Apolodoro de Atenas
Nome orixinal | (grc) Ἀπολλόδωρος |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | c. 180 a. C. Antiga Atenas |
Morte | 120 a. C. ↔ 110 a. C. (59/60 anos) Antiga Atenas |
Actividade | |
Campo de traballo | Mitoloxía, Literatura grega, Relixión da Grecia antiga e Greek poetry (en) |
Ocupación | historiador, mitógrafo, filósofo, arquitecto, poeta, escritor, filólogo |
Período de tempo | Período helenístico |
Profesores | Diógenes da Babilônia (pt) , Panecio de Rodas e Aristarco de Samotracia |
Obra | |
Obras destacables
| |
Descrito pola fonte | Nordisk familjebok Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Encyclopedic Lexicon (en) |
Apolodoro de Atenas (grego antigo: Ἀπολλόδωρος Apollódōros), nado en Atenas c. -180 e finado en Pérgamo -119, tamén chamado Apolodoro o Gramático, foi un gramático, historiador e mitógrafo grego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nado en Atenas, estableceuse en Alexandría, onde foi alumno de Aristarco de Samotracia, e floreceu (floruit) cara ao -140. No ano -146 abandonou Alexandría e estableceuse en Pérgamo. Faleceu cara ao -119.
Os antigos atribuíronlle erroneamente un epítome de mitoloxía en prosa titulado Βιβλιοθήκη (Bibliothḗkē), tamén coñecido como Biblioteca mitolóxica, onde se tentaban conciliar as distintas versións que ofrecían de cada mito os poetas. A obra conservouse só en parte, pero é unha das fontes principais para o estudo da mitoloxía grega. Ao parecer trátase dunha recompilación anónima feita en realidade no século I ou II. A este Scriptor Bibliothecae (‘escritor da Biblioteca’) adóitaselle chamar o «Pseudo-Apolodoro» para o diferenciar de Apolodoro de Atenas. Outras referencias tradicionais simplemente indican «Biblioteca e Epítome».
Si que foi autor dun tratado Sobre os deuses e un opúsculo sobre o Catálogo de naves inserido n' A Ilíada que foi utilizado como fonte na Xeografía de Estrabón. Son importantes tamén unhas Crónicas en versos iambos onde se establecía a cronoloxía da historia de Grecia desde a caída de Troia até o -144, porque alí aparecen datos únicos sobre os arcontes de Atenas. Escribiu ademais varias obras de gramática e crítica.
Obra
[editar | editar a fonte]Só se conservan fragmentos dos seus escritos, principalmente a través dos escolios a Homero[1]. A seguinte é unha lista incompleta das obras das que nos chegou polo menos o título:
- Χρονικά (Chronika, "Crónicas"), en 4 libros. Historia do mundo desde a Toma de Troia até o -119 en trímetros iámbicos.
- Περὶ θεῶν (Peri theōn, "Acerca dos deuses"), en 24 libros.
- Περὶ τοῦ νεῶν καταλόγου, "Sobre o Catálogo das Naves de Homero", en 12 libros.
- Περὶ τῶν Αθήνησιν ἑταιρίδων, "Sobre as cortesás atenienses".
- Περὶ Ἐπιχάρμου, "Sobre Epicarmo" en 10 libros.
- Περὶ Σώφρονος, "Sobre Sofrón".
- Ἐτυμολογίαι, "Etimoloxías".
Edicións
[editar | editar a fonte]- Felix Jacoby: Die Fragmente der griechischen Historiker. Teil 2, 1929, reed. 1962, n.º 244.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Jacoby, Felix, 1929 (reed. 1962). Die Fragmente der griechischen Historiker. 2, n.º 244.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Tiziano Dorandi: Apollodore d'Athènes. en: Richard Goulet (ed.): Dictionnaire des philosophes antiques, vol. 1, CNRS, París 1989, ISBN 2-222-04042-6, S. 271−274
- Peter M. Fraser: Ptolemaic Alexandria. Sandpiper Books, Londres 2001, ISBN 0-19-814278-1, S. 471 (Reimpr. da ed. de Oxford 1972)
- Günther Neumann: Fragmente von Apollodors Kommentar zum homerischen Schiffskatalog im Lexikon des Stephanos von Byzanz. Tese doutoral, Universität Göttingen 1953
- Rudolf Pfeiffer: Geschichte der klassischen Philologie. Von den Anfängen bis zum Ende des Hellenismus („A History of Classical Scholarship“). 2ª ed., Beck, München 1978, ISBN 3-406-03751-8
- Eduard Schwartz: Griechische Geschichtsschreiber. 2ª ed., Koehler & Amelang, Leipzig 1959, S. 253–281.
- Apolodoro. Biblioteca mitolóxica. Trad. y notas de M. Rodríguez de Sepúlveda. Intr. de J. Arce. Rev.: C. Serrano Aybar. Madrid: Editorial Gredos. ISBN 978-84-249-0997-0.