Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Xoviano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 24 de decembro de 2009 ás 20:32 por Ptbotgourou (conversa | contribucións) (bot Modificado: ru:Иовиан)
Moeda coa efixie do Emperador Xoviano (ano 363).

Flavius Claudius Iovianus, en galego Xoviano, (332 - 17 de febreiro de 364) era un oficial cristián do exército de Xuliano, orixinario de Panonia, que á morte do emperador polas feridas sufridas durante unhas campañas en territorio persa, foi nomeado emperador polo exército, o 26 de xuño do 363.

Tivo que acordar unha paz en condicións desfavorábeis co Imperio Persa, pola que cedía os territorios entre o río Tigris e o río Eufrates.

Xoviano, ao contrario que o seu predecesor Xuliano, que era considerado un apóstata, era cristián, polo que aboliu as deposicións de Xuliano en contra da Igrexa Católica, aínda que mantendo a liberdade de culto.

Morreu, de causas naturais, o 17 de febreiro do 364 na fronteira entre Bitinia e Galacia, cando regresaba a Roma para confirmar o seu título, tras reinar só 8 meses.

Véxase tamén

Outros artigos


Imperio Romano

Segue a:
Xuliano
Xoviano
Precede a:
{{{DESPOIS}}}