Pobo armenio
Pobo armenio | |
---|---|
Armenios | |
Poboación | |
Poboación total: c 6[1] - 8 millóns[2] | |
Rexións principais: | |
Armenia | 3 018 854[3] |
Rusia | 1 182 388[4]–2 900 000[5] |
Estados Unidos | 1 000 366[6]–1 500 000[7] |
Francia | 250 000[8]–750 000[9] |
Xeorxia * Abkhazia | 168 191[10] 41 864[11] |
República de Artsakh | 146 573[12] |
Líbano | 150 000[13] |
Irán | 120 000[14] |
Alemaña | 90 000–110 000[15] |
Aspectos culturais | |
Lingua | Armenio |
Relixión | Cristianismo Igrexa apostólica armenia · Igrexa católica armenia · Igrexa evanxélica armenia |
Grupos relacionados | Hemshin, cherkesogai, |
Os armenios (en armenio: Հայեր; hayer) son un grupo étnico que habita no Planalto Armenio. Os armenios constitúen a principal poboación de Armenia e da república independente de facto de Artsakh. Existe unha diáspora de arredor de 5 millóns de persoas con devanceiros armenios vivindo fóra da moderna Armenia. As principais poboacións da diáspora viven en Rusia, os Estados Unidos, Francia, Xeorxia, Irán, Alemaña, Ucraína, o Líbano, o Brasil e Siria. Agás as poboacións de Irán e dos antigos estados soviéticos, a diáspora armenia actual produciuse como resultado do xenocidio armenio.[16]
A maioría dos armenios pertence á Igrexa apostólica armenia, que é tamén a máis antiga igrexa nacional do mundo. O cristianismo comezou a espallarse en Armenia pouco despois da morte de Xesús, grazas ós esforzos de dous dos seus apóstolos, Xudas Tadeo e Bertomeu.[17] A comezos do século IV, o Reino de Armenia converteuse no primeiro estado en adoptar o cristianismo como relixión de estado.[18]
A lingua armenia é unha lingua indoeuropea. Ten dúas formas escritas mutuamente intelixibles: a oriental, falada en Armenia, Nagorno-Karabakh e Irán, e o occidental falado na histórica Armenia Occidental e, despois do xenocidio armenio, nas principais comunidades da diáspora. O alfabeto armenio foi inventado no ano 405 por Mesrop Mashtots.
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]Historicamente, o nome armenio chegou a designar internacionalmente ó pobo. Foi empregado primeiro polos países veciños da antiga Armenia. As fontes máis antigas do exónimo Armenia datan do século -VI. Na Inscrición de Behistún trilingüe do ano -517, Darío I o Grande de Persia refírese a Urashtu (en babilonio) como Armina (en persa antigo; Armina ( ) e Harminuya (en elamita). En grego, Αρμένιοι ("armenios") tamén aparece durante o mesmo período, sendo quizais a fonte máis antiga un fragmento atribuído a Hecateo de Mileto (-476).[19] Xenofonte, un xeneral grego que serviu nalgunhas expedicións persas, describe moitos aspectos da vida e a hospitalidade dunha vila armenia arredor do ano -401. Relata que ese pobo falaba unha lingua que ó seu oído sonaba como a lingua dos persas.[20]
Os armenios chámanse a si mesmos hay (Հայ, pronunciado [ˈhaj]; plural: Հայեր, [haˈjɛɾ]). O nome deriva tradicionalmente de Hayk (en armenio: Հայկ), o lendario patriarca dos armenios e tatara-tataraneto de Noé, quen, segundo Moisés de Corene, derrotou ó rei babilonio Bel en -2492 e estabeleceu a súa nación na rexión de Ararat.[21] Tamén se ten proposto[22][23] que o nome hay provén dun dos dous estados vasalos hititas, os Ḫayaša-Azzi (1600–1200 a.C.).
Moisés de Corene, un importante historiador armenio medieval, escribiu que a verba armenio provén do nome propio Armenak ou Aram (o descendente de Hayk).
