Alfonso Castro Rivera
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 27 de marzo de 1955 (69 anos) Ferrol, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 1972 - 1985 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Dianteiro | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Alfonso Federico Castro Rivera, coñecido como Castro, nado en Ferrol o 27 de marzo de 1955,[1] é un exfutbolista galego.
Foi un dos dianteiros máis destacados da historia do Deportivo da Coruña, club no que xogou durante a maior parte da súa traxectoria, e onde figura na actualidade como o sétimo máximo goleador de todos os tempos, con 95 goles.[2] Marcou co Deportivo en tres categorías distintas, Segunda, Segunda B e Terceira, e na tempada 1977/78 foi o máximo goleador da Segunda División, con 24 goles.
Antes estivera tres tempadas no Racing de Ferrol, debutando en Segunda con só 16 anos, e despois da súa etapa no Deportivo pasou polo Cádiz e o Lorca Deportiva, antes de deixar o fútbol aos 29 anos.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Inicios
[editar | editar a fonte]Comezou a xogar ao fútbol en varios equipos ferroláns como o Ferrándiz,[3] e posteriormente traballou como soldador en ASTANO ata que foi fichado polo Racing de Ferrol.[4]
Racing de Ferrol
[editar | editar a fonte]Comezou nos xuvenís do equipo verde, co que marcou 27 goles na súa primeira tempada. As súas actuacións no xuvenil fixeron que Rafael Franco o fixese debutar co primeiro equipo en Segunda División, aos 16 anos, o 6 de febreiro de 1972 contra o Mallorca. Marcou o seu primeiro gol na xornada seguinte, no campo do Rayo Vallecano. O Racing acabou descendendo e Castro xogou dúas tempadas máis no club en Terceira, sendo coñecido como Castro II, para diferencialo de Joaquín Castro.
Deportivo da Coruña
[editar | editar a fonte]A última das súas campañas en Ferrol, a 1973/74, non a disputou completa, pois en abril foi cedido ao Deportivo da Coruña, en Segunda División. Levaba 18 goles esa tempada no Racing e chegou á Coruña canda un novo adestrador José Antonio Irulegui, para tentar salvar o equipo do descenso.[5][6] Xogou os catro partidos restantes da tempada, debutando fronte ao Betis e marcando fronte ao Sant Andreu, pero o Deportivo acabou descendendo á Terceira División por primeira vez na súa historia.
Na seguinte tempada incorporouse xa como xogador en propiedade do Deportivo. Foi o máximo goleador do equipo e o segundo do Grupo I da Terceira División, con 20 goles, só por detrás de San Cayetano do Ensidesa, logrando o equipo o retorno a Segunda.[7][8][9] Tras dous anos máis frouxos, marcou 24 goles na tempada 1977/78, incluídos dous tripletes e catro goles nun partido contra o Murcia en Riazor, e rematou como máximo goleador da Segunda División.[10] Nas seguintes dúas tempadas volveu ser o máximo goleador do equipo, antes de que este descendese á Segunda División B. Contribuíu con 10 goles no ascenso, e tras unha última tempada en Segunda, deixou o club coruñés despois de case unha década e 93 goles, que o colocaban naquel momento como o terceiro máximo goleador do Deportivo na súa historia, só por detrás de Veloso e Guimeráns.[2]
Cádiz, Lorca e retirada
[editar | editar a fonte]Na tempada 1982–83 foi contratado polo Cádiz CF, onde xogou 6 encontros e anotou un gol. Con todo, o club andaluz alcanzou o segundo posto na clasificación, logrando o ascenso a Primeira División. Na tempada 1983–84 fichou polo CF Lorca Deportiva, en Segunda B, co que marcou 13 goles en 37 partidos, contribuíndo ao único ascenso a Segunda na historia do club. Disputou media tempada máis co equipo murciano, que tiña problemas para pagar os salarios, e despois retirouse do fútbol aos 29 anos.[4]
Despois de deixar o fútbol profesional, seguiu xogando partidos de veteranos e fútbol sala, e adestrou equipos de fútbol sala en categorías de base.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Ficha en bdfutbol.com
- ↑ 2,0 2,1 "Xogadores de lenda: Alfonso Federico Castro Rivera". Deportivo da Coruña. Consultado o 25 de novembro de 2020.
- ↑ "Castro se disculpa". La Voz de Galicia (en castelán). 26 de outubro de 1974. p. 41.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 "No diga gol, diga Alfonso Castro". DxT Campeón (en castelán). 3 de xuño de 2018. Consultado o 25 de novembro de 2020.
- ↑ "Soy consciente de la situación". La Voz de Galicia (en castelán). 25 de abril de 1974. p. 37.
- ↑ "Llega el Deportivo a Sevilla en busca de un alivio para sus grandes penas". La Voz de Galicia (en castelán). 28 de abril de 1974. p. 45.
- ↑ "Máximos goleadores". La Voz de Galicia (en castelán). 27 de maio de 1975. p. 25.
- ↑ "Temporada 1974-1975". Deportivo da Coruña. Consultado o 25 de novembro de 2020.
- ↑ "Un 'pichichi' cumpridor". La Opinión A Coruña. 27 de novembro de 2013. Consultado o 25 de novembro de 2020.
- ↑ "Temporada 1977-1978". Deportivo da Coruña. Consultado o 25 de novembro de 2020.