Alvéolo pulmonar
Os alvéolos pulmonares son estruturas anatómicas que teñen forma de saco sen fondo, situados no parénquima pulmonar e que son os divertículos terminais da árbore bronquial.[1], nos que ten lugar o intercambio gasoso entre o aire inspirado e o sangue.
Entre os dous pulmóns suman uns 750 millóns de alvéolos. Se os estirásemos ocuparían ao redor duns 70 metros cadrados.
Definición
[editar | editar a fonte]Os alvéolos pulmonares son sacos recubertos na súa parede interna por líquido e axente tensoactivo, hai aproximadamente 750 millóns deles en todo el aparello respiratorio, situados nas terminacións dos bronquíolos pulmonares. Neles prodúcese o intercambio de gases entre o sangue e o aire inspirado. Este intercambio permite ao organismo obter o gas principal para o mesmo (oxíxeno).
Composición
[editar | editar a fonte]O alvéolo é a unidade básica do aparello respiratorio, onde se dá a hematose ou intercambio de gases. Son evaxinacións do epitelio dos condutos aéreos cunha soa abertura para que entren e saian os gases, controlada pola acción dun esfínter de músculo liso. As súas paredes, chamadas septos alveolares, proporcionan un grande aumento da superficie de intercambio. Os alvéolos sitúanse uns xunto aos outros separados por septos interalveolares, que son moi delgados xa que están formados polo epitelio plano simple dun alvéolo, a súa lámina basal, tecido conectivo cunha abundante rede de capilares sanguíneos, e a lámina basal e o epitelio plano simple do alvéolo veciño. Ademais, as paredes dos alvéolos conteñen o esfínter de músculo liso, fibras elásticas e coláxeno III (reticulina). Se fallan as fibras elásticas, os alvéolos disténdense provocando a desaparición das divisións do saco alveolar e a capacidade de facer o intercambio. Nalgúns alvéolos hai un poro que comunica coa luz do alvéolo adxacente.
Revestimento epitelial alveolar
[editar | editar a fonte]- Pneumocitos tipo I. Levan a cabo o intercambio gasoso. Ocupan un 95 % da superficie do alvéolo grazas aos seus prolongamerntos citoplasmáticos. Son células planas en epitelio plano monoestratificado moi delgado, núcleo con protusión cara á luz alveolar, poucos orgánulos e con unións estreitas entre pneumocitos veciños. Teñen lámina basal.
- Pneumocitos tipo II. Son células cúbicas con microvilosidades apicais, abundante RER e complexo de Golgi. Son o 60 % en número, pero ocupan só o 5 % do espazo porque son pequenas. Non fan o intercambio gasoso, senón que interveñen na distensión e a recuperación do tamaño dos alvéolos mediante a síntese e secreción de surfactante pulmonar, un axente tensoactivo formado por fosfatidilcolina-fosfatidilglicerol e compoñentes proteicos (reduce a tensión superficial). Os pneumocitos tipo II tamén degradan o axente tensoactivo, xa que debe haber un recambio continuado. O surfactante no citoplasma encóntrase dentro dos corpos mielínicos ou laminares e segréganse por exocitose á luz do alvéolo formando unha película líquida sobre a superficie do epitelio. Teñen lámina basal.
- Fibroblastos de tecido conectivo. Tamén hai no epitelio dos septos células cebadas e macrófagos. Os macrófagos alveolares encóntranse nos septos interalveolars ou flotando na luz dos alvéolos. Capturan e fagocitan partículas nocivas que poidan entrar e saen do alvéolo por vía linfática ou por moco das vías respiratorias (os fumadores poden presentar moitos macrófagos).
Na zona alveolar onde se dá o intercambio gasoso, a parede é máis delgada e se denomina barreira alvéolo-capilar. Está formada por:
- Surfactante, na superficie alveolar.
- Pneumocitos tipo I, do epitelio alveolar.
- Láminas basais do pneumocito e endotelio fusionadas.
- Célula endotelial da parede capilar.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Weibel, E.R. (1963). Academic Press, ed. Morphometry of the human lung. p. 151. ISBN 3540030735.