Alan Greenspan
Alan Greenspan, nado en Nova York o 6 de marzo de 1926 é un economista estadounidense que foi presidente da Reserva Federal dos Estados Unidos entre 1987 e 2006.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Obtivo a licenciatura en economía en 1948, o mestrado en economía en 1950 e o seu doutoramento en economía en 1977, todos pola Universidade de Nova York.
En 1968 Greenspan converteuse en asesor en economía do daquela candidato Richard Nixon, pero Greenspan non confiaba en Nixon, e distanciouse aínda máis del cando Nixon iniciou a súa política de control de prezos e salarios, que arrepiou a Greenspan.
Foi presidente da Reserva Federal desde o 11 de agosto de 1987 até o 1 de febreiro de 2006. Foi nomeado ao posto polos presidentes Ronald Reagan, George H. W. Bush, Bill Clinton e George W. Bush. Só William McChesney Martin Jr. foi o presidente da Reserva Federal durante máis tempo que Greenspan, permanecendo no cargo case 18 anos e dez meses entre 1951 e 1970.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Alan Greenspan |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- ¿Quién es Alan Greenspan?, artigo sobre Alan Greenspan de Roberto Pérez (en castelán).