Air
Air | |
---|---|
Air en Manchester | |
Orixe | Versalles, Francia |
Período | 1995 - |
Xénero(s) | música electrónica |
Selo(s) discográfico(s) | Astralwerks |
Membros | Nicolas Godin Jean-Benoît Dunckel |
Na rede | |
web oficial | |
Air é un dúo francés, de Versalles, que fai música electrónica, composto por Nicolas Godin e Jean-Benoît Dunckel. A súa música caracterízase por un ambiente lento, e un son orixinal e psicodélico. O nome de Air é o acrónimo de Amour, Imagination, Rêve (Amor, Imaxinación, Soño). Foron etiquetados dentro do movemento denominado French Touch.
O debut de Air produciuse co lanzamento do EP, Premiers Symptômes, que foi seguido polo álbum Moon Safari, aclamado pola crítica, seguido polo relanzameto de Premiers Symptômes e a publicación dos álbums The Virgin Suicides (banda sonora), 10 000 Hz Legend, Everybody Hertz, Talkie Walkie e Pocket Symphony.
O seu traballo máis recente, Pocket Symphony, foi lanzado en marzo de 2007.
Álbums en estudio
[editar | editar a fonte]Título | Ano de lanzamento |
---|---|
Moon Safari | 1998 |
The Virgin Suicides | 2000 |
10 000 Hz Legend | 2001 |
Talkie Walkie | 2004 |
Pocket Symphony | 2007 |
Outros álbums
[editar | editar a fonte]Título | Ano de lanzamento |
---|---|
Premiers Symptômes | 1999 |
Everybody Hertz | 2002 |
City Reading (Tre Storie Western) | 2003 |
Late Night Tales: Air | 2006 |
B.S.O.
[editar | editar a fonte]Air colaboraron en dúas ocasións con Sofia Coppola: The Virgin Suicides foi a banda sonora orixinal do filme homónimo (2000), e participaron na banda sonora de Lost in Translation (2003) co tema "Alone in Kyoto".