Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Andros, Grecia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaAndros, Grecia
Imaxe

EpónimoAndreus (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 37°50′N 24°56′L / 37.83, 24.93
EstadoGrecia
Administracións descentralizadasadministración descentralizada do Exeo
PeriferiasExeo Meridional
Unidades periféricasAndros Regional Unit (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación9.221 (2011) Editar o valor en Wikidata (24,18 hab./km²)
Xeografía
Superficie381,398 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porMar Exeo Editar o valor en Wikidata
Altitude995 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Evento clave
408 a. C.Siege of Andros (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario

Sitio webandros.gr Editar o valor en Wikidata

Andros (grego: Άνδρος) é unha illa de Grecia, a máis setentrional do arquipélago das Cícladas, situada entre Eubea ao nordés, que se acha a uns 10 km, e Tinos ao sur, a tan só 3 km. A súa superficie é de 374 km², cuns 40 km de longo e unha anchura máxima de 16 km. É montañosa e ten vales fértiles e ben regados.

Andros ou Khora, a capital, na costa leste, tiña uns 2.000 habitantes en 1992, os mesmos que un século atrás. outros asentamentos son Gavrio, Batsi, e Ormos Korthiou. A illa tiña 18.000 habitantes en 1900, cunha densidade de 48´13 hab./km². En 1991, o censo era de 8.781 habitantes, cunha densidade de 23,48 hab/km². En (1992), a poboación da cidade de Andros era de 2.000 habitantes e o total da illa de 10.500 habitantes.

A illa é famosa polo seu manancial Sariza en Apoikia onde a auga sae dunha cabeza de león. Paleópolis, a antiga capital, foi construída nunha empinada ladeira, e o espigón do seu porto aínda se pode ver baixo a auga.

Toponimia

[editar | editar a fonte]

Segundo a mitoloxía grega, o seu nome deriva de Andreos, a quen Radamante deixou o control da illa (Diodoro Sículo, v.79).

Segundo outra tradición, estivo poboada por guerreiros da illa de Cos, levados por Fidipo, de regreso da guerra de Troia (pseudo-Apolodoro, Epítome, vi.15b)

Antigüidade

[editar | editar a fonte]
Estatua de Hermes Chthonios (copia romana de I dC), Museo Arqueolóxico de Andros

Durante o neolítico final (hai máis de 5.000 anos), Andros tiñan unha aldea fortificada na súa costa occidental, que os arqueólogos chamaron Strofilias, pola meseta na que foi construído. Strofilas estaba relacionada coa cultura "Attica-Kefala", e é anterior á cultura das Cícladas do Idade de Bronce. Foi un importante centro marítimo e un dos primeiros exemplos de fortificación en Grecia. Destácase por tallas de pedra nas súas paredes, que inclúen animais tales como chacais, cabras, cervos, peixes e golfiños, así como unha representación dunha pequena frota de buques.[1] A illa na antigüidade foi colonizada polos xonios cara ao século -X, talvez cunha mestura de ascendencia tracia.[Cómpre referencia] Aínda que dependía orixinalmente de Eretria, no século VII antes de Cristo volveuse o suficientemente próspera para fundar varias colonias na Calcídica, cara ao 654 a.C. (Acanto, Estaxira, Argilos e Sane). As ruínas de Paleópolis, a antiga capital, atópanse na costa oeste; a cidade posuía un famoso templo, dedicado a Dioniso.

Cando Xerxes II invadiu Grecia, Andros tivo que achegar naves ao exército persa (-480). Como consecuencia, o estratego ateniense Temístocles, impúxolle unha multa que non pagou, e a capital da illa foi asediada; pero non puido ser conquistada.

Aínda que inscrita na Liga de Delos mantívose sen afecto cara a Atenas, e no -477 tivo que ser coaccionada co establecemento dunha cleruquía na illa; con todo, no -411 Andros proclamou a súa liberdade, e no -408 resistiu un ataque ateniense. Como membro da segunda Liga de Delos foi controlada novamente por unha gornición e un arconte. No período helenístico, Andros sostívose como posto fronteirizo polas dúas potencias navais do mar Exeo, Macedonia e o Exipto tolemaico. En 333a.C., recibiu a gornición macedonia de Antípatro; no -308 que foi liberada por Tolomeo I de Exipto. Na guerra de cremónides (-266--263) pasou de novo a Macedonia logo dunha batalla disputada fronte ás súas costas.

