Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Ascanio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Eneas e Ascanio.

Ascanio, na mitoloxía grega, era o fillo de Eneas e Creúsa. Despois da Guerra de Troia, Ascanio fuxiu ao Lacio (Italia) co seu pai e loitou nas guerras itálicas. Segundo Virxilio foi o primeiro rei de Alba Longa, na que naceron Rómulo e Remo, os fundadores de Roma.
Coñecido, na mitoloxía romana, como Iulus, do seu nome provén a Gens Iulia (a familia Iulia).


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.