ADN glicosilase
As ADN glicosilases son unha familia de encimas implicados na reparación por escisión de bases, clasificados co número EC EC 3.2.2. A reparación por escisión de bases é o mecanismo polo cal as bases danadas do ADN son eliminadas e substituídas. As ADN glicosilases catalizan o primeiro paso deste proceso. Eliminan a base nitroxenada danada pero deixan o esqueleto de azucre-fosfato intacto, creando un sitio apurínico/apirimidínico, xeralmente denominado sitio AP. Isto realízano mediante a xeración dunha rotación de 180º da base danada na dobre hélice seguida da clivaxe do enlace N-glicosídico, que a separa do ADN.[1]
As glicosilases foron primeiramente descubertas nas bacterias, e despois atopáronse en todos os reinos da vida. Ademais do seu papel na reparación por escisión de bases, as ADN glicosilases foron implicadas na represión do silenciamento de xenes en Arabidopsis thaliana, Nicotiana tabacum e outras plantas por desmetilación activa. Os residuos de 5-metilcitosina son escindidos e substituídos por citosinas non metiladas permitindo así o acceso á estrutura da cromatina dos encimas e proteínas necesarias para a transcrición e tradución.[2][3]
Glicosilases monofuncionais e bifuncionais
[editar | editar a fonte]Hai dúas grandes clases de glicosilases: monofuncionais e bifuncionais. As glicosilases monofuncionais teñen só actividade glicosilase, mentres que as glicosilases bifuncionais tamén presentan actividade de AP liase que lles permite cortar o enlace fosfodiéster do ADN, creando unha rotura de febra simple sen a necesidade da intervención dunha AP endonuclease. A β-eliminación dun sitio AP por unha glicosilase-liase rende un aldehido 3' α,β-insaturado adxacente a un fosfato 5', o cal difire do produto de clivaxe da AP endonuclease.[4] Algunhas glicosilase-liases poden ademais realizar a δ-eliminación, que converte o 3' aldehido nun fosfato 3'.
Mecanismo bioquímico
[editar | editar a fonte]A primeira estrutura cristalina dunha ADN glicosilase obtívose de E. coli.[5] Esta estrutura revelou que o encima fai rotar a base danada na dobre hélice a un peto de sitio activo para alí escindila. Outras glicosidases que se atoparon despois seguen o mesmo paradigma xeral, incluíndo a UNG humana representada máis abaixo. Para clivar o enlace N-glicosídico, as glicosidases monofuncionais usan unha molécula de auga activada para atacar o carbono 1 do substrato. As glicosidadses bifuncionais, ao contrario, usan un residuo amino como nucleófilo para atacar o mesmo carbono, por medio dun intermediario base de Schiff.
Tipos de glicosilases
[editar | editar a fonte]Resolvéronse as estruturas cristalinas de moitas glicosilases. Baseándose na semellanza estrutural, as glicosilases están agrupadas en catro superfamilias. As familias UDG e AAG comprenden glicosilases compactas pequenas, mentres que as familias MutM/Fpg e HhH-GPD comprenden encimas máis grandes e con moitos dominios.[4]
Evolucionaron unha ampla variedade de glicosilases para recoñecer diferentes bases danadas. A táboa seguinte resume as propiedades de glicosilases coñecidas de organismos modelo comunmente estudados.
