Anna Gunn
(2018) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 11 de agosto de 1968 (56 anos) Cleveland, Estados Unidos de América |
Educación | Northwestern University School of Communication (en) Santa Fe Preparatory School (en) British American Drama Academy (en) |
Actividade | |
Ocupación | actriz de dobraxe, actriz de teatro, actriz de televisión, actriz de cinema, actriz |
Período de actividade | 1992 - |
Familia | |
Cónxuxe | Alastair Duncan (1990–2009) |
Pai | Clemens Earl Gunn, Jr. |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
|
Anna Gunn, nada en Cleveland, Ohio, o 11 de agosto de 1968,[1] é unha actriz estadounidense.
É coñecida polo seu papel como Skyler White, na serie dramática de AMC, Breaking Bad. Con ese papel gañou o Premio Emmy como Mellor actriz secundaria nunha serie dramática en 2013 e 2014.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Vida temperá
[editar | editar a fonte]Gunn naceu en Cleveland, Ohio, pero mudouse de moi nova a Santa Fe, Novo México, onde se criou. Era filla de Sharon Anna Kathryn "Shana" Gunn (nada Peters), deseñadora de interiores, e de Clemens Earl Gunn Jr., que traballaba na propiedade inmobiliaria.[2] Graduouse na Santa Fe Preparatory School en 1986.[3] Estudou na Universidade Northwestern, onde se especializou en teatro e se graduou en 1990.[1][4] Durante o outono de 1988, Gunn pasou un semestre no estranxeiro para estudar na British American Drama Academy. Despois de mudarse a Laurel Canyon, Os Ánxeles, compartiu casa con Pamela Adlon.[5]
Carreira
[editar | editar a fonte]Gunn é coñecida polo seu papel de Skyler White na serie dramática AMC Breaking Bad. En 2012, foi nomeada ao Premio Emmy como mellor actriz secundaria nunha serie dramática pola súa actuación,[6] gañando en 2013 e 2014.[7] En agosto de 2013, escribiu unha peza publicada para The New York Times examinando o desgusto público dirixido ao seu personaxe.[8]
Gunn, tamén traballou a miúdo noutras series como en The Practice, de ABC, na que interpretou a fiscal de distrito asistente, Jean Wars, entre 1997 e 2002; entre 2005-2006, representou o papel de Martha Bullock na serie de HBO, Deadwood; e ten aparecido de cando en vez, en episodios soltos, de Seinfeld (episodio "The Glasses") e de Six Feet Under (episodio "The Glasses"); e na primeira tempada de Murder One.
Gunn deu a súa voz a Ariel na serie de videoxogos Legacy of Kain. Tamén apareceu no episodio de Quantum Leap, "The Play's The Thing". En 2011, desempeñou un papel principal na película Secrets of Eden de Lifetime, xunto a John Stamos. Os seus outros créditos cinematográficos inclúen Without Evidence, Enemy of the State, Treading Water, Twelve Mile Road e Red State.
En febreiro de 2013, a rede de cable Bravo anunciou que Gunn protagonizaría un piloto de televisión para un drama dunha hora, Rita, baseado nunha serie de televisión danesa sobre unha nai e profesora da escola privada. O piloto de Fox TV Studios ía ser escrito por Miguel Arteta[9]
En 2014, Gunn protagonizou Off-Broadway con Billy Magnussen en Sex with Strangers, dirixida por David Schwimmer no Second Stage Theatre[10][11] Ese mesmo ano, protagonizou a miniserie de dez episodios Gracepoint, xunto a David Tennant.
