Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Andoni Ortuzar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAndoni Ortuzar

(2023) Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(eu) Andoni Ortuzar Arruabarrena Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento13 de xullo de 1962 Editar o valor en Wikidata (62 anos)
Abanto y Ciérbana-Abanto Zierbena, España Editar o valor en Wikidata
Presidente do Partido Nacionalista Vasco
12 de xaneiro de 2013 –
← Iñigo Urkullu
Deputado do Parlamento do País Vasco
20 de novembro de 2012 – 31 de xaneiro de 2012 – Josune Albizua Urrutikoetxea (en) Traducir →

Circunscrición electoral: Biscaia
Deputado do Parlamento do País Vasco
3 de abril de 2009 – 19 de novembro de 2012

Circunscrición electoral: Biscaia
Presidente EITB
29 de xuño de 1999 – 18 de xuño de 2008
← Iñaki Zarraoa (en) TraducirAlberto Surio (pt) Traducir →
Electo en: Parlamento Vasco Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade do País Vasco Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, xornalista Editar o valor en Wikidata
Partido políticoEuzko Alderdi Jeltzalea - Partido Nacionalista Vasco Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosGarazi Ortuzar Editar o valor en Wikidata

Twitter: andoniortuzar Editar o valor en Wikidata


Andoni Ortuzar Arruabarrena, nado en Abanto Zierbena (Biscaia) o 13 de xullo de 1962, é un xornalista e político vasco pertencente ao Partido Nacionalista Vasco (PNV), ex director de EITB, exmembro do Parlamento Vasco e presidente do PNV.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu na localidade de Sanfuentes, Abanto Zierbena, na Zona Mineira de Biscaia. Estudou Ciencias da Información, rama xornalismo, na Universidade do País Vasco. Cando acabou a carreira entrou como redactor en Radio Popular de Bilbao e, posteriormente, en 1981 no xornal Deia onde se mantivo ata 1987. En Deia foi responsable das Seccións de Laboral e Euskadi-Política. Militante do sindicato ELA pertenceu ao comité de empresa dese medio chegando a ser presidente do mesmo.[1][2]

Actividade política

[editar | editar a fonte]

En setembro de 1987 abandonou Deia e incorporouse ao Departamento de Presidencia, Xustiza e Desenvolvemento do Goberno Vasco como asesor encargándose da xefatura de prensa e das relacións internacionais. En febreiro de 1991 foi nomeado Asesor de Comunicación e Difusión na Secretaría da Presidencia e asignado á entón recentemente creada Secretaría Xeral de Acción Exterior. Desde 1992 desempeñou o posto de Coordinador desta Secretaría, con responsabilidades directas na preparación de misións institucionais vascas ao exterior e a programación das visitas oficiais a Euskadi de personalidades e mandatarios estranxeiros.

En xaneiro de 1995, dentro dun novo gabinete de goberno, ocupou o posto de Secretario Xeral de Acción Exterior, baixo a dependencia directa do lehendakari.

Tivo tamén as responsabilidades de Presidente do Consello Asesor Vasco de Cooperación ao Desenvolvemento, Vicepresidente do Consello Asesor coas Colectividades Vascas e membro da Comisión Bilateral Euskadi-Estado para Asuntos Europeos.

En xullo de 1999 é nomeado director xeral de EITB (a radio e televisión pública vasca), cargo que mantivo ata xaneiro de 2008 cando foi nomeado presidente do Bizkai Buru Batzar do PNV, o órgano de dirección dese partido en Biscaia, en substitución de Iñigo Urkullu.

En marzo de 2009 recolle a acta de membro do grupo parlamentario Euzko Abertzaleak-Nacionalistas Vascos no Parlamento Vasco, cargo que ocupa ata o 31 de xaneiro de 2012.

O 12 de xaneiro de 2013 é elixido Presidente do Euskadi Buru Batzar do PNV, cargo que revalidou no marco da Asemblea Xeral do PNV celebrada en Iruña os días 13 e 14 de febreiro de 2016.

  1. Batzar, Euzkadi Buru. "Gure Burukideak: Andoni Ortuzar Arruabarrena". www.eaj-pnv.eus (en castelán). Consultado o 2019-01-18. 
  2. "Andoni Ortuzar - Noticias, reportajes, vídeos y fotografías". Libertad Digital (en castelán). Consultado o 2019-01-18.