Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Albert Pla

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAlbert Pla

(2020) Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(ca) Albert Pla i Álvarez Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento22 de setembro de 1966 Editar o valor en Wikidata (58 anos)
Sabadell, España Editar o valor en Wikidata
ResidenciaSabadell Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncompositor, guitarrista, artista discográfico, cantante, novelista, cantautor, actor, músico Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoMúsica rock e música de cantautor Editar o valor en Wikidata
InstrumentoGuitarra Editar o valor en Wikidata

Sitio webalbertpla.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0686320 Allocine: 250425
Twitter: albert_pla BNE: XX1139687 Musicbrainz: ba77d3af-37d0-466f-875a-3240f4403f7e Songkick: 501459 Discogs: 467710 Allmusic: mn0000616463 Editar o valor en Wikidata

Albert Pla, nado en Sabadell o 22 de setembro de 1966, é un cantautor catalán que canta indistintamente en catalán e castelán. As súas cancións mostran unha particular visión da vida propia dunha personalidade extrema, ás veces con polémicos contidos, e en ocasións con certo toque infantil.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Colaborou con Manolo Kabezabolo, Roberto Iniesta (Extremoduro), Fermin Muguruza (Kortatu, Negu Gorriak), Quimi Portet (El Último de la Fila), Kase.O (Doble V) e Quico Pi de la Serra, entre outros. En máis dunha ocasión participou en homenaxes a Pau Riba e Jaume Sisa. Colaborou con Estopa no álbum "Estopa X Anniversarivm", na canción "Joaquín el necio".

Canda Muchachito (Muchachito Bombo Infierno), El Canijo de Jerez (Los Delinqüentes), Lichis (La Cabra Mecánica) e Tomasito, formou o grupo La Pandilla Voladora. Fixo unha xira, ademais de gravar o sinxelo "Del deporte también se sale".

A súa canción "Sufre como yo" forma parte da banda sonora da película Carne trémula (1997), de Pedro Almodóvar.

Cinema e teatro

[editar | editar a fonte]

Traballou en producións cinematográficas como Airbag, de Juanma Bajo Ulloa; A los que aman, de Isabel Coixet; e Honor de caballería, de Albert Serra. Tamén foi o protagonista da obra teatral Caracuero de Helmut Krausser, con máis de 150 representacións. En decembro de 2009 protagonizou a obra teatral "Llits" (Camas), no papel do acróbata Lectus.

Polémicas

[editar | editar a fonte]

Algunhas das súas cancións, como "La dejo o no la dejo" (en que dubida se seguir coa moza ou delatala á policía pola pertenza desta a unha banda terrorista) ou "Carta al rey Melchor", foron obxecto de polémica. Estiveron a piques de non seren publicadas. No caso da segunda, chamada orixinalmente "Carta al rey", houbo que modificar o título.

En outubro de 2013 manifestou que "sempre lle dera noxo ser español", e mostrou o seu apoio á independencia de Cataluña.[1] Tras esas declaracións, foi suspendido un concerto que tiña previsto dar en Xixón.

Discografía

[editar | editar a fonte]
Concerto en Bueu, con Diego Cortés e Tino di Geraldo
  • Ho sento molt (PDI 1989)
  • Aquí s'acaba el que es donava (PDI 1990)
  • Una MM... lligada amb un cordill (2 CD's - PDI 1991)
  • No sólo de rumba vive el hombre (BMG Ariola 1992)
  • Supone Fonollosa (BMG Ariola 1995)
  • Veintegenarios en Alburquerque (BMG Ariola 1997)
  • Anem al llit (BMG Ariola 2002)
  • Cançons d'amor i droga (2 CD's - BMG Ariola 2003)
  • Vida y milagros (CD + DVD en directo - BMG Ariola 2006)
  • La diferencia (El Volcán 2008)
  • Concert a París (falso directo con Joan Miquel Oliver, 2010)
  • Somiatruites (con Pascal Comelade, 2011)
  • Miedo (2018)
  • España de mierda (novela). Roca Editorial, 2015
  • España en guerra (novela). Desacorde Ediciones, 2020

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]