E. coli | B. cereus | Lévedo (S. cerevisiae) | Humano | Tipo | Substratos |
---|---|---|---|---|---|
AlkA | AlkE | Mag1 | MPG | monofuncional | 3-meA, hipoxantina |
UDG | Ung1 | UNG | monofuncional | uracilo | |
Fpg | Ogg1 | hOGG1 | bifuncional | 8-oxoG, FapyG | |
Nth | Ntg1 | hNTH1 | bifuncional | Tg, hoU, hoC, urea, FapyG | |
Ntg2 | |||||
Nei | Non presente | hNEIL1 | bifuncional | Tg, hoU, hoC, urea, FapyG, FapyA | |
hNEIL2 | sitio AP, hoU | ||||
hNEIL3 | descoñecido | ||||
MutY | Non presente | hMYH | monofuncional | A:8-oxoG | |
Non presente | Non presente | hSMUG1 | monofuncional | U, hoU, hmU, fU | |
Non presente | Non presente | TDG | monofuncional | apareamento incorrecto T:G | |
Non presente | Non presente | MBD4 | monofuncional | Apareamento incorrecto T:G | |
AlkC | AlkC | Non presente | Non presente | monofuncional | Alquilpurina |
AlkD | AlkD | Non presente | Non presente | monofuncional | Alquilpurina |
Uracilo ADN glicosilases
[editar | editar a fonte]A familia proteica da uracilo ADN glicosilase (UDG) é un encima que reverte mutacións no ADN. A mutación máis común é a desaminación da citosina a uracilo. A UDG repara estas mutacións, polo que é crucial na reparación do ADN, e sen ela estas mutacións poerían orixinar un cancro.[8]
Hai varias uracilo ADN glicosilases e outras ADN glicosilases moi relacionadas con ela (ECArquivado 25 de setembro de 2019 en Wayback Machine.), como a uracilo ADN glicosilase humana,[9] a uracilo ADN glicosilase termófila,[10] a ADN glicosilase específica da discordancia G:T/U (Mug),[11] e a ADN glicosilase monofuncional selectiva para febras simples (SMUG1).[12]
As uracilo ADN glicosilases retiran o uracilo do ADN, o cal é unha base que normalmente non se encontra no ADN e que pode orixinarse por desaminación espontánea da citosina ou pola incorrecta incorporación de dU en fronte de dA durante a replicación do ADN. O membro prototípico desta familia é E. coli UDG, que foi unha das primeiras glicosilases descubertas. En células de mamífero identificáronse catro actividades diferentes de uracilo ADN glicosilase, incluíndo as dos encimas UNG, SMUG1, TDG, e MBD4. Varían na especificidade de substrato e na localización subcelular. A SMUG1 prefire como substrato o ADN de febra simple, pero tamén retira o U do ADN bicatenario. Ademais de escindir os uracilos non modificados, a SMUG1 pode escindir o 5-hidroxiuracilo, o 5-hidroximetiluracilo e o 5-formiluracilo que leva un grupo oxidado no anel C5.[13] A TDG e a MBD4 son estritamente específicas para o ADN bicatenario. A TDG pode eliminar timina glicol cando está presente en fronte dunha guanina, e tamén derivados do U con modificacións no carbono 5. As evidencias actuais suxiren que, en células humanas, a TDG e a SMUG1 son os principais encimas responsables da reparación dos apareamentos incorrectos U:G causados por desaminación espontánea da citosina, mentres que do uracilo que se orixina no ADN pola incorrecta incorporación de dU se encarga principalmente a UNG. A MBD4 crese que corrixe as discordancias T:G que se orixinan por desaminación da 5-metilcitosina a timina en sitios CpG.[14] O rato mutante para MBD4 desenvólvese normalmente e non mostra un incremento da susceptibilidade ao cancro ou redución da supervivencia. Pero adquiren máis mutacións de C a T en secuencias CpG nas células epiteliais do intestino delgado.[15]
A estrutura da UNG humana en complexo co ADN revelou que, igual que outras glicosidases, fai rotar o nucleótido sobre o que actúa cara a fóra da dobre hélice e cara ao peto do sitio activo.[16] A UDG sofre un cambio conformacional desde un estado ‘‘aberto’’ non unido ao ADN a un estado ‘‘pechado’’ unido ao ADN.[17]
ADN glicosilase | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
A ADN glicosilase do virus de Epstein-Barr en complexo con ugi de pbs-2 | |||||||||
Identificadores | |||||||||
Símbolo | UDG | ||||||||
Pfam | PF03167 | ||||||||
InterPro | IPR005122 | ||||||||
PROSITE | PDOC00121 | ||||||||
SCOPe | 1udg / SUPFAM | ||||||||
CDD | cd09593 | ||||||||
|
Historia
[editar | editar a fonte]O primeiro que observou a reparación do uracilo no ADN foi T. Lindahl.[18] A UDG foi purificada primeiramente en Escherichia coli, e viuse que hidrolizaba o enlace N-gliosídico que une a base coa desoxirribosa do esqueleto da molécula de ADN.[8]
Función
[editar | editar a fonte]A función da UDG é eliminar mutacións no ADN, concretamente eliminar os uracilos.
