Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Accidente do CV-990 de Spantax

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Accidente do CV-990 de Spantax
O avión dous anos antes do accidente
Resumo
Data  5 de xaneiro de 1970
Causa 
Lugar  a 1 800 metros de
Estocolmo-Arlanda
Coordenadas 
Orixe  Estocolmo-Arlanda
Destino  aeroporto de Zürich
Finados  5
Aeronave
Tipo de aeronave Convair CV-990 Coronado
Operador  Spantax
Rexistro  EC-BNM
Pasaxeiros  7
Tripulación  3
Superviventes  5

O accidente do CV-990 de Spantax ocorreu o día 5 de xaneiro de 1970 cando un Convair 990 Coronado operado pola aeroliña española Spantax esnafrouse pouco despois de engalar do aeroporto de Estocolmo-Arlanda, matando a cinco das dez persoas a bordo do avión.

Antecedentes

[editar | editar a fonte]

O avión tiña que voar esa mesma tarde máis cedo a Mallorca con viaxeiros suecos, pero durante a engalaxe o motor número 4 tivo un problema. A engalaxe abortouse e os pasaxeiros puideron deixar o aparello. Posteriormente decidiuse realizar un voo ferri con tres motores a Zürich para realizar un cambio de motor.[1] A bordo había tres tripulantes e sete pasaxeiros. Había fortes ventos e unha temperatura de -27 °C no aeroporto.[2]

Accidente

[editar | editar a fonte]

Ás 22:24 o avión comezou a súa carreira de engalaxe na pista 19. Durante a carreira o nariz guiñou cara a dereita. Este movemento corrixíuse baixando a potencia do motor número 1. O aparello rotou a 134 nós cos flaps a 27 graos. Mentres trepaba o avión inclinouse 4-6 graos cara a dereita e velocidade do aire baixou de súpeto ata 10 nós por debaixo da V2 (145 nós). A aeronave contactou con algunhas árbores, inclinouse 10-15 graos e esnafrouse a 1 800 metros do punto no que se levantou.[3] O avión arou un longo camiño no bosque e rompeuse en varias pezas. A cabina de mando separouse do resto da fuselaxe e quedou encaixada entre os troncos de árbores e o duro chan conxelado inclinada uns 45 graos cara a esquerda.[2]

O primeiro oficial Miguel Granado estaba sentado na dereita e quedou atrapado cando o asento enpuxouno cara a adiante quedando as súas dúas pernas atrapadas contra o panel de instrumentos. A súa perna dereita estaba rota e angulada. O seu pé esquerdo estaba atrapado, así como a súa canela esquerda e o tendón de aquiles. Torcido baixo o piloto estaba un dos enxeñeiros de mantemento do avión, atrapado con varias costelas rotas. Granado mantivo, sen luvas, as súas mans nun dos tubos da fuselaxe e intentou manterse erguido para liberar a presión sobre o peito do seu compañeiro. As dúas mans tiveron conxelacións graves.[2]

O capitán escapou con contusións leves e foi capaz de liberarse e saír. Consciente do risco de quedar quieto con esas temperaturas, camiñou e intentou manter o corpo quente e así fuxiu con conxelacións leves nas mans e nos pés. Buscaron na escuridade e na neve o transmisor de localización de emerxencia e cando o atoparon puideron pedir axuda.[2] O que a tripulación non sabía é que había unha casa a uns poucos centros de metros.

  1. "Ett litet stycke flyghistoria saxat ur literatur". Skavsta Airport. Archived from the original on 21 de xaneiro de 2016. Consultado o 2019-1-7. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Hierton, Tor (1992). "Mot alla odds flyger han igen" (PDF). Ortopediskt magasin (1): 6–9. 
  3. Ranter, Harro. "ASN Aircraft accident Convair CV-990-30A-5 Coronado EC-BNM Stockholm-Arlanda Airport (ARN)". aviation-safety.net. Consultado o 2019-01-08.