A. C. Green
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | (en) A. C. Green, Jr. 4 de outubro de 1963 (61 anos) Portland, Estados Unidos de América | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Educación | Benson Polytechnic High School (en) Universidade do Estado do Oregon (pt) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 206 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 100 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | baloncestista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 1985 - 2001 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Estados Unidos de América | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | baloncesto | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Liga | Baloncesto masculino da División I da NCAA e National Basketball Association | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Ala-pivote | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Convocado por | Los Angeles Lakers | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Páxina web | acgreen.com | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
A. C. Green, Jr., nado o 3 de outubro de 1963 en Portland, Oregón, é un ex xogador profesional de baloncesto estadounidense que xogou para Los Angeles Lakers, Phoenix Suns, Dallas Mavericks e Miami Heat na National Basketball Association (NBA). Grazas a 1 192 encontros xogados de forma consecutiva, posúe o récord de maior número de partidos seguidos xogados da historia, xa sexa na NBA o na ABA. Ademais, tan só deixou de xogar perdeu tres partidos na súa carreira, disputando 1278 de 1281 partidos (99,8%). Grazas a este motivo foi alcumado como "Iron Man" (do inglés: home de ferro).
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Universidade
[editar | editar a fonte]A.C. Green pasou 4 anos na Universidade de Oregon State, nos cales se converteu no segundo máximo reboteador e no cuarto mellor anotador da historia da universidade. Na súa tempada junior foi o cuarto mellor de toda a liga NCAA en porcentaxe de tiro, cun 65,7 %. Acabou o seu periplo universitario cunhas medias de 14,7 puntos e 7,7 rebotes por partido.
Profesional
[editar | editar a fonte]Foi elixido por Los Angeles Lakers no posto 23 da primeira rolda do Draft da NBA de 1985. No seu primeiro ano tivo que conformarse con saír desde o banco, mais gañou a titularidade ao ano seguinte, nun equipo infestado de figuras na época do Showtime, como Magic Johnson, Kareem Abdul-Jabbar, Michael Cooper, James Worthy ou Byron Scott. Con eles conseguiu gañar os seus dous primeiros aneis de campión da NBA.
Green deixou os Lakers en 1993, e asinou como axente libre polos Phoenix Suns, equipo que viña de perder as finais contra Chicago Bulls o ano anterior, e que consideraron que era a peza que lles faltaba no seu quebracabezas para facerse co anel. Na súa primeira tempada en Arizona conseguiu as mellores medias da súa carreira, con 14,7 puntos e 9,2 rebotes por partido, mais o seu equipo non chega a pasar das semifinais de conferencia. En 1997 é traspasado a Dallas Mavericks, nun acordo que levaba a Jason Kidd a Phoenix. Foi alí cando o 20 de novembro de 1997 conseguiu bater a marca de partidos consecutivos, que posuía Randy Smith, con 906. En 1999 consegue chegar á cifra de 1000 partidos consecutivos contra os Vancouver Grizzlies, acabando esa tempada con 1024. En 14 tempadas, só se perdeu 3 encontros, todos na tempada 1986-87, e sempre por decisión técnica do seu entón adestrador, Pat Riley.
Regresou aos Lakers en 1999, xa con 36 anos, para conseguir gañar o seu terceiro e definitivo anel de campión, cun equipo no que xa despuntaban figuras como Shaquille O'Neal ou Kobe Bryant, saíndo de titular nos 82 partidos da fase regular, e dosificando minutos dos home altos do equipo. A súa última tempada pasouna nos Miami Heat, onde volveu reunirse co seu antigo adestrador, Pat Riley.
Equipos
[editar | editar a fonte]- Los Angeles Lakers (1985-1993)
- Phoenix Suns (1993-1997)
- Dallas Mavericks(1997-1999)
- Los Angeles Lakers (1999-2000)
- Miami Heat (2000-2001)
Logros
[editar | editar a fonte]- Tres veces Campión da NBA (1987–1988, 2000).
- Unha vez All-Star (1990).
- Unha vez no Segundo equipo defensivo da NBA (1989).
- Maior serie de partidos consecutivos xogados na historia da NBA/ABA con 1 192.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Fundación A.C. Green
- Estatísticas de A.C. Green Arquivado 10 de abril de 2015 en Wayback Machine.
- Xogadores de baloncesto da NBA
- Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América
- Eleccións no Draft da NBA dos Los Angeles Lakers
- Xogadores dos Los Angeles Lakers
- Xogadores dos Phoenix Suns
- Xogadores dos Dallas Mavericks
- Xogadores dos Miami Heat
- Ala-pivotes de baloncesto
- Nados en 1963
- Nados en Portland, Oregón