Estrutura
[editar | editar a fonte]Estas proteínas teñen unha estrutura de 3-capas alfa/beta/alfa. A topoloxía do polipéptido da UDG é a dunha proteína clásica alfa/beta. A estrutura consiste principalmente nunha folla beta toda paralela de catro febras en posición central rodeada a cada lado por un total de oito hélices alfa e denomínase folla beta dobremente enrolada paralela.[9]
Mecanismo
[editar | editar a fonte]As uracilo ADN glicosilases son encimas de reparación do ADN que escinden residuos de uracilo do ADN clivando o enlace N-glicosídico e iniciando a vía da reparación por escisión de bases. O uracilo do ADN pode orixinarse por desaminación da citosina para formar apareamentos incorrectos U:G mutaxénicos, ou por medio da incorporación de dUMP pola ADN polimerase que dá lugar á formación de pares U:A.[19] Estes residuos de uracilo aberrantes son xenotóxicos.[20]
Localización
[editar | editar a fonte]En células eucariotas, a actividade de UNG encóntrase no núcleo celular e nas mitocondrias. A proteína UNG1 humana é transportada tanto ás mitocondrias coma ao núcleo.[21]
Conservación
[editar | editar a fonte]A secuencia da uracilo ADN glicosilase está extremadamente ben conservada[22] en bacterias e eucariotas e tamén en virus herpes. Encontráronse uracilo ADN glicosilases máis distantemente relacionadas en poxvirus.[23] Os 77 aminoácidos N-terminais da UNG1 parecen ser necesarios para a localización mitocondrial, pero non puido demostrarse directamente a presenza dun péptido de tránsito mitocondrial. A rexión conservada situada máis cara ao extremo N-terminal contén un residuo de ácido aspártico do que se propuxo, baseándose nas estruturas obtidas con raios X,[24] que actúan como unha base xeral no mecanismo catalítico.
Familias de UDGs
[editar | editar a fonte]Hai dúas familias de UDGs, chamadas Familia 1 e Familia 2. A Familia 1 é activa contra o uracilo que se encontre en ADN monocatenario ou bicatenario. A Familia 2 escinde o uracilo de sitios con discordancias con guanina.[8]
Glicosilases de bases oxidadas
[editar | editar a fonte]Diversas glicosilases evolucionaron para recoñecer bases oxidadas, que se forman comunmente por causa das especies reactivas do oxíxeno xeradas durante o metabolismo celular. A lesións máis frecuentes formadas en residuos de guanina son a 2,6-diamino-4-hidroxi-5-formamidopirimidina (FapyG) e a 8-oxoguanina. A 8-oxoguanina forma os nucleósidos 8-oxoguanosina e 8-oxo-2'-desoxiguanosina. Debido ao incorrecto apareamento coa adenina durante a replicación, a 8-oxoguanina é moi mutaxénica, dando lugar a transversións de G a T. A reparación desta lesión iníciaa a ADN glicosilase bifuncional OGG1, que recoñece a 8-oxoguanina apareada con C. A hOGG1 é unha glicosilase bifuncional que pertence á familia de hélice-forquita-hélice (HhH). A MYH recoñece a adenina apareada incorrectamente con 8-oxoguanina, pero escinde a A, deixando intacta a 8-oxoguanina. Os ratos knockout para OGG1 non mostran un incremento na incidencia de tumores, pero acumulan 8-oxoguanina no fígado a medida que envellecen.[25] Obsérvase un fenotipo similar coa activación de MYH, pero a inactivación simultánea de MYH e OGG1 causa a acumulación de 8-oxoG en múltiples tecidos, incluíndo o intestino delgado.[26] Nos humanos, as mutacions en MYH están asociadas co incremento do risco de desenvolver colon poliposo e cancro de colon. Ademais de OGG1 e MYH, as células humanas conteñen tres ADN glicosilases adicionais, chamadas NEIL1, NEIL2 e NEIL3, que son homologas da Nei bacteriana, e a súa presenza probablemente explica os fenotipos máis suaves que presentan os ratos knockout para OGG1 e MYH.
