Airbourne
Airbourne | |
---|---|
Orixe | Warrnambool, Victoria, |
Período | 2003 - presente |
Xénero(s) | hard rock, heavy metal |
Selo(s) discográfico(s) | EMI, Roadrunner |
Membros | Joel O'Keeffe Ryan O'Keeffe David Roads Justin Street |
Antigos membros | Adam Jacobson |
Na rede | |
airbournerock.com | |
Airbourne é unha banda australiana de hard rock formada en Warrnambool no ano 2003. Adoita a ser comparada co grupo tamén australiano AC/DC. Os seus compoñentes principais son o vocalista e guitarrista Joel O'Keeffe, o seu irmán, o batería Ryan O'Keeffe, e o guitarrista e corista David Roads. Posteriormente uníuselles o baixista Justin Street. O seu álbum de estrea, Runnin' Wild, foi publicado en xuño do 2007 e entrou no top 30 da ARIA Albums Chart. O disco entraría tamén nas listas de álbums británicas e na Billboard 200 estadounidense. O seu segundo disco, No Guts. No Glory., apareceu en marzo do ano 2010 entrando no top 20 da ARIA Chart, no top 40 no Reino Unido e aparecendo tamén na Billboard 200. O seu terceiro traballo, Black Dog Barking foi publicado o 31 de maio do 2013.
Discografía
[editar | editar a fonte]- Runnin' Wild - 2007 (EMI, Capitol, Roadrunner)
- No Guts. No Glory. - 2010 (EMI, Roadrunner)
- Black Dog Barking - 2013 (Roadrunner)