AS Monaco FC
Monaco | |||
---|---|---|---|
Nome | Association Sportive de Monaco Football Club | ||
Alcume(s) | Les Rouge et Blanc | ||
Fundación | 1919 | ||
Estadio | Stade Louis II, Mónaco | ||
Inauguración | 25 de xaneiro de 1985 | ||
Capacidade | 18 521 | ||
Presidente | Dmitry Rybolovlev | ||
Adestrador | Leonardo Jardim | ||
Liga | Ligue 1 | ||
2016−17 | 1º | ||
Vestimenta | Nike | ||
Patrocinador | Fedcom | ||
Na rede | |||
http://www.asm-fc.com/ | |||
| |||
A Association Sportive de Monaco Football Club, coñecido como AS Mónaco, é un club de fútbol de Mónaco. Foi fundado en 1919 e compite na Ligue 1. Na tempada 2010–11 descendeu á Ligue 2, volvendo ascender na 2012−13.
Historia
[editar | editar a fonte]O AS Mónaco nace en 1919 grazas á fusión de varios equipos polideportivos da cidade: Swimming Club, Monaco Sports, A.S. Beausoleil, Etoile de Monaco e Riviera A.C. Aínda que o equipo é de Mónaco permitíuselle xogar na liga francesa de fútbol.
En 1948 o equipo vólvese profesional. En 1960 o equipo gaña o seu primeiro título, a Copa de Francia, e na tempada seguinte conquista a súa primeira Liga.
No ano 2004 chegou por primeira vez á final da Liga de Campións, onde perderon contra o FC Porto por 3-0.
Uniforme
[editar | editar a fonte]- Uniforme titular: Camiseta branca e vermella dividida en diagonal desde o ombreiro esquerdo ata o costado dereito, pantalón branco, medias brancas.
- Uniforme alternativo: Camiseta, pantalón e medias ouro.
Estadio
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Stade Louis II.
O Stade Louis II é un estadio multipropósito, pero principalmente destinado á práctica do fútbol, situado no Principado de Mónaco. Serve de sede habitual ao AS Mónaco. O seu enderezo é 7, Avenue des Catelans, 98000 Mónaco.[1]
Datos do club
[editar | editar a fonte]- Tempadas na Ligue 1: 48
- Tempadas en Ligue 2: 0
- Maior goleada conseguida: AS Mónaco 9 - 0 Girondins de Bordeos (tempada 1985-1985-86)
- Maior goleada encaixada: AS Mónaco 0 - 6 Girondins de Bordeos (tempada 2007-08)
- Máximo goleador: Delio Onnis (223 goles)
- Máis partidos disputados: Jean-Luc Ettori (754 partidos)
Xogadores
[editar | editar a fonte]Cadro actual
[editar | editar a fonte]Actualizado o 21 de xaneiro de 2015
|
|
Palmarés
[editar | editar a fonte]Torneos nacionais
[editar | editar a fonte]- Ligue 1 (7): 1960–61, 1962–63, 1977–78, 1981–82, 1987–88, 1996–97, 1999–00
- Ligue 2 (1): 2012–13
- Copa de Francia (5): 1960, 1963, 1980, 1985, 1991
- Copa da Liga (1): 2003
- Copa Charles Drago (1): 1961
- Supercopa de Francia (4): 1961, 1985, 1997, 2000
- Division d'Honneur (2): 1933, 1948
Torneos internacionais
[editar | editar a fonte]- Copa dos Alpes (3): 1979, 1983, 1984
- Subcampión da Liga de Campións (1): 2004
- Subcampión da Recopa de Europa (1): 1992
Torneos amigables
[editar | editar a fonte]- Trofeo Teresa Herrera (1): 1963
- Trofeo Mohamed V (1): 1988
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Stade Louis II". Arquivado dende o orixinal o 11 de maio de 2008. Consultado o 23 de maio de 2010.
en francés, na web oficial do club.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio web oficial (en francés)