No ano -200, foi ocupada por unha frota combinada de Romana, Pérgamo e Rodas, e foi cedida a Atalo I, rei de Pérgamo. Mantívose como unha posesión do Reino de Pérgamo ata a a disolución dese reino no 133 aC, cando se lle concedeu a Roma.[2]

A antiga capital, Andros, tiña boas fortificacións e utilizaba de porto o de Gaurion.

Idade Media

[editar | editar a fonte]

Antes de caer baixo o poder otomán, Andros foi gobernada, entre 1207 e 1566, polas familias Zeno e Sommariva, como protectorado veneciano.

Andros foi capturadoa pola Cuarta Cruzada no seu camiño cara a Constantinopla en 1203. [3] Logo da caída de Constantinopla en 1204, a illa deixouse baixo o control da República de Venecia de acordo coa Partitio Romaniae;[4][5] en 1207 converteuse en parte do Ducado do Arquipélago baixo Marco Sanudo, que á súa vez lla concedeu a Marino Dandolo como un sub-feudo.[6][7] É probable que nalgún momento ao redor de 1239, Dandolo fora expulsado da illa por Geremia Ghisi, gobernante de Skiathos, Skopelos e Skyros. Dandolo morreu pouco despois, o caso foi levado ante os tribunais venecianos contra Ghisi pola viúva de Dandolo Felisa e a súa irmá María Doro. Felisa foi axudada polo influente señor de Astypalaia, Jacopo Querini, que se converteu no seu segundo marido. Aínda que a corte veneciana fallou ao seu favor en agosto de 1243 e ordenou aos irmáns Ghisi renunciar a Andros, isto non se materializou. O xuízo prolongouse ata logo da morte de Geremia, cando o duque Angelo Sanudo fíxose cargo da illa. Co tempo concedeuse a metade da mesma, de acordo co dereito feudal na Grecia latina, a Felisa[8][9]. O caso tomou nova vida logo da morte de Felisa e non a reclamou ningún herdeiro. O duque Marco II Sanudo reverteu toda a illa para o dominio ducal, pero só dous días antes de que pasara o prazo legal de dous anos e dous días, o neto de Nicolás Marino Querini apareceu en Naxos a reclamar a súa herdanza. O caso presentouse novamente ante os tribunais de Venecia, pero Sanudo denunciou a autoridade da República sobre o seu dominio. O caso foi finalmente resolveuse a través da mediación de Nicolás Giustinian, o veneciano bailo de Negroponte de 1291 a 1293, co que Querini renunciou ás súas reclamacións a cambio dun pago en efectivo de 5.000 libras.[10][11] Polo tanto Andros quedou en mans dos duques Sanudo, quen en diante se designaron a si mesmos "Señores do ducado de Naxos e Andros" e de cando en vez elixiron o castelo de Andros como a súa residencia.[12] En 1292, Andros, xunto con outras das Cícladas, foi asaltada pola frota aragonesa baixo o mando de Roger de Llúria.[13]

Mapa de 1844 do Almirantado británico de Andros e do estreito Cabo Doro (hoxe estreito Kafireus)

En decembro de 1371, a illa foi concedida como feudo a María Sanudo, media irmá do último duque Sanudo, Nicolò III dalle Carceri.[14] En 1383, Nicolás III foi asasinado e Francesco I Crispo converteuse no novo duque, cedendo Andros xunto con Syros para a súa filla e o seu marido, Pietro Zeno, fillo do bailo de Negroponte veneciano.[15] Zeno era un diplomático moi capaz,[16] pero ata el atopou difícil manobrar entre os diversos poderes en competencia da época. A diferenza de Syros, Paros, e outras illas, que quedaron na miseria e case despoboadas polos ataques otománs, Andros logrou escapar relativamente ilesa, pero a cambio Zeno viuse obrigado a pagar tributo e proporcionar porto e refuxio para os barcos turcos. Con todo, en 1416, a illa foi atacada e case toda a poboación raptada polos otománs.[17] Máis ou menos ao mesmo tempo que os Arvanitas cruzaron desde Eubea ata a illa, establecéndose na súa parte norte.[18]