Glicosilases de bases alquiladas
[editar | editar a fonte]Este grupo comprende o encima E. coli AlkA e proteínas relacionadas de eucariotas superiores. Estas glicosilases son monofuncionais e recoñecen as bases metiladas, como a 3-metiladenina.
AlkA
[editar | editar a fonte]A AlkA é a 3-metiladenina ADN glicosilase II.[27]
Patoloxía
[editar | editar a fonte]- As ADN glicosilases que interveñen na reparación por escisión de bases (BER) poden ser asociadas co risco de cancro en persoas portadoras de mutacións en BRCA1 e BRCA2.[28]
Deficiencias epixenéticas en cancros
[editar | editar a fonte]As alteracións epixenéticas (epimutacións) nos xenes para a reparación por escisión de bases aínda empezaron recentemente a ser avaliadas nuns poucos cancros, o que contrasta cos numerosos estudos previos sobre epimutacións en xenes que actúan noutras vías de reparación do ADN (como a MLH1 na reparación de discordancias e na MGMT en reversións directas).[29] Algúns exemplos de epimutacións nos xenes para a reparación por escisión de bases que ocorren en cancros resúmense a continuación.
MBD4
[editar | editar a fonte]A MBD4 (proteína 4 de dominio de unión a metil-CpG) é unha glicosilase empregada nun paso inicial da reparación por escisión de bases. A proteína MBD4 únese preferencialmente a sitios CpG completamente metilados e ás bases alteradas de ditos sitios. Estas bases alteradas orixínanse da hidrólise frecuente de citosina a uracilo (ver imaxe) e a hidrólise da 5-metilcitosina a timina, producindo os pares de bases G:U e G:T.[30] Se non se eliminan os uracilos ou timinas incorrectos nestes pares de bases antes da replicación do ADN, causarán mutacións por transición. A MBD4 cataliza especificamente a eliminación de T e U emparellados con guanina (G) dentro de sitios CpG.[31] Esta é unha importante función de reparación, xa que aproximadamente 1/3 de todas as mutacións dun só par de bases intraxénicas nos cancros humanos teñen lugar en dinucleótidos CpG e son o resultado de transicións de G:C a A:T.[31][32] Estas transicións comprenden as mutacións máis frecuentes en cancros humanos. Por exemplo, case o 50% das mutacións somáticas do xene supresor de tumores p53 en cancro colorrectal son transicións de G:C a A:T en sitios CpG.[31] Así, un decrecemento na expresión da MBD4 podería causar u incremento nas mutacións carcinoxénicas.
A expresión de MBD4 está reducida en case todos os neoplasmas de cancros colorrectais debido á metilación da rexión promotora da MBD4.[33] Ademais a MBD4 é deficiente debido á mutación en aproximadamente o 4% dos cancros colorrectais.[34]
Unha maioría dos campos normais histoloxicamente que rodean os recrementos neoplásticos (adenomas e cancros de colon) no colon tamén mostran unha expresión reducida do ARNm da MBD4 (un defecto de campo) compardo cun tecido histoloxicamente normal de individuos que nunca tiveron un neoplasma de colon.[33] Este descubrimento suxire que o silenciamento epixenético da MBD4 é un paso inicial na carcinoxénese colorrectal.
Nunha poboación chinesa examinada, o polimorfismo Glu346Lys na MBD4 estaba asociado cunha redución dun 50% do risco de padecer cancro cervical, o que suxire que as alteracións na MBD4 poden ser importantes no cancro.[35]
NEIL1
[editar | editar a fonte]A NEIL1 recoñece e elimina certas bases danadas por oxidación do ADN e despois corta o sitio abásico por β,δ-eliminación, deixando extremos 3' e 5' fosfato. A NEIL1 recoñece pirimidinas oxidadas, formamidopirimidinas, residuos de timina oxidados no grupo metilo, e ambos os estereoisómeros da timina glicol.[36] Os mellores substratos para a NEIL1 humana parecen ser as lesións de hidantoína, guanidinohidantoína e espiroiminodihidantoína, que son produtos da ulterior oxidación da 8-oxoG. A NEIL1 ten a capacidade tamén de eliminar lesións de ADN de febra simple así como das estruturas de burbulla e forcada do ADN. Unha deficiencia da NEIL1 causa un incemento da mutaxénese no sitio dun par 8-oxo-Gua:C, e a maioría das mutacións son transversións de G:C a T:A.[37]
Un estudo feito en 2004 atopou que o 46% dos cancros gástricos primarios tiñan reducida a expresión do ARNm de NEIL1, aínda que se descoñece o mecanismo de redución.[38] Este estudo tamén encontrou que o 4% dos cancros gástricos tiñan mutacións en NEIL1. Os autores suxeriron que a baixa actividade de NEIL1 que se orixina pola expresión reducida e/ou mutación en NEIL1 está a miúdo implicada na carcinoxénese gástrica.
