Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Infectoloxía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Hospital de Isolamento de São Paulo (1894). O illamento é unha estratexia clave na infectoloxía que axuda a controlar a expansión de doenzas infecciosas, facilita o estudo e manexo das mesmas, e protexe a poboación.

Infectoloxía ou infeccioloxía[1][2] é a especialidade médica que se ocupa do estudo das doenzas causadas por diversos patóxenos como prións, virus, bacterias, protozoos, fungos e animais.

Obxectivos e campos de estudo

[editar | editar a fonte]

Esta disciplina inclúe a identificación de patóxenos, o mecanismo de transmisión das infeccións, o seu tratamento, así como a prevención das mesmas mediante vacinas e medidas profilácticas.

A infectoloxía ocúpase tamén do control de gromos de enfermidades, no estudo da resistencia aos antibióticos, e na elaboración de políticas de saúde pública.[3][4] Os especialistas en infectoloxía traballan estreitamente con epidemiólogos para rastrexar a propagación de enfermidades e con farmacólogos para desenvolver tratamentos efectivos.

O desenvolvemento de vacinas e antibióticos marcou un antes e un despois na historia da medicina. A especialidade como un campo separado e claramente definido emerxeu a principios do século XX, aínda que o estudo das enfermidades infecciosas é moito máis antigo.

O estudo pormenorizado da resposta inmunitaria pode proporcionar coñecementos críticos sobre a progresión das doenzas infecciosas e a eficacia das intervencións médicas.

A pandemia de COVID-19 representou un fito na historia da infectoloxía, non só polo seu impacto global senón tamén porque impulsou avances na investigación, no desenvolvemento de vacinas a un ritmo sen precedentes, extraordinariamente rápido, e na comprensión da transmisión e tratamento de doenzas infecciosas.[5][6]

Áreas de estudo

[editar | editar a fonte]
  1. Ningún dos dous termos aparecen recollidos no DRAG, no bUSCatermos nin no dicionario galego de termos médicos, pero "infectoloxía" é habitual en publicacións do IDIS, da FPGIBGS, do CHUS e do SERGAS.
  2. "Microbioloxía e Infectoloxía ; Grupos de investigación - Servizo Galego de Saúde". portalcientifico.sergas.es. Consultado o 2024-11-13. 
  3. Dhyani, Vineeta; Dhyani, Ashish; Joshi, Ritika (2025-01-01). Chawla, Malvika; Singh, Jaspal; Kaushik, R. D., eds. Chapter 60 - Antibiotic resistance: Pathophysiology, implications of overuse, and strategies for recovery. Academic Press. pp. 795–811. ISBN 978-0-323-95235-4. 
  4. "Antibiotic resistance: synthesis of recommendations by expert policy groups Alliance for the Prudent Use of Antibiotic" (PDF). iris.who.int; Organización Mundial da Saúde. Consultado o 13 de novembro de 2024. 
  5. "Coronavirus". www.who.int (en inglés). Consultado o 2024-11-14. 
  6. "New study traces impact of COVID-19 pandemic on global movement and evolution of seasonal flu". ScienceDaily (en inglés). Consultado o 2024-11-14. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre medicina é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.