Distribución xeográfica
[editar | editar a fonte]Armenia
[editar | editar a fonte]Os armenios tiveron presenza no altiplano armenio por máis de 4 000 anos, dende os tempos nos que Hayk, o lendario patriarca e fundador da primeira nación armenia, liderou ó seu pobo á vitoria fronte a Bel de Babilonia.[24] No presente, cunha poboación de 3,5 millóns, non só representan a maioría da poboación en Armenia, senón tamén na rexión en disputa de Artsakh. Os armenios na diáspora refírense a si mesmos informalmente como hayastantsi (Հայաստանցի), que quere dicir aqueles que proveñen de Armenia. Eles, ó igual que os armenios de Irán e Rusia, falan o dialecto oriental da lingua armenia. O propio país é secular como consecuencia da dominación soviética, pero a maioría dos seus cidadáns identifícanse como cristiáns armenios apostólicos.
Diáspora
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Diáspora armenia.
Durante séculos, existiron pequenas comunidades relixiosas e comerciais armenias fóra de Armenia. Por exemplo, unha comunidade sobreviviu durante máis dun milenio na Terra Santa, e un dos catro barrios dentro da muralla da cidade vella de Xerusalén ten por nome o barrio armenio.[25] Unha comunidade monástica católica e armenia fundada en 1717 existe nunha illa preto de Venecia. Tamén existen restos de outrora importantes comunidades armenias na India, Myanmar, Tailandia, Bélxica, Portugal, Italia, Israel, Polonia, Austria, Hungría, Bulgaria, Romanía, Serbia, Etiopía, Sudán e Exipto.
Porén, a maioría da diáspora actual está formada por armenios espallados por todo o mundo como consecuencia directa do xenocidio de 1915, constituíndo a parte principal da diáspora armenia. Porén, as comunidades armenios na capital de Xeorxia, Tbilisi, en Siria e en Irán existen dende a antigüidade.
Dentro da comunidade armenia na diáspora, existe unha clasificación non oficial de diferentes clases de armenios. Por examplo, os armenios orixinarios de Irán son coñecidos como Parskahay (Պարսկահայ), mentres que os armenios do Líbano son polo xeral coñecidos como Lipananahay (Լիբանանահայ). Os armenios da diáspora son os falantes maioritarios do dialecto occidental da lingua armenia. Este dialecto ten diferenzas considerables co armenio oriental, mais os falantes das dúas variedades poden entenderse sen dificultades. O armenio oriental na diáspora é falado en Irán e en países europeos como Ucraína, Rusia e Xeorxia (onde constitúen a maioría da provincia de Samtskhe-Javakheti). En diversas comunidades (como no Canadá e nos Estados Unidos) onde viven moitos tipos diferentes de armenios, hai unha tendencia para que os diferentes grupos se xunten.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ diferentes fontes:
- Dennis J.D. Sandole (24 de xaneiro de 2007). Peace and Security in the Postmodern World: The OSCE and Conflict Resolution. Routledge. p. 182. ISBN 9781134145713.
The nearly 3 million Armenians in Armenia (and 3–4 million in the Armenian Diaspora worldwide) "perceive" the nearly 8 million Azerbaijanis in Azerbaijan as "Turks."
- McGoldrick, Monica; Giordano, Joe; Garcia-Preto, Nydia (18 de agosto de 2005). Ethnicity and Family Therapy, Third Edition (3 ed.). Guilford Press. p. 439. ISBN 9781606237946.
The impact of such a horror on a group who presently number approximately 6 million, worldwide, is incalculable.
- Gevorg Sargsyan; Ani Balabanyan; Denzel Hankinson (1 de xaneiro de 2006). From Crisis to Stability in the Armenian Power Sector: Lessons Learned from Armenia's Energy Reform Experience (ilustrado ed.). World Bank Publications. p. 18. ISBN 9780821365908.
The country's estimated 3–6 million Diaspora represent a major source of foreign direct investment in the country.
- Arthur G. Sharp (15 de setembro de 2011). The Everything Guide to the Middle East: Understand the people, the politics, and the culture of this conflicted region. Adams Media. p. 137. ISBN 9781440529122.