Realizouse un exame da metilación do promotor anormal de 145 xenes de reparación do ADN no carcinoma de células escamosas de tecidos da cabeza e pescozo en 20 pacientes e de mostras de mucosa de cabeza e pescozo de 5 pacientes non cancerosos.[39] O estudo mostrou que o xene da NEIL1, que presentaba unha hipermetilación substancialmente incrementada, era o que tiña a frecuencia de metilación máis significativamente diferente. Ademais, a hipermetilación correspondíase cunha diminución na expresión do ARNm de NEIL1. Ademais, estudos de 135 tecidos tumorais e 38 normais tamén mostraron que o 71% das mostras de tecidos de carcinoma de células escamosas de cabeza e pescozo tiñan unha elevada metilación do promotor de NEIL1.[39]
Nunha avaliación de 8 xenes de reparación do ADN en tumores de cancro de pulmón de células non pequenas, o 42% estaba hipermetilado na rexión promotora de NEIL1.[40] Esta foi a anormalidade na reparación do ADN máis frecuente que se encontrou entre os 8 xenes estudados. O xene da NEIL1 era ademais un dos seis xenes de reparación do ADN que se encontrou que estaban hipermetilados nas súas rexións promotoras no cancro colorrectal.[41]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Lindahl, T. (1986). "DNA Glycosylases in DNA Repair". Mechanisms of DNA Damage and Repair: 335–340. ISBN 978-1-4615-9464-2. doi:10.1007/978-1-4615-9462-8_36.
- ↑ Aguis, F.; Kapoor, A; Zhu, J-K (2006). "Role of the Arabidopsis DNA glycosylase/lyase ROS1 in active DNA demethylation". Proc. Natl. Acad. Sci. U.S.A. 103 (31): 11796–11801. doi:10.1073/pnas.0603563103.
- ↑ Choi, C-S.; Sano, H. (2007). "Identification of tobacco genes encoding proteins possessing removal activity of 5-methylcytosines from intact tobacco DNA". Plant Biotechnology 24: 339–344. doi:10.5511/plantbiotechnology.24.339.
- ↑ 4,0 4,1 Fromme JC, Banerjee A, Verdine GL (February 2004). "DNA glycosylase recognition and catalysis". Current Opinion in Structural Biology 14 (1): 43–9. PMID 15102448. doi:10.1016/j.sbi.2004.01.003.
- ↑ Kuo CF, McRee DE, Fisher CL, O'Handley SF, Cunningham RP, Tainer JA (October 1992). "Atomic structure of the DNA repair [4Fe-4S] enzyme endonuclease III". Science 258 (5081): 434–40. PMID 1411536. doi:10.1126/science.1411536.
- ↑ Ide H, Kotera M (April 2004). "Human DNA glycosylases involved in the repair of oxidatively damaged DNA". Biol. Pharm. Bull. 27 (4): 480–5. PMID 15056851. doi:10.1248/bpb.27.480.
- ↑ Alseth I, Osman F, Korvald H, et al. (2005). "Biochemical characterization and DNA repair pathway interactions of Mag1-mediated base excision repair in Schizosaccharomyces pombe". Nucleic Acids Res. 33 (3): 1123–31. PMC 549418. PMID 15722486. doi:10.1093/nar/gki259.
