Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Atalo II

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAtalo II

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento220 a. C. Editar o valor en Wikidata
Morte138 a. C. Editar o valor en Wikidata (81/82 anos)
Pérgamo, Turquía Editar o valor en Wikidata
Rei
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
Período de tempoPeríodo helenístico Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
ConflitoGuerra Gálata (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloRei Editar o valor en Wikidata
FamiliaDinastia Atálida (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
CónxuxeEstratonice Editar o valor en Wikidata
PaisÁtalo I Editar o valor en Wikidata  e Apollonis of Cyzicus Editar o valor en Wikidata
IrmánsEumenes II
Philetaerus
Athenaeus of Pergamon Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteRealencyclopädie der classischen Altertumswissenschaft (pt) Traducir
The Nuttall Encyclopædia >>>:At′talus II.
Real'nyj slovar' klassicheskih drevnostej po Ljubkeru (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Estatua dedicada a Atalo II

Atalo II Filadelfo ( en grego: Ἄτταλος Β' ὁ Φιλάδελφος), nado ca. 220 a.C. e finado no 138 a.C., foi rei de Pérgamo e o fundador da actual cidade turca de Antalya.

Foi o segundo fillo de Atalo I Sóter e da raíña Apollonis[1], ascendeu ao trono primeiro como cogobernante co seu irmán máis vello Eumenes II no 160 a.C., ao morrer este casou coa súa viúva Estratonice de Pérgamo no ano 158 a.C.[2]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Antes de se converter en rei, Atalo, xa camandou tropas, en 190 a.C. fixo fronte á invasión dos seléucidas e o ano seguinte (189 a.C.) liderou as forzas de Pérgamo que loitaron co exército romano baixo Cneo Manlio Vulsán en Galacia. No ano 182 a.C. loitou de novo contra os seléucidas, encontrándose con éxito co exército de Farnaces I do Ponto. Finalmente, axudou aos romanos unha vez máis no 171 a.C. uníndose a Publio Licinio Craso en Grecia durante a Terceira Guerra Macedonia.

Atalo II realizou frecuentes visitas diplomáticas a Roma, logo de se converter en rei, axudárono no conflito con Prusias II (156 a.C. – 154 a.C.) e ao seu lado axudaron ao pretendente Alexandre Balas a tomar o trono seléucida fronte a Demetrio I no 150 a.C. e a Nicomedes II Epifanes a tomar o trono de Bitinia fronte ao seu pai Prusias II o ano seguinte.

Atalo expandiu o seu reino coa axuda de Ariarates V de Capadocia, e fundou as cidades de Philadelphia e Atalia. Mecenas das artes e das ciencias, foi o inventor dun novo tipo de bordado.

  1. Polibio, 22.20
  2. Estrabón, 13.4.2