2019
Aparencia
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2020.) |
2019 | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Calendario gregoriano | 2019 MMXIX | ||||||||||||||||||
Ab urbe condita | 2772 | ||||||||||||||||||
Calendario armenio | 1468 | ||||||||||||||||||
Calendario chinés | 4715 – 4716 | ||||||||||||||||||
Calendario hebreo | 5779 – 5780 | ||||||||||||||||||
Calendario hindú | |||||||||||||||||||
· Vikram Samvat | 2074 – 2075 | ||||||||||||||||||
· Shaka Samvat | 1941 – 1942 | ||||||||||||||||||
· Kali Yuga | 5120 – 5121 | ||||||||||||||||||
Calendario persa | 1397 – 1398 | ||||||||||||||||||
Calendario musulmán | 1441 – 1442 | ||||||||||||||||||
Calendario rúnico | 2269 | ||||||||||||||||||
|
2019 (MMXIX) foi un ano común do calendario gregoriano dentro do século XXI.
Acontecementos
[editar | editar a fonte]Xaneiro
[editar | editar a fonte]- 1 de xaneiro: Jair Bolsonaro xura o seu cargo como novo presidente do Brasil.
- 1 de xaneiro: a sonda New Horizons sobrevoa 2014 MU69, o obxecto celeste máis lonxe do sistema solar ao que chegou unha nave espacial.[1]
- 3 de xaneiro: a sonda chinesa Chang'e 4 aluniza na cara oculta da Lúa.[2]
- 23 de xaneiro: Angola despenaliza a homosexualidade.
Febreiro
[editar | editar a fonte]- 24 de febreiro: realízase un referendo constitucional en Cuba.
Marzo
[editar | editar a fonte]- 7 de marzo: dende as 16:53 hora local (GMT-4) rexístrase un apagamento a nivel nacional en Venezuela.
- 10 de marzo: un avión Boenig 737 da compañía Ethiopian Airlines espétase preto de Adís Abeba, morrendo os seus 157 ocupantes.
- 15 de marzo: un home mata a 50 persoas e deixa feridas a outras 50 nun atentado terrorista contra dúas mesquitas de Christchurch, Nova Zelandia.
Abril
[editar | editar a fonte]- 2 de abril: Abdelaziz Bouteflika dimite como presidente de Alxeria despois de 20 anos de mandato.
- 10 de abril: o consorcio Event Horizon Telescope presenta a primeira imaxe dun burato negro, na galaxia M87.
- 11 de abril: Julian Assange, fundador de WikiLeaks, é detido na embaixada de Ecuador en Londres.[3]
- 15 de abril: un incendio arrasa o teito da Catedral de Notre-Dame de París, que estaba en obras.
- 28 de abril: celébranse eleccións xerais en España, as décimo cuartas dende a transición.
Maio
[editar | editar a fonte]- 26 de maio: eleccións municipais e autonómicas en España.
- 26 de maio: eleccións ao Parlamento Europeo.
- 31 de maio: un tiroteo en Virginia Beach, nos Estados Unidos, deixa 13 mortos e 4 persoas feridas.
Xuño
[editar | editar a fonte]- 9 de xuño: protestas en Hong Kong contra a lexislación proposta sobre a extradición a China, sendo a protesta máis grande na rexión administrativa especial dende a transferencia da súa soberanía a China en 1997.
Xullo
[editar | editar a fonte]- 24 de xullo: Boris Johnson asume o cargo de primeiro ministro do Reino Unido, sucedendo a Theresa May.
Agosto
[editar | editar a fonte]- 3 de agosto: un tiroteo nun centro comercial de El Paso, en Texas, deixa 22 mortos e 24 persoas feridas.
- 4 de agosto: un tiroteo en Dayton, no estado de Ohio, deixa 10 mortos e 16 feridos.
- 17 de agosto: un atentado durante unha voda en Cabul (Afganistán) deixa 63 persoas mortas e 182 feridas.
- Do 24 ao 26 de agosto: 45º cume do G7 na cidade francesa de Biarritz.
- 28 de agosto: a activista medioambiental Greta Thunberg chega a Nova York despois quince días de travesía no océano Atlántico para asistir a unha rolda de conferencias na sede das Nacións Unidas o 23 de setembro.
Setembro
[editar | editar a fonte]- 2 de setembro: un atentado en Cabul (Afganistán) deixa 21 mortos e 119 feridos.
Outubro
[editar | editar a fonte]- Do 2 ao 13 de outubro: protestas en Ecuador en contra das medidas económicas propostas polo goberno de Lenín Moreno.
- 8 de outubro: un atentado contra unha sinagoga en Halle (Alemaña) deixa dúas persoas mortas.[4]
- 14 de outubro - actualidade: protestas en Cataluña, e en menor medida noutras partes de España, pola sentenxa do xuízo aos líderes do proceso independentista catalán.
- 14 de outubro - actualidade: protestas en Chile en resposta as alzas do sistema público de transporte e ás más condicións sociais e económicas do país.
- 24 de outubro: en España, realízase a exhumación dos restos do ditador Francisco Franco, autorizada polo goberno de Pedro Sánchez.
- 26 de outubro: suicídase o líder do Estado Islámico Abu Bakr al-Baghdadi en Siria.
Novembro
[editar | editar a fonte]- 10 de novembro: eleccións xerais en España, as segundas en 2019 despois de que as principais forzas políticas do país non chegasen a un acordo tras as eleccións de abril.
- 22 de novembro: o Blue Star, un buque quimiqueiro, encalla na costa de Galicia, preto de Ares.
- 26 de novembroː un forte terremoto sacude Albania, deixando 50 persoas mortas e máis de 900 feridos.
- 29 de novembroː un ataque terrorista, reivindicado polo Estado Islámico, deixa dous mortos e cinco feridos en Londres.[5]
Decembro
[editar | editar a fonte]- Do 2 ao 13 de decembro: Celébrase en Madrid a Conferencia das Nacións Unidas sobre o Cambio Climático
Mortes
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Finados en 2019.
Xuño
[editar | editar a fonte]- 9 de xuño: Ahmed Essop, escritor surafricano (n. 1931).
Xullo
[editar | editar a fonte]- 15 de xullo: Jesús Sánchez Gallego[6] (n. en 1936).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "La NASA sobrevuela con éxito el objeto más distante jamás explorado". La Vanguardia (en castelán). 1 de xaneiro de 2019.
- ↑ Fontdeglòria, Xavier. "China sitúa la ‘Chang'e 4’ en la cara oculta de la Luna". El País (en castelán).
- ↑ "Julian Assange, detenido a petición de EEUU en la embajada de Ecuador en Londres". eldiario.es (en castelán).
- ↑ "Un atentado antisemita causa dos muertos en Alemania". El País (en castelán).
- ↑ "Estado Islámico reivindica el atentado de Londres". La Vaguardia (en castelán). 30 de novembro de 2019.
- ↑ Redacción (16 de xullo de 2019). "Fallece el pintor padronés Jesús Sánchez Gallego, autor de varios carteles del Xacobeo". elcorreogallego.es (en castelán). Consultado o 13 de marzo de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: 2019 |