Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Uroloxía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A versión para imprimir xa non se actualiza e pode conter erros de renderizado. Actualice os marcadores do seu navegador e empregue mellor a función de impresión propia do navegador.
Uroloxía.

A uroloxía é unha especialidade cirúrxica da medicina que estuda o sistema urinario de homes e mulleres e do sistema reprodutor dos homes. Os médicos que posúen especialización nesta área son os urolólogos, sendo adestrados para diagnosticar, tratar e acompañar ós pacientes con disturbios urolóxicos. Os órganos estudados polos urolólogos inclúen os riles, uréter, vexiga urinaria, uretra e os órganos do sistema reprodutor masculino (testículos, epidídimos, conduto deferente, vesículas seminais, próstata e pene). As glándulas adrenais acabaron entrando na especialidade debido ó aspecto cirúrxico das doenzas tumorais das suprarrenais. Cando ten indicación cirúrxica de tumor suprarrrenal o endócrino dirixe cara ó urólogo.[1]

Nos homes, o sistema urinario está integrado co sistema reprodutor, mentres que nas mulleres o sistema urinario ábrese na vulva. En ámbolos dous sexos, os sistemas urinario e reprodutor están próximos, o que fai que os problemas dun sistema xeralmente afecten ó outro. A uroloxía combina o acompañamento de condicións non-cirúrxicas como, por exemplo, infeccións do sistema urinario, e de condicións cirúrxicas, como a corrección de anomalías conxénitas e o tratamento cirúrxico de cancros.[2] Estas anomalías na rexión xenital son coñecidas como disturbios xeniturinarios.

A uroloxía está relacionada cos áreas médicas da nefroloxía, androloxía, xinecoloxía, proctoloxía e oncoloxía.[3][4]

Notas

  1. "What is urology". Arquivado dende o orixinal o 14 de outubro de 2014. Consultado o 09 de agosto de 2017. 
  2. "Instituto nacional do Câncer". Arquivado dende o orixinal o 07 de agosto de 2017. Consultado o 09 de agosto de 2017. 
  3. "Website of the Endourologic Society". Endourology.org. Consultado o 1 de setembro de 2013. 
  4. "Urology - An Overview". Arquivado dende o orixinal o 19 de agosto de 2022. Consultado o 9 de agosto de 2017. 

Véxase tamén

Ligazóns externas


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre medicina é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.