- ↑ 8,0 8,1 8,2 Pearl LH (2000). "Structure and function in the uracil-DNA glycosylase superfamily.". Mutat Res 460 (3-4): 165–81. PMID 10946227. doi:10.1016/S0921-8777(00)00025-2.
- ↑ 9,0 9,1 Mol CD, Arvai AS, Slupphaug G, Kavli B, Alseth I, Krokan HE, Tainer JA (March 1995). "Crystal structure and mutational analysis of human uracil-DNA glycosylase: structural basis for specificity and catalysis". Cell 80 (6): 869–78. PMID 7697717. doi:10.1016/0092-8674(95)90290-2.
- ↑ Sandigursky M, Franklin WA (May 1999). "Thermostable uracil-DNA glycosylase from Thermotoga maritima a member of a novel class of DNA repair enzymes". Curr. Biol. 9 (10): 531–4. PMID 10339434. doi:10.1016/S0960-9822(99)80237-1.
- ↑ Barrett TE, Savva R, Panayotou G, Barlow T, Brown T, Jiricny J, Pearl LH (January 1998). "Crystal structure of a G:T/U mismatch-specific DNA glycosylase: mismatch recognition by complementary-strand interactions". Cell 92 (1): 117–29. PMID 9489705. doi:10.1016/S0092-8674(00)80904-6.
- ↑ Buckley B, Ehrenfeld E (October 1987). "The cap-binding protein complex in uninfected and poliovirus-infected HeLa cells". J. Biol. Chem. 262 (28): 13599–606. PMID 2820976.
- ↑ Matsubara M, Tanaka T, Terato H, Ohmae E, Izumi S, Katayanagi K, Ide H (2004). "Mutational analysis of the damage-recognition and catalytic mechanism of human SMUG1 DNA glycosylase". Nucleic Acids Res 32 (17): 5291–5302. PMC 521670. PMID 15466595. doi:10.1093/nar/gkh859.
- ↑ Wu P, Qiu C, Sohail A, Zhang X, Bhagwat, AS, Xiaodong C. (2003). Mismatch Repair in Methylated DNA. STRUCTURE AND ACTIVITY OF THE MISMATCH-SPECIFIC THYMINE GLYCOSYLASE DOMAIN OF METHYL-CpG-BINDING PROTEIN MBD4. 5285-5291.
- ↑ Wong E; Yang K; Kuraguchi M; Werling U; Avdievich E; Fan K; Fazzari M; Jin B; Brown M.C; et al. (1995). "Mbd4 inactivation increases C→T transition mutations and promotes gastrointestinal tumor formation". PNAS 99 (23): 14937–14942. doi:10.1073/pnas.232579299.
- ↑ Mol CD, Arvai AS, Slupphaug G, Kavli B, Alseth I, Krokan HE, Tainer JA (1995). "Crystal structure and mutational analysis of human uracil-DNA glycosylase". Cell 80 (6): 869–878. PMID 7697717. doi:10.1016/0092-8674(95)90290-2.
- ↑ Slupphaug G, Mol CD, Kavli B, Arvai AS, Krokan HE, Tainer JA. (1996). A nucleotide-flipping mechanism from the structure of human uracil–DNA glycosylase bound to DNA. 384: 87-92.
- ↑ Lindahl T. My journey to DNA repair. Genomics Proteomics Bioinformatics. 2013 Feb;11(1):2-7. doi: 10.1016/j.gpb.2012.12.001. Epub 2012 Dec 21. PMID 23453014 . PMCID 4357663.
- ↑ Kavli B, Otterlei M, Slupphaug G, Krokan HE (April 2007). "Uracil in DNA--general mutagen, but normal intermediate in acquired immunity". DNA Repair (Amst.) 6 (4): 505–16. PMID 17116429. doi:10.1016/j.dnarep.2006.10.014.
- ↑ Hagen L; Peña-Diaz J; Kavli B; Otterlei M; Slupphaug G; Krokan HE (August 2006). "Genomic uracil and human disease". Exp. Cell Res. 312 (14): 2666–72. PMID 16860315. doi:10.1016/j.yexcr.2006.06.015.