En 2016, participou ao carón de Tom Hanks na película Sully e protagonizou a película Equity, que foi anunciada como a primeira película de Wall Street dirixida por mulleres; a película estreouse no Festival de Cinema de Sundance de 2016[12][13] e Sony Pictures adquiriu os dereitos para a súa distribución mundial.[14]
En 2019, Gunn protagonizou a Maxine Faulk no Noël Coward Theatre; era unha produción por tempo limitado da obra de Tennessee Williams The Night of the Iguana.[15][16]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]En 1990, Gunn casou co actor e intermediario inmobiliario, o escocés Alastair Duncan con quen tivo dúas fillas; EIla Rose e Emma.[17][18] Divorciáronse en 2009.[19]
Filmografía
[editar | editar a fonte]Películas
[editar | editar a fonte]Ano | Título | Función | Notas |
---|---|---|---|
1994 | French Intensive | Rachel | Curtametraxe |
Junior | Casitas Madres Receptionist | ||
1995 | Without Evidence | Liz Godlove | |
If Someone Had Known | Officer Linda Reed | ||
1997 | Santa Fe | Jane | |
1998 | Enemy of the State | Emily Reynolds | |
2000 | Lost Souls | Sally Prescott | |
2001 | Nobody's Baby | Stormy | |
2002 | Treading Water | The Actress | |
2011 | Red State | Travis' Mother | |
2012 | Little Red Wagon | Laurie Bonner | |
Sassy Pants | June Pruitt | ||
2016 | Equity | Naomi Bishop | |
Sully | Dr. Elizabeth Davis | ||
2018 | Being Frank | Laura Hansen |
Televisivo
[editar | editar a fonte]Ano | Título | Función | Notas |
---|---|---|---|
1992 | Quantum Leap | Liz | Episodio: "The Play's the Thing" |
Indecency | Celeste | Telefilme | |
1992–1993 | Down the Shore | Arden | 29 Episodios |
1993 | Seinfeld | Amy | Episodio: "The Glasses" |
1994 | Missing Persons | Ellie Keogh | Episodio: "My Beautiful Son Is O.K..." |
NYPD Blue | Kimmy | 2 Episodios | |
Moment of Truth: Caught in the Crossfire | Agt. Alex King | Telefiml | |
1995–1996 | Murder One | Melissa Griotte | 3 Episodios |
1996 | Chicago Hope | Megan Stanard | Episodio: "Sexual Perversity in Chicago Hope" |
The Lazarus Man | The Journal | Episodio: "The Journal" | |
Men Behaving Badly | Michelle | Episodio: "Babies Having Babies" | |
The Big Easy | Evie | Episodio: "Snake Dance" | |
1997 | Sleepwalkers | Angie Gilpin | Episodio: "Night Terrors" |
1997–2002 | The Practice | Jean Ward | 10 Episodios |
1999 | ER | Ekabo's Lawyer | Episodio: "Point of Origin" |
The Drew Carey Show | Kelly Walker | Episodio: "Drew's Reunion" | |
Judging Amy | Emily Noble | Episodio: "Presumed Innocent" | |
2000 | Bull | Miss Coyle | Episode: "A Beautiful Lie" |
2001 | The Guardian | Meghan Barstow | 2 Episodios |
2002 | Yes, Dear | Jessica | Episode: "Kim's New Nanny" |
2003 | Twelve Mile Road | Leah | Telefilme |
Dragnet | Dr. Louise Nottingham | 2 Episodios | |
The O'Keefes | Phyllis | Episodio: "Pilot" | |
L.A. Confidential | Unsold TV pilot | ||
Wild Card | Janell Morgan | Episodio: "The Cheese Stands Alone" | |
The Lyon's Den | Elizabeth Hopper | Episodio: "Blood" | |
Miss Match | Maureen Weston | Episodio: "Kate in Ex-tasy" | |
Miracles | Rebecca Webb | Episodio: "You Are My Sunshine" | |
2004 | NYPD 2069 | Natalie Franco | Piloto de TV |
The D.A. | Shelly Ward | Episode: "The People vs. Sergius Kovinsky" | |
Six Feet Under | Madeline | Episodio: "Parallel Play" | |
2005–2006 | Deadwood | Martha Bullock | 21 Episodios |
2007 | Boston Legal | Attorney Susan Bixby | Episodio: "Nuts" |
2008–2013 | Breaking Bad | Skyler White | Papel principal; 61 episodes |
2010 | Law & Order | Marielle Di Napoli | Episodio: "Love Eternal" |
Lie to Me | Jenkins | Episodio: "Dirty Loyal" | |
2012 | Secrets of Eden | Detective Catherine Benincasa | Telefilme |
2014 | The Mindy Project | Sheila Hamilton | Episodio: "Girl Crush" |
Gracepoint | Detective Ellie Miller[2] | 10 episodes | |
2015 | Criminal Minds | Axente especial Lily Lambert | Episodio: "Beyond Borders" |
Portlandia | Glynis Brooks | Episodio: "Casa para Venda" | |
2016 | Robot Chicken | Skyler Branco (voz) | Episodio: "Alimentario" |
2017 | Shades of Blue[20] | Julia Ayres | 10 episodios |
2019 | Deadwood: The Movie | Martha Bullock | Filme televisivo |
Videoxogos
[editar | editar a fonte]Ano | Título | Función | Notas |
---|---|---|---|
1996 | Blood Omen: Legacy of Kain | Ariel/Azimuth o Planer/DeJoule o Energist (voz) | |
1999 | Legacy of Kain: Soul Reaver | Ariel (voz) | |
2001 | Soul Reaver 2 | ||
2003 | Legacy of Kain: Defiance |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Redacción (31 de xaneiro de 2015). "Anna Gunn Height, Weight, Bra Size, Shoe Size, Body, Measurements, Waist, Hips". celebheightweight.com (en inglés). Archived from the original on 31 de xaneiro de 2015. Consultado o 11 de marzo de 2021.
