Alpaca
- Para a aliaxe do mesmo nome, véxase a páxina Alpaca (aliaxe)
Alpaca | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Alpaca | |||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||
Domesticado | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
'Vicugna pacos' (Linnaeus, 1758) | |||||||||||||||
Distribución da alpaca
|
A alpaca[1] (Vicugna pacos) é unha especie domesticada de América do Sur da familia Camelidae. A súa aparencia é a dunha llama de pequeno tamaño. Hai dúas razas de alpaca; a "suri" e a "huacaya".
As alpacas viven nos Andes, no sur Perú, norte de Bolivia, Ecuador e norte de Chile, a unha altitude de entre 3500m e 5000m por riba do nivel do mar.[2] As alpacas son considerablemente máis pequenas que as llamas, e ó contrario que estas, non foron criadas para seren animais de traballo, senón especificamente polo seu pelame. Este é usado para facer tecidos, dun xeito semellante á la. Entre os artigos que se poden facer inclúense mantas, xerseis, sombreiros, luvas e bufandas, así como os ponchos.
Unha alpaca adulta mide entre 81 e 99 cm de altura ata a cruz. Pesan entre 48 e 84 kg.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para alpaca.
- ↑ UN Food and Agriculture Organization (ed.). "Harvesting of textile animal fibres".
- ↑ "Physical characteristics of Alpacas". Arquivado dende o orixinal o 02 de decembro de 2013. Consultado o 27 de febreiro de 2014.