A cidade das mulleres
A cidade das mulleres | |
---|---|
Título orixinal | Le Livre de la Cité des Dames |
Autor/a | Christine de Pisan |
Orixe | Reino de Francia |
Lingua | francés medio |
Xénero(s) | Alegoría e novela |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A cidade das mulleres[1] (La Cité des dames[2]) é unha obra literaria terminada en 1405, quizais a obra máis famosa da poeta francesa Christine de Pizan. Está considerada unha obra clave na Querela das mulleres.[3] O libro é a resposta de Pizan ao popular Roman de la Rose, de Guillaume de Lorris, que acabara Jean de Meung. As afirmacións que hai no Roman de la Rose sobre as mulleres son combatidas por Pizan mediante unha cidade alegórica:[4] Pizan defende as mulleres citando unha ampla gama de figuras femininas ilustres, que estarán «aloxadas» na cidade das mulleres. A medida que Pizan constrúe a súa cidade, nomea mulleres ilustres para defenderse dos argumentos misóxinos vertidos por numerosos e sabios autores. Cada muller nomeada vai ser un exemplo desa contraargumentación.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Pizán, Cristina de; Blanco, Susa (trad) (2004). A cidade das mulleres. As letras das mulleres. Sotelo Blanco e Xunta de Galicia. ISBN 978-84-7824-446-1.
- ↑ Pisan, Christine de. "Le Livre de la Cité des dames". Biblioteca Digital Mundial.
- ↑ Vargas Martínez, Ana (2009). ""La Ciudad de las Damas" de Christine de Pizan: obra clave de la Querella de las mujeres". La Querella de las mujeres: Análisis de textos (en castelán): 21–46. ISBN 978-84-87090-49-3.
- ↑ Fernández González, Etelvina (2007). "El conocimiento del pasado a través del Libro de la Ciudad de las Damas de Christine de Pizan". Anuario del Departamento de Historia y Teoría del Arte (en castelán) (Universidade Autónoma de Madrid): 35–49. ISSN 2530-3562.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: A cidade das mulleres |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Pizán, Cristina de; Blanco, Susa (trad) (2004). A cidade das mulleres. As letras das mulleres. Sotelo Blanco e Xunta de Galicia. ISBN 978-84-7824-446-1.