Ángel Porto Anido
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 24 de febreiro de 1919 Santiago de Compostela, España |
Morte | 8 de setembro de 2006 (87 anos) Santiago de Compostela, España |
Procurador en Cortes | |
11 de novembro de 1971 – 30 de xuño de 1977 – Lino Rodriguez Madero, Jose Luis Mosquera Perez (en) → Lexislatura: X lexislatura das Cortes franquistas | |
Procurador en Cortes | |
24 de xuño de 1970 – 12 de novembro de 1971 ← Rafael Puga Ramón Lexislatura: IX lexislatura das Cortes franquistas | |
Presidente da Deputación da Coruña | |
1970 – 1974 ← Rafael Puga Ramón – Lino Rodriguez Madero → | |
Alcalde de Santiago de Compostela | |
1957 – 1964 ← Enrique Otero Aenlle – Francisco López Carballo → | |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | político, avogado, industrial |
Familia | |
Pai | Francisco de Asís Porto Rey |
Ángel José Porto Anido, nado en Santiago de Compostela o 24 de febreiro de 1919 e finado en Santiago de Compostela o 8 de setembro de 2006,[1][2] foi un avogado, industrial e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciado en Dereito e diplomado en Maxisterio. Foi concelleiro con 22 anos, tenente de alcalde e alcalde de Santiago de Compostela (1957-1964). Foi vicepresidente da Cámara Oficial de Comercio (1956), presidente do Aero Club de Santiago (1967-1970) e da Deputación da Coruña (1970-1974) e procurador en Cortes e conselleiro nacional (1970-1974) en representación da Deputación. Fundou a editorial Porto y Cía. e foi xerente do Sanatorio Psiquiátrico de Conxo (1976-1988). Despois da Transición, seguiu en política como dirixente de Falange Española en Galicia.
Predecesor: Enrique Otero Aenlle |
Alcalde de Santiago 1957 - 1964 |
Sucesor: Francisco López Carballo |
Predecesor: Rafael Puga Ramón |
Presidente da Deputación da Coruña 1970 - 1974 |
Sucesor: Lino Rodríguez Madero |
Outras mencións
[editar | editar a fonte]Alférez provisional con 17 anos, conselleiro-administrador de Editorial Compostela, presidente do Consello Diocesano de Homes de Acción Católica, da Liga de Amigos de Compostela e do Grupo teatral Ditea.
Méritos
[editar | editar a fonte]Comendador da Orde do Mérito Civil, Medalla de Prata ao Mérito Turístico, Cruz de Guerra, Medalla da Cruz Vermella ao Mérito Militar, Medalla de Prata da Cidade de París e nomeamento como Concelleiro Honorario de París.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Fallece Ángel Porto, alcalde de Compostela entre 1957 y 1964". El Correo Gallego (en castelán). 9 de setembro de 2006. Arquivado dende o orixinal o 28 de agosto de 2024. Consultado o 28 de agosto de 2024.
- ↑ "Falleció a los 87 años Ángel José Porto Anido". La Voz de Galicia (en castelán). 8 de setembro de 2006.