Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Ácido graxo omega-9

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ácido oleico, un ácido graxo omega-9. O 9º enlace C-C empezando polo final é un dobre enlace.

Os ácidos graxos omega-9, tamén chamados ácidos graxos ω−9 ou ácidos graxos n−9, son unha familia de ácidos graxos insaturados que teñen en común un dobre enlace situado na posición do noveno enlace contando desde o metilo do final da cadea carbonada (ver Ácido graxo#Nomenclatura e numeración).

A difefrenza dos ácidos graxos omega-3 e omega-6, entre os omega-9 non hai ácidos graxos esenciais, porque o corpo humano pode producilos a partir de graxas insaturadas, e non son esenciais na dieta.

Ácido erúcico, un ácido graxo omega-9.

Algúns ácidos graxos omega-9 son compoñentes comúns da graxa animal e de aceites vexetais. Dous ácidos graxos omega-9 importantes na industria son:

Baixo graves condicións de deprivación de ácidos graxos esenciais, os mamíferos alongan e desnaturalizan o ácido oleico para producir ácido de Mead, (20:3, n−9).[1] Isto foi documentado en menor medida nun estudo feito en vexetarianos e semivexetarianos que seguían dietas sen fontes substanciais de ácidos graxos esenciais.[2]

Ácidos graxos omega-9
Nome común Fórmla lipídica Nome químico
Ácido hipoxeico 16:1 (n−9) Ácido (Z)-hexadec-7-enoico
Ácido oleico 18:1 (n−9) Ácido (Z)-octadec-9-enoico
Ácido elaídico 18:1 (n−9) Ácido (E)-octadec-9-enoico
Ácido gondoico 20:1 (n−9) Ácido (Z)-eicos-11-enoico
Ácido de Mead 20:3 (n−9) Ácido (5Z,8Z,11Z)-eicosa-5,8,11-trienoico
Ácido erúcico 22:1 (n−9) Ácido (Z)-docos-13-enoico
Ácido nervónico 24:1 (n−9) Ácido (Z)-tetracos-15-enoico
Ácido ximénico 26:1 (n−9)
  1. Lipomics. "Mead acid". Arquivado dende o orixinal o 19 de marzo de 2006. Consultado o 14 de febreiro de 2006. 
  2. Phinney SD, Odin RS, Johnson SB, Holman RT (marzo de 1990). "Reduced arachidonate in serum phospholipids and cholesteryl esters associated with vegetarian diets in humans". Am. J. Clin. Nutr. 51 (3): 385–92. PMID 2106775. doi:10.1093/ajcn/51.3.385. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]