Antonio Pereira
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 13 de xuño de 1923 Vilafranca, España |
Morte | 25 de abril de 2009 (85 anos) León, España |
Actividade | |
Ocupación | escritor, poeta |
Xénero artístico | Poesía |
Premios | |
| |
Antonio Pereira González, nado en Vilafranca do Bierzo o 13 de xuño de 1923 e finado en León o 25 de abril de 2009, foi escritor, poeta e xornalista.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Tras estudar na súa vila natal, obtivo o título de mestre, profesión que nunca exerceu, adicándose no canto a ser viaxante de comercio. As súas primeiras publicacións poéticas apareceron na revista de poesía Alba, dirixida en terras galegas polo seu paisano e amigo Ramón González-Alegre e onde publicou en 1948 Sonetos del Bierzo. O ano seguinte colaborou na revista Espadaña, editada en León, cidade a que se trasladou a vivir no mesmo ano 1949 e onde fundou un comercio adicado á venda por xunto de artigos de electricidade e fogar. O ano seguinte comenzou a colaborar no xornal local Diario de León cunha sección chamada Atalaya. No ano 1984 participou na película El Filandón,[1] de José María Martín Sarmiento, onde xunto a outros escritores leoneses (Pedro Trapiello, Julio Llamazares e José María Merino) recrea un fiandón para contar historias propias. O conto a cargo de Pereira, Las peras de Dios, está ambientado en Vilafranca.
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]En 1966 recibiu o Premio Leopoldo Alas, pola súa obra Una ventana a la carretera. En 1989 gañou o Premio Fastenrath da Real Academia Española por El síndrome de Estocolmo e catro anos despois, en 1993, o Torrente Ballester por Las ciudades de poniente. A Xunta de Castela e León recoñeceuno en 2000 co seu galardón de maior rango, o premio Castilla y León de las Letras 2019. O concello de Madrid tamén lle concedeu o premio de poesía Francisco de Quevedo no ano 2007.
Fóra dos premios literarios foi nomeado Leonés del Año en 1985 e recibiu o título de Doutor Honoris Causa pola Universidade de León en 2000. O 27 de xullo a Deputación de León entregoulle a súa viúva, a Medalla de Ouro da Provincia a título póstumo.
O 25 de xuño do 2023 inaugurouse no Xardín da Alameda da súa vila natal unha estatua en bronce que representa o escritor sentado nun dos bancos do parque.[2] O acto estaba incluído nunha edición especial da Festa da Poesía adicada ao autor con motivo do centenario do seu nacemento e organizada pola Fundación que leva o seu nome.[3]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]En 1951 casou con Úrsula Rodríguez Hesles.
Obra
[editar | editar a fonte]En total Pereira publicou 45 libros, a maior parte de contos aínda que tamén de poesía, novelas, antoloxías e recompilación de artigos e memorias.[4] Unha das súas obras, Cuentos de la Cábila, foi traducida ao galego por Xesús Carballo Soliño e publicado pola Editorial Galaxia en 2003 como Contos da Cábila: fabulacións no país do Bierzo.[5]
Poesía
[editar | editar a fonte]- El regreso (1966)
- Del monte y los caminos (1966)
- Cancionero de Sagres (1969)
- Dibujo de figura (1972)
- Contar y seguir (1972)
- Antología de la seda y el hierro (1986)
- Raros y no olvidados (1987)
- Las ciudades de Poniente (1994)
- Una tarde a las ocho (1995)
- Poemas del claustro (1999)
- Meteoros. Poesía, 1962-2006 (2006)
- Todos los poemas (2022)
Relatos
[editar | editar a fonte]- Una ventana a la carretera (1967)
- El ingeniero Balboa y otras historias civiles (1976)
- Historias veniales de amor (1978)
- Los brazos de la i griega (1982)
- El síndrome de Estocolmo (1988)
- Cuentos para lectores cómplices (1989)
- Relatos de andar el mundo (1991)
- Picassos en el desván (1991)
- Obdulia, un cuento cruel (1994)
- Don Eloy, laissez sortir Dorita ou bien... (1994)
- Relatos sin fronteras (1998)
- Me gusta contar. Selección personal de relatos (1999)
- Cuentos del medio siglo (1999)
- Cuentos de la Cábila (2000)
- Recuento de invenciones (2004)
- Clara, Elisa, la teta de doña Celina, mujeres (2005)
- Oficio de volar (2006)
- Cuentos del noroeste mágico (2006)
- La divisa en la torre (2007)
- Todos los cuentos (2012)
- Cuentos (2021)
- El hilo de lo irreal. Fabulaciones (2022)
- Todos los cuentos (2022)
Novelas
[editar | editar a fonte]- Un sitio para Soledad (1969)
- La costa de los fuegos tardíos (1973)
- País de los Losadas (1978)
Outros
[editar | editar a fonte]- Reseñas y confidencias (1985)
- Antonio Pereira y los niños (1989)
- Crónicas de Villafranca (1997)
- Sesenta y cuatro caballos (2011)
- Oficio de mirar. Andanzas de un cuentista (1970-2000) (2019)
- Antonio Pereira y 23 lectores cómplices (2019)
- Entre la seda y el hierro (2022)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Redacción (11 de decembro de 2017). "Cine leonés con mimbres literarios: El Filandón de Chema Sarmiento". culturaleotopia.es (en castelán). Consultado o 14 de decembro de 2023.
- ↑ Redacción (25 de xuño de 2023). "Antonio Pereira ya es eterno en el jardín de la Alameda". bierzodiario.es (en castelán). Consultado o 14 de decembro de 2023.
- ↑ "Fundación Antonio Pereira".
- ↑ "Obra completa". fundacionantoniopereira.com (en castelán). Consultado o 14 de decembro de 2023.
- ↑ Pereira, Antonio (2003). Contos da Cábila: fabulacións no país do Bierzo. Literaria. Vigo: Galaxia. ISBN 978-84-8288-607-7.