- ↑ Slupphaug G, Markussen FH, Olsen LC, Aasland R, Aarsaether N, Bakke O, Krokan HE, Helland DE (June 1993). "Nuclear and mitochondrial forms of human uracil-DNA glycosylase are encoded by the same gene". Nucleic Acids Res. 21 (11): 2579–84. PMC 309584. PMID 8332455. doi:10.1093/nar/21.11.2579.
- ↑ Olsen LC, Aasland R, Wittwer CU, Krokan HE, Helland DE (October 1989). "Molecular cloning of human uracil-DNA glycosylase, a highly conserved DNA repair enzyme". EMBO J. 8 (10): 3121–5. PMC 401392. PMID 2555154.
- ↑ Upton C, Stuart DT, McFadden G (May 1993). "Identification of a poxvirus gene encoding a uracil DNA glycosylase". Proc. Natl. Acad. Sci. U.S.A. 90 (10): 4518–22. PMC 46543. PMID 8389453. doi:10.1073/pnas.90.10.4518.
- ↑ Savva R, McAuley-Hecht K, Brown T, Pearl L (February 1995). "The structural basis of specific base-excision repair by uracil-DNA glycosylase". Nature 373 (6514): 487–93. PMID 7845459. doi:10.1038/373487a0.
- ↑ Klungland A; Rosewell I; Hollenbach S; Larsen E; Daly G; Epe A; Seeberg E; Lindahl T; Barnes D. E.; et al. (1999). "Accumulation of premutagenic DNA lesions in mice defective in removal of oxidative base damage". PNAS 96 (23): 13300–13305. PMC 23942. PMID 10557315. doi:10.1073/pnas.96.23.13300.
- ↑ Russo M.T, De , Degan P, Parlanti E, Dogliotti E Barnes D.E, Lindahl T, Yang H, Miller J. H, Bignami M.; et al. (2004). "Accumulation of the Oxidative Base Lesion 8-Hydroxyguanine in DNA of Tumor-Prone Mice Defective in Both the Myh and Ogg1 DNA Glycosylases". Cancer Res 64 (13): 4411–4414. doi:10.1158/0008-5472.can-04-0355.
- ↑ Structure-function studies of an unusual 3-methyladenine DNA glycosylase II (AlkA) from Deinococcus radiodurans. 2012
- ↑ Osorio, A; Milne, R. L.; Kuchenbaecker, K; Vaclová, T; Pita, G; Alonso, R; Peterlongo, P; Blanco, I; de la Hoya, M; Duran, M; Díez, O; Ramón y Cajal, T; Konstantopoulou, I; Martínez-Bouzas, C; Andrés Conejero, R; Soucy, P; McGuffog, L; Barrowdale, D; Lee, A; Swe-Brca; Arver, B; Rantala, J; Loman, N; Ehrencrona, H; Olopade, O. I.; Beattie, M. S.; Domchek, S. M.; Nathanson, K; Rebbeck, T. R.; et al. (2014). "DNA Glycosylases Involved in Base Excision Repair May Be Associated with Cancer Risk in BRCA1 and BRCA2 Mutation Carriers". PLoS Genetics 10 (4): e1004256. PMC 3974638. PMID 24698998. doi:10.1371/journal.pgen.1004256.
- ↑ Carol Bernstein and Harris Bernstein (2015). Epigenetic Reduction of DNA Repair in Progression to Cancer, Advances in DNA Repair, Prof. Clark Chen (Ed.), ISBN 978-953-51-2209-8, InTech, Available from: http://www.intechopen.com/books/advances-in-dna-repair/epigenetic-reduction-of-dna-repair-in-progression-to-cancer
- ↑ Bellacosa A, Drohat AC (Aug 2015). "Role of base excision repair in maintaining the genetic and epigenetic integrity of CpG sites". DNA Repair 32: 33–42. PMID 26021671. doi:10.1016/j.dnarep.2015.04.011.
- ↑ 31,0 31,1 31,2 Sjolund AB, Senejani AG, Sweasy JB (2013). "MBD4 and TDG: multifaceted DNA glycosylases with ever expanding biological roles". Mutation Research. 743-744: 12–25. PMC 3661743. PMID 23195996. doi:10.1016/j.mrfmmm.2012.11.001.
