Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Al-Nawawi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Biografíaالجهمي (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Al-Nawawi

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(ar) يحيى بن شرف الحزامي النووي الشافعي Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementooutubro de 1233 Editar o valor en Wikidata
Nawa (Sultanato Mameluco do Cairo) Editar o valor en Wikidata
Morte22 de decembro de 1278 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata (45 anos)
Nawa (Sultanato Mameluco do Cairo) Editar o valor en Wikidata
RelixiónIslam Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFiqh e Hadith Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónmuhaddith, alfaquí, ulema Editar o valor en Wikidata
EmpregadorDar al-Hadith al-Ashrafiyya (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
ProfesoresQ25452434 Traducir, Abd-ar-Rahman ibn Nuh al-Maqdissí (en) Traducir e Ibrahim ibn Issa al-Muradí (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
AlumnosMuḥammad Ibn-Ibrāhīm Ibn-Ǧamāʿa (en) Traducir e Q25452444 Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
Cónxuxesen valor Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteIslamskiy enciklopedicheskiy slovar (en) Traducir
Encyclopædia Britannica Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1746296

Abū Zakariyyā Yaḥyā ibn Sharaf al-Nawawī (en {{lang-ar|أبو زكريا يحيى بن شرف النووي), nado en Nawa en 1233 e finado na mesma cidade en 1277, coñecido como al-Nawawī ou Imam Nawawī foi un xurista sunnita shafi'ita e estudoso do hadith.[1] Foi o autor de numerosos e longas obras sobre o hadith, biografías e xurisprudencia.[2] Al-Nawawi nunca casou.[3]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Al-Nawawi naceu en Nawa preto de Damasco.[1] Como no árabe e outras linguas semitas, a última parte do seu nome refírese á súa patria.

Estudou en Damasco dende os dezaoito anos e tras facera peregrinación en 1253 estableceuse aló como estudoso privado.[4] Os seus mestres estaban considerados como autoridades das súas materias e nas disciplinas que ensinaban. Estudou o hadith, a xurisprudencia islámica, os seus principios, sintaxe e etimoloxía.[5]

Nawawi provocou a ira do sultán mameluco Rukn al-Din Baybars, cando recolleu a petición dos residentes de Damasco que buscaban alivio dos fortes impostos durante unha seca que durou varios anos.[6] Isto levou a que Baibars o ameazase coa expulsión de Damasco.[7] A isto respondeu:

Por min, as ameazas non me feren nin significan nada para min. Non evitarán que aconselle o gobernante, porque creo que iso é obrigatorio para min e para os outros.[8]

Faleceu en Nawa aos 44 anos.

O legado duradeiro de al-Nawawi é a súa contribución á literatura do hadith mediante as trascendentais obras Corenta hadiths e Riyadh as-Saaliheen.[9] Isto fixo que foxe respectado en todas as madhabs, a pesar de que fose da xurisprudencia shafi'i.[10] Segundo Al-Dhahabi, a concentración e a absorción de Imam Nawawi no amor académico valeulle fama proverbial.

Destrución da tumba

[editar | editar a fonte]

En 2015, durante a guerra civil siria, a súa tumba foi demolida polos rebeldes ligados a Al Nusra.[11]

  1. 1,0 1,1 Ludwig W. Adamec (2009), Historical Dictionary of Islam, pp.238-239. Scarecrow Press. ISBN 0810861615.
  2. Fachrizal A. Halim (2014), Legal Authority in Premodern Islam: Yahya B Sharaf Al-Nawawi in the Shafi'i School of Law, páx. 1. Routledge. ISBN 041574962X.
  3. Abou Al-Fadl, Khaled (2005). The Search for Beauty in Islam: A Conference of the Books. Rowman & Littlefield. p. 174. ISBN 978-0742550940. Consultado o 2016-02-20. 
  4. Encyclopedia Britannica
  5. "40hadithnawawi.com". 40hadithnawawi.com. Consultado o 2014-05-20. 
  6. "Amon our perennial faculty". Zaytuna College. Arquivado dende o orixinal o 22 de marzo de 2015. Consultado o 20 de marzo de 2015. 
  7. Dekmejian, R. Hrair (1995). Islam in Revolution: Fundamentalism in the Arab World Contemporary issues in the Middle East (illustrated, reprint, revised ed.). Syracuse University Press. p. 38. ISBN 0815626355. 
  8. Zarabozo, Jamaal al-Din M. (2008). Commentary on the Forty Hadith of al-Nawawi (2-Volume Set). Denver: Al-Basheer Company. p. 37. 
  9. "40 Hadiths of Imam Nawawi". 40HadithNawawi. Muslim American Society. Consultado o 20 de marzo de 2015. 
  10. "Who Was Imam Al Nawawi (R)". Youtube. 17 de xuño de 2014. Consultado o 20 de marzo de 2015. 
  11. "Syrian fighters destroy historic Muslim tomb". Al Jazeera English. 8 de xaneiro de 2015. Consultado o 10 de xaneiro de 2015. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]