Since the newly independent Republic of Armenia was declared in 1991, nearly 4 million of the world's 6 million Armenians have been living on the eastern edge of their Middle Eastern homeland.
- Dennis J.D. Sandole (24 de xaneiro de 2007). Peace and Security in the Postmodern World: The OSCE and Conflict Resolution. Routledge. p. 182. ISBN 9781134145713.
- ↑ diferentes fontes:
- Von Voss, Huberta (2007). Portraits of Hope: Armenians in the Contemporary World. Nova York: Berghahn Books. p. xxv. ISBN 9781845452575.
...there are some 8 million Armenians in the world...
- Freedman, Jeri (2008). The Armenian genocide. Nova York: Rosen Publishing Group. p. 52. ISBN 9781404218253.
In contrast to its population of 3.2 million, approximately 8 million Armenians live in other countries of the world, including large communities in the America and Russia.
- Guntram H. Herb, David H. Kaplan (2008). Nations and Nationalism: A Global Historical Overview: A Global Historical Overview. Santa Barbara, California: ABC-CLIO. p. 1705. ISBN 9781851099085.
A nation of some 8 million people, about 3 million of whom live in the newly independent post-Soviet state, Armenians are constantly battling not to lose their distinct culture, identity and the newly established statehood.
- Robert A. Saunders, Vlad Struko (2010). Historical dictionary of the Russian Federation. Lanham, Maryland: Scarecrow Press. p. 50. ISBN 9780810854758.
- Philander, S. George (2008). Encyclopedia of global warming and climate change. Los Angeles: SAGE. p. 77. ISBN 9781412958783.
An estimated 60 percent of the total 8 million Armenians worldwide live outside the country...
- Robert A. Saunders, Vlad Strukov (2010). Historical dictionary of the Russian Federation. Lanham, Maryland: Scarecrow Press. p. 51. ISBN 9780810874602.
Worldwide, there are more than 8 million Armenians; 3.2 million reside in the Republic of Armenia.
- Von Voss, Huberta (2007). Portraits of Hope: Armenians in the Contemporary World. Nova York: Berghahn Books. p. xxv. ISBN 9781845452575.
- ↑ Armstat (ed.). "Statistical Service of Armenia" (PDF). Consultado o 20 de febreiro de 2014.
- ↑ Russian Federal State Statistics Service (ed.). "National makeup of the population of the Russian Federation (Национальный состав населения Российской Федерации)" (en ruso). Arquivado dende o orixinal o 23 de decembro de 2021. Consultado o 5 de xaneiro de 2013.
- ↑ Robert A. Saunders, Vlad Struko (2010). Scarecrow Press, ed. Historical dictionary of the Russian Federation. Lanham, Maryland. p. 50. ISBN 978-0-8108-5475-8.
- ↑ United States Census Bureau (ed.). "Total ancestry categories tallied for people with one or more ancestry categories reported 2011 American Community Survey 1-Year Estimates". Consultado o 22 de decembro de 2012.
- ↑ *Armenian National Committee of America, ed. (19 de xaneiro de 2008). "Barack Obama on the Importance of US-Armenia Relations". Arquivado dende o orixinal o 06 de xaneiro de 2013. Consultado o 24 de xullo de 2012.
- "Kim Kardashian Urges Support for Telethon". The Armenian Weekly. 20 de maio de 2012. Consultado o 24 de xullo de 2012.
- Milliken, Mary (12 de outubro de 2007). "Armenian-American clout buys genocide breakthrough". Reuters. Arquivado dende o orixinal o 18 de outubro de 2015. Consultado o 5 de decembro de 2012.
- ↑ Thon, Caroline (2012). LIT Verlag Münster, ed. Armenians in Hamburg: an ethnographic exploration into the relationship between diaspora and success. Berlín. p. 25. ISBN 978-3-643-90226-9.
- ↑ Taylor, Tony (2008). Melbourne University Pub., ed. Denial: history betrayed. Carlton, Victoria. p. 4. ISBN 978-0-522-85482-4.
- ↑ "National Statistics Office of Georgia" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 10 de outubro de 2017. Consultado o 16 de marzo de 2017.
