Al-Mutawakkil
Nome orixinal | (ar) أبو الفضل جعفر المتوكل على الله |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | marzo de 822 Samarra, Iraq (pt) |
Morte | 11 de decembro de 861 (39 anos) Samarra, Iraq (pt) |
Causa da morte | homicidio, Magnicidio |
10º Abbasid caliph (en) | |
10 de agosto de 847 – 10 de decembro de 861 ← Al-Mu'tasim (pt) – Al-Muntasir (pt) → | |
Datos persoais | |
Relixión | Islam |
Actividade | |
Ocupación | Califa |
Familia | |
Familia | Abbásida |
Fillos | Al-Mu'ayyad, Al-Muntasir, Almuafaque, Al-Mu'tamid, Al-Mu'tazz |
Pais | Al-Mu'tasim e Shuja al-Khwarazmi |
Irmáns | Al-Wathiq Al-Musta'in |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron New Encyclopedic Dictionary (en) |
Al-Mutawakkil Ala Allah Jafar bin al-Mu'tasim, nado en marzo de 821 e finado en decembro de 861, foi o décimo califa abasí, que reinou o seu imperio dende Samarra entre os anos 847 e 861, sucedendo ó seu irmán Al-Wathiq.
Apaixonado polas grandes construcións arquitectónicas, converteu á cidade de Samarra nunha das máis monumentais da súa época, construíndo nela 20 palacios.
No tocante á política, arrebatoulle Sicilia ós bizantinos. Dentro dos territorios do califato amosouse tolerante durante os primeiros anos do seu goberno, pero mais adiante marxinou a xiítas, cristiáns e xudeus, mandando ademais destruír igrexas, sinagogas e o importante santuario xiíta de Husayn ibn Ali en Kerbala.
A pesar desas accións, o reinado de al-Mutawakkil recórdase polas súas numerosas reformas, e considérase a época dourada do califato abasí.
Al-Mutawakkil empregou escravos turcos para reprimir revoltas internas e defenderse das invasión externas, e finalmente morreu asasinado por un deses escravos turcos, sospéitase que inducido polo seu propio fillo Al-Muntasir, quen ocupou o trono trala súa morte dende o ano 861.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- A Gran Mesquita de Samarra (en inglés)
- O decreto de 850 de al-Mutawakkil (en inglés)