Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Agorafobia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A agorafobia é o medo irracional e inmotivado que se traduce en sensación de angustia ou pánico ante os espazos abertos, non polo espazo de seu senón polo temor a enfermar ou quedar incapacitados para liscar do lugar[1], dáse especialmente cando o individuo está só[2], os síntomas depresivos e obsesivos e fobias sociais poden estar presentes pero non dominan o cadro clínico. A agorafobia diagnostícase en relación á angustia, ben como trastorno de angustia con agorafobia ou ben, aínda que é rara[3], como agorafobia sen historia de trastorno de angustia[4], pero para algúns autores a agorafobia é unha consecuencia da angustia mentres para outros é a crise de angustia a consecuencia da agorafobia[5]. De non se realizar tratamento a agorafobia deriva en crónica.

  1. Moore, D.; Jefferson, J. (2005): Manual de Psiquiatría Médica. Elsevier España, páxina 162
  2. Manual para el tratamiento cognitivo-conductual de los trastornos psicológicos: Trastornos por ansiedad, sexuales, afectivos y psicóticos. Editorial Siglo XXI, 2ªed, 2002, páxina 89
  3. Hollander, E. (2004): Guía de trastornos de ansiedad. Elsevier España, páxina 5
  4. Michael B. First, Allen Frances e Harold Alan Pincus (2008): DSM-IV-TR. Guía de uso. Elsevier España, páxina 258
  5. Vallejo Ruiloba, J. e Gastó Ferrer, C. (2000): Trastornos afectivos: ansiedad y depresión. Elsevier España, 2ª ed, páxina 17

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre medicina é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.