- ↑ "В Абхазии объявили данные переписи населения". Delfi (en ruso). 29 de decembro de 2011. Consultado o 20 de agosto de 2013..
- ↑ Nagorno-Karabakh Republic. "Population estimates of NKR as of 01.01.2013". Arquivado dende o orixinal o 23 de outubro de 2019. Consultado o 20 de febreiro de 2014.
- ↑ Gibney, Matthew J. (2005). ABC-CLIO, ed. Immigration and asylum: from 1900 to the present. Santa Barbara, California. p. 13. ISBN 978-1-57607-796-2.
- ↑ Vardanyan, Tamara (21 de xuño de 2007). Noravank Foundation, ed. "Իրանահայ համայնք. ճամպրուկային տրամադրություններ" (en armenio). Consultado o 5 de xaneiro de 2013.
- ↑ Sargsyan, Babken (8 de decembro de 2012). "Գերմանիաիի հայ համայնքը [Armenian community of Germany]" (en armenio). Consultado o 10 de xaneiro de 2015.
- ↑ Richard G. Hovannisian, The Armenian people from ancient to modern times: the fifteenth century to the twentieth century, Volume 2, p. 427, Palgrave Macmillan, 1997.
- ↑ Hastings, Adrian (2000). Wm. B. Eerdmans Publishing, ed. A World History of Christianity. p. 289. ISBN 978-0-8028-4875-8.
- ↑ "Armenia first nation to adopt Christianity as a state religion.". Arquivado dende o orixinal o 13 de febreiro de 2007. Consultado o 27 de febreiro de 2007.
- ↑ "Χαλύβοισι πρὸς νότον Ἀρμένιοι ὁμουρέουσι (The Armenians border on the Chalybes to the south)". Chahin, Mark (2001). The Kingdom of Armenia. Londres: Routledge. pp. fr. 203. ISBN 0-7007-1452-9.
- ↑ Xenofonte. Anábase. pp. IV.v.2–9.
- ↑ Razmik Panossian, The Armenians: From Kings And Priests to Merchants And Commissars, Columbia University Press (2006), ISBN 978-0-231-13926-7, p. 106.
- ↑ Rafael Ishkhanyan, "Illustrated History of Armenia," Yerevan, 1989
- ↑ Elisabeth Bauer. Armenia: Past and Present (1981), p. 49
- ↑ Vahan Kurkjian, "History of Armenia", Michigan, 1968, History of Armenia by Vahan Kurkjian
- ↑ "Armenian Quarter in Jerusalem". Arquivado dende o orixinal o 07 de marzo de 2007. Consultado o 27 de febreiro de 2007.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pobo armenio |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- I. M. Diakonoff, The Pre-History of the Armenian People (revisado, trans. Lori Jennings), Caravan Books, Nova York (1984), ISBN 978-0-88206-039-2.
- George A. Bournoutian, A History of the Armenian People, 2 vol. (1994)
- Hovannisian, Richard G. (setembro de 1997). The Armenian People From Ancient to Modern Times. Volume I – The Dynastic Periods: From Antiquity to the Fourteenth Century. Nova York: St. Martin's Press. ISBN 0-312-10169-4.
- Aleksandra Ziolkowska-Boehm, The Polish Experience through World War II: A Better Day Has Not Come, Lanham, MD: Lexington Books, 2013, ISBN 978-0-7391-7819-5
- Russell D. Gray and Quentin D. Atkinson, "Language-tree divergence times support the Anatolian theory of Indo-European origin", Nature, 426, 435–439 (2003)
- George A. Bournoutian, A Concise History of the Armenian People (Mazda, 2003, 2004).
- Ayvazyan, Hovhannes (2003). hy:Հայ Սփյուռք հանրագիտարան / Encyclopedia of Armenian Diaspora (en armenia) 1. Iereván: Armenian Encyclopedia publishing. ISBN 5-89700-020-4.
- Stopka, Krzysztof (2016). Armenia Christiana: Armenian Religious Identity and the Churches of Constantinople and Rome (4th-15th century). Cracovia: Jagiellonian University Press.