Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Alvidrón, Antas de Ulla

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Alvidrón
Cruceiro de Alvidrón
ConcelloAntas de Ulla[1]
ProvinciaLugo
Coordenadas42°48′28″N 7°54′06″O / 42.80769, -7.90173
Poboación32 hab. (2019)
Entidades de poboación4[1]
editar datos en Wikidata ]

Santa María de Alvidrón é unha parroquia do concello de Antas de Ulla. Segundo o IGE en 2009 tiña 46 habitantes (27 homes e 19 mulleres), once menos ca en 1999. Ten tres entidades de poboación: Alvidrón, Feás e Mancegar.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Está situada ao norte do concello, separada polo río Ulla do concello de Palas de Rei no lugar da Ponte Mercé.

Toponimia

[editar | editar a fonte]

O topónimo Alvidrón ten orixe no antropónimo latino Arbitrio.[2]

Patrimonio

[editar | editar a fonte]

A súa igrexa parroquial é orixinalmente románica do século XII, conservando desa época canzorros nas ábsidas e a porta principal, con tripla arquivolta de medio punto, sendo sostida a maior delas por columnas acobadadas rematadas por capiteis con motivos vexetais. Un dos canzorros, coñecido como A Nugalla, é antropomórfico, cunha man na boca e outra entre as pernas.[3]

Celebra festas patronais na honra de san Brais (3 de febreiro) e tamén por santo Antón (13 de xuño).

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias

[editar | editar a fonte]

Lugares de Alvidrón

[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia de Alvidrón no concello de Antas de Ulla (Lugo)

Alvidrón | Feás | Mancegar | Outeiro

Parroquias de Antas de Ulla

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Antas de Ulla

Agüela (San Mamede) | Alvidrón (Santa María) | Amoexa (Santiago) | Antas de Ulla (San Xoán) | Árbol (Santalla) | Arcos (Santa María) | Areas (Santa Cristina) | Barreiro (San Cibrao) | Casa de Naia (Santa María) | A Cervela (San Miguel) | Cibreiro (San Miguel) | Cutián (San Xoán) | Dorra (Santiago) | Facha (San Xiao) | Olveda (Santa María) | Peibás (San Lourenzo) | Queixeiro (San Pedro) | Reboredo (Santiago) | O Rial (Santo André) | San Fiz de Amarante (San Fiz) | San Martiño de Amarante (San Martiño) | Santa Mariña do Castro de Amarante (Santa Mariña) | Santiso (Santalla) | Santo Estevo do Castro de Amarante (Santo Estevo) | Senande (San Miguel) | Terra Chá (San Xurxo) | Vilanuñe (San Salvador) | Vilapoupre (San Martiño)


Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]