- ↑ 2,0 2,1 Dougherty, Margot (marzo de 2014). "Anna Gunn: From 'Breaking Bad' to Breakthrough Star". more.com (en inglés). Archived from the original on 09 de setembro de 2014. Consultado o 14 de marzo de 2021.
- ↑ Oliveira, Adele (31 de maio de 2013). "Santa Fe Prep graduation: ‘Our choices are ours’". santafenewmexican.com (en inglés). Consultado o 14 de marzo de 2021.
- ↑ LaMagna, Maria (8 de abril de 2010). "Q&A: ‘Breaking Bad’ star reflects on NU memories". dailynorthwestern.com (en inglés). Consultado o 14 de marzo de 2021.
- ↑ Redacción (6 de setembro de 2016). "Actress Pamela Adlon Says 'Better Things' Is Dedicated To Her Daughters". npr.org (en inglés). Consultado o 14 de marzo de 2021.
- ↑ Gonzalez, Sandra (19 de xullo de 2012). "Emmy Awards: 'Breaking Bad' actress and nominee Anna Gunn on Bryan Cranston's strange advice". ew.com (en inglés). Archived from the original on 14 de xullo de 2014. Consultado o 11 de marzo de 2021.
- ↑ Fetters, Ashley (25 de agosto de 2014). "Anna Gunn wins another Supporting Actress Emmy for 'Breaking Bad'". ew.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 19 de marzo de 2021. Consultado o 11 de marzo de 2021.
- ↑ Gunn, Anna (23 de agosto de 2013). "I Have a Character Issue". nytimes.com/ (en inglés). Consultado o 11 de marzo de 2021.
- ↑ Andreeva, Nellie (1 de febreiro de 2013). "Anna Gunn To Star In Bravo Drama Pilot ‘Rita’". deadline.com (en inglés). Consultado o 14 de marzo de 2021.
- ↑ Clark, Jason (2 de agosto de 2014). "This Week on Stage: 'Sex With Strangers' with Anna Gunn, Dee Snider's puppet Bard". ew.com (en inglés). Consultado o 11 de marzo de 2021.
- ↑ Isherwood, Charles (30 de xullo de 2014). "Reading Between the Sheets". nytimes.com (en inglés). Consultado o 14 de marzo de 2021.
- ↑ McNary, Dave (29 de xuño de 2015). "Anna Gunn Starring in Female-Driven Wall Street Movie (EXCLUSIVE)". variety.com (en inglés). Consultado o 14 de marzo de 2021.
- ↑ Chang, Justin (2 de decembro de 2015). "Sundance Film Festival Unveils 2016 Competition, Next Films". variety.com (en inglés). Consultado o 14 de marzo de 2021.
- ↑ Romano, Nick (20 de maio de 2016). "Equity movie trailer: Breaking Bad's Anna Gunn moves to Wall Street". ew.com (en inglés). Consultado o 11 de marzo de 2021.
- ↑ Orlova, Tamara A. (2 de febreiro de 2019). "The Night Of The Iguana: Clive Owen Returns to The West End". ikonlondonmagazine.com/ (en inglés). Consultado o 14 de marzo de 2021.
- ↑ Johnson, Robin (1 de febreiro de 2019). "Clive Owen, Anna Gunn & Lia Williams to star in The Night Of The Iguana". officiallondontheatre.com (en inglés). Consultado o 14 de marzo de 2021.
- ↑ Gee, Alison (14 de setembro de 2006). "Deadwood's Anna Gunn Has a Girl". people.com (en inglés). Consultado o 14 de marzo de 2021.
- ↑ Redacción (14 de setembro de 2006). "Deadwood actress Anna Gunn welcomes second daughter". people.com (en inglés). Consultado o 11 de marzo de 2021.
- ↑ Dougherty, Margot (29 de outubro de 2014). "Anna Gunn: From 'Breaking Bad' to Breakthrough Star". more.com (en inglés). Archived from the original on 09 de setembro de 2014. Consultado o 11 de marzo de 2021.
- ↑ Snierson, Dan (15 de xuño de 2016). "'Breaking Bad' vet Anna Gunn joins cast of Jennifer Lopez's 'Shades of Blue'". ew.com (en inglés). Consultado o 11 de marzo de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Anna Gunn |