En 1431, cando os venecianos saquearon a colonia genovesa de Chios, os xenoveses tomaron Andros e Naxos, ambas baixo a protección de Venecia, como vinganza, e unicamente a hábil diplomacia dos duques do arquipélago logrou impedir a anexión pura e simple das illas por Xénova.[19] En 1427, Pietro Zeno morreu, e sucedeuno o seu fillo Andrea, que tiña mala saúde e só tiña unha filla. En 1437, Andrea tamén morreu, e a illa foi tomada polos tíos de Andrea, que querían casar á filla de Andrea co seu fillo cando ela tivera idade, e polo tanto legalizar o seu control do Andros. Venecia reaccionou rapidamente e fíxose cargo da illa, instalando un gobernador alí mentres os seus tribunais examinaban os casos de todos os reclamantes. Un deles era o fillo de María Sanudo Crusino I Sommaripa, Señor de Paros e Triarca de Negroponte. Do mesmo xeito que a súa nai, nunca abandonou as súas pretensións na illa, e, finalmente, foi reivindicado polos tribunais venecianos. Logo de compensar a familia Zeno, tomou posesión da illa en 1440.[20][21]

Andros sufriu unha vez máis en gran medida os ataques turcos durante a Guerra turco-veneciana (1463-1479). En 1468 catro naves atacaron a illa, matando ao Baron Giovanni Sommaripa e levándose numerosos prisioneiros e un botín por valor de 15.000 ducados. Dous anos máis tarde os otománs invadiron a illa de novo, raptando a moitos dos seus residentes, a illa quedou con 2.000 habitantes.[22] Malia estes desastres, as dúas posesións de Sommaripa, Andros e Paros, mantivéronse como as illas máis prósperas das Cícladas nese período, e os gobernantes Sommaripa de Andros actuaron independentemente do seu soberano teórico en Naxos, ata o punto de reclamar o título de duque por si mesmos.[23] Polo ano 1500, con todo, as dúas ramas Sommaripa de Andros e Paros estaban en guerra entre eles, como resultado moitos andrios foron levados a Paros. Ademais, os andrios sufriron a crueldade do seu propio "Duque", Francesco, ata o punto de que enviaron unha embaixada a Venecia ameazando con chamar aos turcos, se non facían nada. Os venecianos responderon mediante mandando a Francesco a Venecia en 1507, e nomeando un gobernador propio para os seguintes sete anos.[24]

No evento, restaurouse o dominio Sommaripa, cando Venecia recoñeceu a Alberto Sommaripa como o herdeiro lexítimo.[25] A illa foi capturada polo almirante otomán Hayreddin Barbarroxa en 1537, pero Crusino III Sommaripa logrouna recuperar a través da intercesión do embaixador de Francia, a cambio dun tributo anual de 35.000 akces ao gobernador otomán en Negroponte.[26]

Época otomá

[editar | editar a fonte]

Cando os otománs anexaron Naxos en 1566, a petición dos gregos locais, os andrios tamén decidiron levantarse contra o seu gobernante, Gianfrancesco Sommaripa. Aínda que este último logrou escapar con súa vida, Andros tamén atopouse baixo control otomá.[27] Durante os seguintes trece anos, concedéuselle a totalidade do antigo Ducado do Arquipélago ao favorito do sultán, Joseph Nasi, que gobernou as illas a través de representantes e sobre todo estaba preocupado co seu uso como fonte de riqueza.[28] Tras a morte de Nasi, os gregos de Andros e Naxos pediron ao Sultan que os descendentes das súas vellas dinastías foran restaurados como vasalos turcos, pero ao final, as illas foron anexadas directamente como unha provincia; en 1580, con todo, as Cícladas concedéuselles unha carta de privilexios que lles outorgaban unha considerable autonomía local, impostos baixos e liberdade relixiosa, situación que se mantivo durante todo o período da dominación otomá.[29]

Primeiro foi parte da provincia romana das Illas, que máis tarde pasou a formar parte da thema do mar Exeo,[2] do mesmo xeito que outras illas do Exeo, sufrío ataques dos sarracenos,[2] pero durante o período Komnenian a illa floreceu debido á produción de seda, e a exportación de tecidos de gasa e veludo a Europa occidental.[2][30]

Na década de 1770, durante a Guerra Ruso-Turca (1768-74), a illa foi ocupada polos rusos e utilizouse como base para as súas operacións no Exeo.[2]

Época moderna

[editar | editar a fonte]

O 10 de maio de 1821, Teófilo Kairis, un dos principais intelectuais gregos, declarou a participación da illa na Guerra de Independencia grega levantando a bandeira grega na igrexa de San Xurxo.[2] Dese momento é o famoso e emotivo discurso, ou "ritoras" (ρήτορας), polo que os armadores e comerciantes inspiraronse para contribuír con fondos para construír unha armada grega para loitar contra os otománs. Ao final da guerra, a illa converteuse en parte do independente Reino de Grecia.

