Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Arroz á cubana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Prato de arroz á cubana.

O arroz á cubana é un prato da cociña española.[1] Trátase dun prato composto por arroz branco moldeado, ovo e plátano frito, xeralmente napado con salsa de tomate. É un prato que tivo a súa orixe na Cuba Colonial ao incluír un plátano fritido entre os seus ingredientes.[2][3] Precisamente é coñecido en Filipinas durante o período da ocupación española.[4] É un prato moi popular que se acostuma servir quente en restaurantes españois como primeiro prato.

Características

[editar | editar a fonte]

O prato está composto de arroz branco fervido con tomate acompañado de polo, lombo, chistorra, cenoria fervida e salchichas.[5] O arroz branco, unha vez fervido, moldéase normalmente cun vaso ou cunca para que quede a modo de timbal.[1] Pode empregarse para a súa elaboración o típico arroz español de gran redondo. É un prato que se serve normalmente quente. Existen variantes do prato nas que se serve con ovos revoltos en lugar de ovo frito. Existen versións nas que non se inclúe un plátano, e no seu lugar ponse unha salchicha tipo Frankfurt (e en ocasións beicon).[6] É posible que a orixe do prato fora unha das variantes de arroz coñecidas procedente da cociña caribeña que se modificou e estableceu na península. Non se descarta por algúns autores que nacera de pratos de arroz ao incluír o ovo frito durante a Cuba Colonial.[7]

  1. 1,0 1,1 Paul Richardson, (2008), A Late Dinner: Discovering the Food of Spain, Primera Ed., Bloomsbury Publising,
  2. Ismael Sarmiento Ramírez, (2003), Alimentación y relaciones sociales en la Cuba colonial, Anales del Museo de América, ISSN 1133-8741, Nº. 11, págs. 197-226
  3. HAZARD, Samuel (1928): Cuba a pluma y lapiz, 3 tomos, Habana, Impr. de Cultural S.A.
  4. Antonio Quilis,Celia Casado Fresnillo, (2008), La lengua española en Filipinas: Historia. Situación actual, CSIC, Madrid
  5. Fuente: APEGA.
  6. Eva Celada, (2011), La cocina actual de la Casa de Alba
  7. Cándido Hurones, (2009), Cómo freír un huevo. La innovación didáctica al servicio de la docencia universitaria, Entelequia: revista interdisciplinar, ISSN-e 1885-6985, Nº. 10 , páxs. 239-252

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]