- ↑ Cooper DN, Youssoufian H (Feb 1988). "The CpG dinucleotide and human genetic disease". Human Genetics 78 (2): 151–5. PMID 3338800. doi:10.1007/bf00278187.
- ↑ 33,0 33,1 Howard JH, Frolov A, Tzeng CW, Stewart A, Midzak A, Majmundar A, Godwin A, Heslin M, Bellacosa A, Arnoletti JP (Jan 2009). "Epigenetic downregulation of the DNA repair gene MED1/MBD4 in colorectal and ovarian cancer". Cancer Biology & Therapy 8 (1): 94–100. PMC 2683899. PMID 19127118. doi:10.4161/cbt.8.1.7469.
- ↑ Tricarico R, Cortellino S, Riccio A, Jagmohan-Changur S, Van der Klift H, Wijnen J, Turner D, Ventura A, Rovella V, Percesepe A, Lucci-Cordisco E, Radice P, Bertario L, Pedroni M, Ponz de Leon M, Mancuso P, Devarajan K, Cai KQ, Klein-Szanto AJ, Neri G, Møller P, Viel A, Genuardi M, Fodde R, Bellacosa A (Oct 2015). "Involvement of MBD4 inactivation in mismatch repair-deficient tumorigenesis". Oncotarget. PMID 26503472. doi:10.18632/oncotarget.5740.
- ↑ Xiong XD, Luo XP, Liu X, Jing X, Zeng LQ, Lei M, Hong XS, Chen Y (2012). "The MBD4 Glu346Lys polymorphism is associated with the risk of cervical cancer in a Chinese population". Int. J. Gynecol. Cancer 22 (9): 1552–6. PMID 23027038. doi:10.1097/IGC.0b013e31826e22e4.
- ↑ Nemec AA, Wallace SS, Sweasy JB (Oct 2010). "Variant base excision repair proteins: contributors to genomic instability". Seminars in Cancer Biology 20 (5): 320–8. PMC 3254599. PMID 20955798. doi:10.1016/j.semcancer.2010.10.010.
- ↑ Suzuki T, Harashima H, Kamiya H (2010). "Effects of base excision repair proteins on mutagenesis by 8-oxo-7,8-dihydroguanine (8-hydroxyguanine) paired with cytosine and adenine". DNA Repair (Amst.) 9 (5): 542–50. PMID 20197241. doi:10.1016/j.dnarep.2010.02.004.
- ↑ Shinmura K, Tao H, Goto M, Igarashi H, Taniguchi T, Maekawa M, Takezaki T, Sugimura H (2004). "Inactivating mutations of the human base excision repair gene NEIL1 in gastric cancer". Carcinogenesis 25 (12): 2311–7. PMID 15319300. doi:10.1093/carcin/bgh267.
- ↑ 39,0 39,1 Chaisaingmongkol J, Popanda O, Warta R, Dyckhoff G, Herpel E, Geiselhart L, Claus R, Lasitschka F, Campos B, Oakes CC, Bermejo JL, Herold-Mende C, Plass C, Schmezer P (2012). "Epigenetic screen of human DNA repair genes identifies aberrant promoter methylation of NEIL1 in head and neck squamous cell carcinoma". Oncogene 31 (49): 5108–16. PMID 22286769. doi:10.1038/onc.2011.660.
- ↑ Do H, Wong NC, Murone C, John T, Solomon B, Mitchell PL, Dobrovic A (2014). "A critical re-assessment of DNA repair gene promoter methylation in non-small cell lung carcinoma". Scientific Reports 4: 4186. PMC 3935198. PMID 24569633. doi:10.1038/srep04186.
- ↑ Farkas SA, Vymetalkova V, Vodickova L, Vodicka P, Nilsson TK (Apr 2014). "DNA methylation changes in genes frequently mutated in sporadic colorectal cancer and in the DNA repair and Wnt/β-catenin signaling pathway genes". Epigenomics 6 (2): 179–91. PMID 24811787. doi:10.2217/epi.14.7.
Este artigo incorpora textos en dominio público procedentes de Pfam e InterPro IPR005122
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- DNA Glycosylases Medical Subject Headings (MeSH) na Biblioteca Nacional de Medicina dos EUA.