Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Anegada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaAnegada
Imaxe
Tipoilla Editar o valor en Wikidata
Parte deIllas de Barlovento
Antillas Menores
Caribe Editar o valor en Wikidata
Situado na entidade xeográficaIllas Virxes Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaIllas Virxes Británicas - British Virgin Islands, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Mapa
 18°43′53″N 64°19′43″O / 18.73129, -64.32873
Bañado porMar Caribe Editar o valor en Wikidata
Características
Altitude8,5 m
9 m Editar o valor en Wikidata
Superficie39,32 km² Editar o valor en Wikidata

A illa de Anegada é a máis setentrional das illas Virxes Británicas (IVB), sendo unha das maiores illas deste territorio. Atópase aproximadamente a 24 km ao norte de Virgin Gorda. Anegada é a única illa Virxe Británica habitada formada a partir de coral e rocha calcaria,[1] o que lle dá un carácter patelo, fronte ás outras próximas que son de orixe volcánica. Mentres as outras illas son montañosas, Anegada é plana e baixa. O seu punto máis alto só está aproximadamente a 8´5 metros sobre o nivel do mar, o que lle dá o seu nome, que é o termo castelán para "terra anegada".[2]

Con aproximadamente 38 quilómetros cadrados, Anegada é a segunda máis grande das Illas Virxes Británicas, pero tamén é a máis escasamente poboada das illas principais, cunha poboación de 285 habitantes no censo de 2010.[3] A maioría da poboación en Anegada vive na única aldea, The Settlement.

Economía

[editar | editar a fonte]

O negocio principal de Anegada é o turismo. Un día típico durante a tempada turística, a illa contará con 200 visitantes máis ou menos. A pesca comercial é tamén un negocio substancial en Anegada, sendo os pescadores locais os que proporcionan a maioría das capturas de peixe fresco e lagosta para o resto das Illas Virxes Británicas. Os seus quilómetros praia na costa sur teñen unha gran poboación de [[peixes óseos], o que converte a Anegada nun destino popular para a pesca con mosca.

O acceso á illa é a través do pequeno aeroporto de Auguste George (NGD), e tres veces á semana un transbordador e barco privado. Os voos chárter van directamente a Anegada desde Tórtola e Virgin Gorda, nas IVB, así como a San Xoán, San Tomé, Illa Antiga e Sint Maarten.[4]

Horseshoe Reef

[editar | editar a fonte]

Anegada é coñecida polos seus quilómetros de praias de area branca e o arrecife de 29 km. de longo Horseshoe Reef, a maior barreira de arrecife de coral no Caribe, e o cuarto máis grande da terra. O arrecife dificulta a navegación a Anegada. Mentres que os barcos de alugueiro navegan libremente entre a maioría das outras illas Virxes, as compañías de alugueiro a miúdo prohiben que os clientes naveguen a Anegada para evitar encallar no arrecife.

O arrecife provocou centos de naufraxios,[5] incluíndo o HMS Astraea en 1808,[6] o Donna Paula (1819), o MS Rocus (1929)[7] Como tal, antes era un importante destino mergullo. Nun esforzo para protexer o arrecife, o goberno das IVB fixo ilegal o fondeo de Horseshoe Reef.

  1. Arguably Saba Rock, cun hotel, tamén está habitada. A única illa de coral e calcaria no territorio é Sandy Spit.
  2. "Anegada, a world apart" BVI Tourist Board website. Accessed: 11 de decembro de 2014
  3. The BVI Beacon "Portrait of a population: 2010 Census published" pg. 4, 20 de novembro de 2014
  4. "More on the island of Anegada Arquivado 19 de febreiro de 2015 en Wayback Machine. BYI Tourist Borad website. Accessed: 11 de decembro de 2014
  5. Blytmann, Tage W. "The Saga of the Anegada Island Shipwrecks, 1500-1899". Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2016. Consultado o 7 de agosto de 2014. 
  6. Blytmann, Tage W. "The Saga of the Anegada Island Shipwrecks". Arquivado dende o orixinal o 10 de abril de 2006. Consultado o 25 de marzo de 2006. 
  7. Better known as the "Bone Wreck"

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]