Ligue 1
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Tipo | professional sports league (en) |
---|---|
Deporte | fútbol |
Organizador | Federación Francesa de Fútbol |
Patrocinador | Uber Eats |
Parte de | Sistema de ligas de futebol da França (pt) |
Liga inferior | Ligue 2 |
Número de participantes | 18 |
Localización e Datas | |
País | Francia |
Vixencia | 1932 – |
Calendario da tempada | agosto – maio |
Período de ocorrencia | 1 ano |
Número de edición | 73 |
Datos estatísticos | |
Partidos | 380 |
Outro | |
Páxina web oficial | ligue1.com |
A Ligue 1, anteriormente chamada Division 1, é a máxima categoría da liga de fútbol profesional en Francia. Dispútase desde 1932 e está organizada pola Ligue de Football Professionnel.
O Championnat francés é a sexta mellor liga do mundo segundo o ránking oficial da Federación Internacional de Historia e Estatística de Fútbol (IFFHS).[1]
Historia
[editar | editar a fonte]En 1932 e tras un longo debate, o fútbol profesional instalouse en Francia. Iso impulsou a creación dun campionato nacional de liga, xa que ata entón só se disputaban varios torneos rexionais, ademais da Copa de Francia.
O 11 de setembro de 1932 disputouse a primeira xornada do que inicialmente se chamou Championnat National. Organizáronse dous grupos, de dez equipos cada un, cuxos respectivos campións, AS Cannes e Olympique Lillois enfrontáronse entre si nunha final polo título, na que se impuxeron os segundos.
A seguinte tempada xa se adoptou o formato de grupo único, con 14 equipos, e o campionato pasou a denominarse Division 1.
Sistema de competición
[editar | editar a fonte]Actualmente participan na liga vinte clubs, que se enfrontan todos contra todos en dúas ocasións, unha en campo propio e outra en campo contrario. Son un total de 38 xornadas, que se desenvolven entre os meses de agosto e maio do seguinte ano. O calendario dos partidos establécese por sorteo antes do inicio do campionato.
O gañador dun partido obtén tres puntos, o perdedor non suma puntos, e en caso dun empate hai un punto para cada equipo. Ao termo do campionato, o equipo que acumula máis puntos proclámase campión da liga francesa e clasifícase para a Liga de Campións da UEFA, xunto co segundo clasificado. O terceiro clasificado obtén o dereito a disputar unha eliminatoria previa para acceder á Liga de Campións. O cuarto clasificado obtén unha praza para a UEFA Europa League. Os tres últimos equipos descenden á Ligue 2, sendo substituídos a seguinte tempada polos tres primeiros clasificados desta categoría.
Equipos 2020/21
[editar | editar a fonte]Club | Cidade | Estadio | |
---|---|---|---|
Angers | Angers | Stade Raymond Kopa | 18.752 |
Brest | Brest | Stade Francis-Le Blé | 15.931 |
Dijon | Dijon | Stade Gaston Gérard | 15.995 |
Girondins de Bordeaux | Bordeos | Matmut Atlantique | 42.115 |
Lens | Lens | Stade Bollaert-Delelis | 37.705 |
Lille | Villeneuve-d'Ascq | Stade Pierre-Mauroy | 50.186 |
Lorient | Lorient | Stade du Moustoir | 18.890 |
Metz | Metz | Stade Saint-Symphorien | 25.636 |
Monaco | Mónaco | Stade Louis II | 18.523 |
Montpellier | Montpellier | Stade de la Mosson | 32.900 |
Nantes | Nantes | Stade de la Beaujoire | 35.322 |
Nice | Niza | Allianz Riviera | 35.624 |
Nîmes | Nîmes | Stade des Costières | 18.482 |
Olympique de Lión | Lión | Groupama Stadium | 59.186 |
Olympique de Marsella | Marsella | Orange Vélodrome | 67.394 |
Paris Saint-Germain | París | Parc des Princes | 48.583 |
Reims | Reims | Stade Auguste Delaune | 21.684 |
Rennes | Rennes | Roazhon Park | 29.778 |
Saint-Étienne | Saint-Étienne | Stade Geoffroy-Guichard | 41.965 |
Strasbourg | Estrasburgo | Stade de la Meinau | 29.230 |
Palmarés
[editar | editar a fonte]En negra os equipos xogando na Ligue 1 na tempada 2020/21.
Equipo | Campión | Anos |
---|---|---|
Saint-Étienne | 10 | 1957, 1964, 1967, 1968, 1969, 1970, 1974, 1975, 1976, 1981 |
Olympique de Marsella | 9 | 1937, 1948, 1971, 1972, 1989, 1990, 1991, 1992, 2010 |
Paris Saint-Germain | 9 | 1986, 1994, 2013, 2014, 2015, 2016, 2018, 2019, 2020 |
Nantes | 8 | 1965, 1966, 1973, 1977, 1980, 1983, 1995, 2001 |
Monaco | 8 | 1961, 1963, 1978, 1982, 1988, 1997, 2000, 2017 |
Olympique de Lión | 7 | 2002, 2003, 2004, 2005, 2006, 2007, 2008 |
Girondins de Bordeos | 6 | 1950, 1984, 1985, 1987, 1999, 2009 |
Stade de Reims | 6 | 1949, 1953, 1955, 1958, 1960, 1962 |
Nice | 4 | 1951, 1952, 1956, 1959 |
Lille | 3 | 1946, 1954, 2011 |
Sochaux | 2 | 1935, 1938 |
Sète | 2 | 1934, 1939 |
Lens | 1 | 1998 |
RCF Paris | 1 | 1936 |
Strasbourg | 1 | 1979 |
Olympique Lillois | 1 | 1933 |
Roubaix-Tourcoing | 1 | 1947 |
Auxerre | 1 | 1996 |
Montpellier | 1 | 2012 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ IFFHS (5 de xaneiro de 2010). "A Mellor Liga de Fútbol do Mundo 2009". Consultado o 5 de xaneiro de 2010.