Área metropolitana de París
Aparencia
A área metropolitana de París é unha das maiores aglomeracións urbanas na Unión Europea. A súa área metropolitana ten unha poboación de 9.928.000 habitantes.[1]
No caso de París, así como noutras cidades, poderíase establecer unha definición máis ampla que incluíse unha aglomeración máis extensa aínda que menor densamente poboada que a área metropolitana. Esta sería a rexión urbana de París que, cunha poboación de 11.173.886 habitantes en 1999[2] estaría entre as tres rexións urbanas máis poboadas da Unión Europea, por riba do Randstad dos Países Baixos. A poboación da área urbana de París en 2007 é de 12.067.000 habitantes.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Instituto nacional de estatística de Francia. "Population des villes et unités urbaines de plus de 1 million d'habitants de l'Union européenne" (en francés). Consultado o 16/03/2007.
- ↑ Instituto nacional de estatística de Francia. "Recensement de la population francaise mars 1999" (en francés). Arquivado dende o orixinal o 27/04/2009. Consultado o 16/03/2007.