Despois da independencia, Andros converteuse nun importante centro de navieiro grego. Os comerciantes de andros eran particularmente activos no comercio de grans procedentes de Europa central e oriental levado a cabo desde o estuario Danubio. En 1914, a frota de Andros era a segunda de Grecia en termos de capacidade. Despois da primeira guerra mundial, os buques rexistrados locais aumentaron de 25 (1921) a 80 antes da segunda guerra mundial. As perdas sufridas durante esta última, así como a internacionalización da navegación e a emigración das familias propietarias de buques ao Pireo e Londres, marcou o final da frota de Andros.[2]

Administración

[editar | editar a fonte]

Andros é unha unidade rexional do Exeo Meridional, e o único municipio da unidade rexional. Como parte da reforma do goberno de Kallikratis en 2011, a unidade rexional de Andros creouse a partir dunha parte do antigo Concello das cícladas. na mesma reforma, o actual municipio de Andros foi creado a partir dos 3 antigos municipios:[31]

Lugares de interese

[editar | editar a fonte]
  • Andros ou Khora (Chora, cidade) a capital, está arriba dun promontorio entre dúas praias. É unha mestura de mansións neoclásicas de logo da primeira guerra mundial e de casas tipicamente cicládicas. as prazas están pavimentadas con mármore. Ao final do promontorio hai dúas illas, a primeira das cales está unida a terra por unha ponte de ladrillo, onde están as ruínas dun castelo veneciano, e a segunda cun faro. Hai tres museos: o Museo Arqueolóxico, o Museo de Arte Moderna e o Museo Marítimo.
  • A principal cidade de veraneo é Batsí, na costa occidental, moi popular entre os turistas gregos.
  • A illa é famosa polas fontes de auga mineral de Apikia, a uns 3 km de Khora, que mana dunha cabeza de león.
  • Paleópolis, a antiga capital, na costa oeste, áchase en gran parte mergullada.
  • Estenias, na costa oriental, preto das praias de Gialia e Piso Gialia, é seguramente o pobo máis pintoresco da illa. A costa leste non é precisamente famosa pola súa actitude favorable ao turismo, e de feito xa fai tempo que se intenta reducir o número de visitantes, de maneira que non se degrade a paisaxe como pasou nas illas veciñas (especialmente Miconos). En Estenias non hai practicamente vida comercial.
  1. Liritzis, I, Strofilias (Andros Island, Greece): new evidence for the cycladic final neolithic period through novel dating methods using luminescence and obsidian hydration, Journal of Archaeological Science, Volume 37, Issue 6, June 2010, Pages 1367–1377
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 Seleli, Alexandra; Beneki, Eleni; Spiropoulou, Vaso; Tsonos, Konstantinos. "Andros". Cultural Portal of the Aegean Archipelago. Consultado o 29 de abril de 2020. 
  3. Setton 1976, p. 9.
  4. Setton 1976, p. 18.
  5. Miller 1908, pp. 29, 579.
  6. Miller 1908, p. 44, 579.
  7. Setton 1976, p. 19 (note 78), 428.
  8. Setton 1976, pp. 429–431.
  9. Miller 1908, pp. 578–579.
  10. Setton 1976, pp. 431–432.
  11. Miller 1908, pp. 579–580.
  12. Miller 1908, p. 580.
  13. Miller 1908, p. 581.
  14. Miller 1908, p. 592.
  15. Miller 1908, pp. 593–595.
  16. Miller 1908, pp. 596, 604.
  17. Miller 1908, pp. 598–599, 603.
  18. Miller 1908, p. 600.
  19. Miller 1908, p. 603.
  20. Miller 1908, pp. 595, 604–605.
  21. Setton 1978, p. 93 (note 47).
  22. Miller 1908, p. 611.
  23. Miller 1908, p. 617.
  24. Miller 1908, p. 619.
  25. Miller 1908, p. 621.
  26. Miller 1908, p. 628.
  27. Miller 1908, pp. 634–636.
  28. Miller 1908, pp. 637–643.
  29. Miller 1908, pp. 643–644.
  30. Freely 2006, p. 83.
  31. "Kallikratis reform law text" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 27 de abril de 2017. Consultado o 17 de agosto de 2016. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]