holmiæ. (Salvius).
- ↑ Etimoloxía de Sterne no Trésor de la langue française informatisé.
- ↑ sternum no Merraiam-Webster Unabrigeg Dictionary.
- ↑ Sterna Linnaeus, 1758 no ITIS.
Véxase tamén
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Sterna |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Sterna |
Bibliografía
- Cramp, Stanley & Simmons, K. E. L. (1985): Handbook or the Birds of Europe, the Middle East and North Africa: the Birds of the Western Palearctic. Vol. 4: Terns to Woodpeckers. Oxford, UK: Oxford University Press. ISBN 978-0-1985-7507-8.
- del Hoyo, J., Elliott, A. & Sargatal, J. (1996): Handbook of the Birds of the World, vol. 3: Hoatzin to Auks. Barcelona: Lynx Edicions. ISBN 978-84-8733-420-7.
- del Hoyo, J., Collar, N. J., Christie, D. A., Elliott, A. & Fishpool, L. D. C. (2014): HBW and BirdLife International Illustrated Checklist of the Birds of the World. Volume 1: Non-passerines. Barcelona, España / Cambridge, UK: BirdLife International / Lynx Edicions. ISBN 978-84-9655-394-1.
- Fernández de la Cigoña, Estanislao: Viaxeiras da auga. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-245-1.
- Penas Patiño, Xosé M., Carlos Pedreira López e Carlos Silvar (1991): Guía das aves de Galicia. A Coruña: Baía Edicións. ISBN 84-8767-306-2.