Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Ataces

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAtaces
Biografía
Nacementoséculo IV Editar o valor en Wikidata
Morte418 Editar o valor en Wikidata
Lusitania, Roma Antiga Editar o valor en Wikidata
Causa da mortemorto en combate Editar o valor en Wikidata
Rei
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloRei Editar o valor en Wikidata
CónxuxeCindazunda Editar o valor en Wikidata
PaiRespendial Editar o valor en Wikidata

Ataces, Attaces, Atax ou Adax (?-418) foi rei dos alanos occidentais en Hispania. Foi o sucesor de Respendial, quen dirixiu aos alanos, xunto cos vándalos e suevos, nunha invasión do Imperio Romano de Occidente na que, tras verse presionados polos hunos, cruzaron o Rin a partir do ano 406, saquearon a Galia e chegaron a Hispania no 409.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

No 409, os alanos asentáronse nas provincias de Lusitania e Cartaxinense: "Alani Lusitaniam et Carthaginiensem provincias, et Wandali cognomine Silingi Baeticam sortiuntur" ("Aos alanos asignáronlles as provincias de Lusitania e Cartaxinense, e aos vándalos, co nome de Silingos, a Bética").[1] Porén, Bury apunta que non controlaron a Cartaxinense aínda que si facían expedicións de saqueo.[2] Conquistou a cidade Emérita Augusta (actual Mérida), e estableceu nela a súa corte durante uns seis anos, rematando o dominio romano da zona.

Lenda de Coímbra

[editar | editar a fonte]
Escudo actual de Coímbra.

A principios do século V, Ataces despois de conquistar Aeminium e Conímbriga, decidiu fundar outro asentamento na marxe dereita do río Mondego en lugar de Aeminium. Cando Ataces dirixía a construción desta nova cidade que chamou Colimbria (actual Coímbra) en honra á antiga Conímbriga, o rei suevoHermerico e o seu exército apareceron para tomar posesión da cidade. O combate entre as dúas faccións foi tan cruento que as augas do Mondego acabaron por tinguirse de vermello. Hermerico retirouse cara ao norte, pero Ataces foi perseguilo e o rei suevo viuse obrigado a pedir a paz. Para iso, ofreceulle ao vencedor a man da princesa Cindazunda, a súa filla. Como é habitual nestes casos, a lenda di que Cindazunda era extremadamente fermosa e que Ataces pronto se namorou dela. A parella real chegou de camiño a Coímbra acompañada do seu pai e axiña se realizaron os casamentos e a voda, con toda a magnificencia. Para conmemorar un acontecemento tan extraordinario, Ataces entregoulle á cidade de Coímbra o escudo, que aínda é o escudo da moderna Coímbra: a doncela coroada é Cindazunda, a copa representa o seu matrimonio con Ataces, o león é o selo de Ataces e o dragón ou serpe alada o selo de Hermerico.[3][4][5]

En 418, Ataces foi derrotado e morto na batalla contra o rei visigodo Walia,[6] quen chegara a Hispania tras asinar un foedus[7] co emperador Honorio co obxectivo de someter a tódolos bárbaros da península. En terras tartessas, probablemente preto de Xibraltar, se enfrontaron. Os alanos que quedaron en Hispania apelaron ao rei vándalo Gunderico para que aceptase a coroa alana[8] polo que pasou a denominarse "rex Wandalorum et Alanorum" ("rei dos vándalos e dos alanos"); título que foi conservado polos sucesivos reis vándalos do norte de África.[9]

  1. Hidacio (1906), p. 253 (16)
  2. Bury 1923, p. 203
  3. "Heráldica, Coimbra Cámara Municipal". 
  4. "Escudo de armas da Cidade de Coímbra". Arquivado dende o orixinal o 05 de outubro de 2022. Consultado o 05 de outubro de 2022. 
  5. "Lendas". Castelos e Muralhas do Mondego. 
  6. Hidacio (1906), pp. 256-257 (25)
  7. García Moreno, Luis Agustín (2018). "Adax". dbe.rah.es (en castelán). Consultado o 12 de agosto de 2024. 
  8. Hidacio (1906), p. 257 (25)
  9. Bury 1923, p. 204

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]