Auguste Chatron
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 21 de abril de 1844 Charix, Francia |
Morte | 7 de maio de 1917 (73 anos) Osaca, Xapón |
3º Roman Catholic Bishop of Osaka (en) | |
22 de xullo de 1896 – ← Henri-Caprais Vasselon – Jean-Baptiste Castanier (pt) → Diocese: Roman Catholic Diocese of Osaka (en) | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Ocupación | bispo católico (1896–), sacerdote católico (1869–), misioneiro |
Membro de | |
Consagración | Pierre-Marie Osouf (pt) |
Jules-Auguste Chatron, nado en Charix (Ain) o 20 de abril de 1844 e finado en Osaca o 6 de maio de 1917 foi un bispo católico francés, misioneiro das Misións Estranxeiras de París e bispo de Osaca, dende 1896 até a súa morte.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Jules-Auguste Chatron naceu o 20 de abril de 1844 en Charix, no departamento de Ain (eclesiasticamente na diocese de Belley), nunha familia modesta de labregos.[1] Perdeu os seus pais cando era pequeno e educouno un tío. Por influencia dun parente crego, Joseph Carron, entrou no seminario menor de Meximieux, onde estudou até 1866. Continuou os seus estudos no seminario de Brou, e finalmente foi ordenado sacerdote o 26 de setembro de 1869.[1]
Destinado á misión de Nagasaki o 7 de maio de 1873.[1] En 1893 estableceuse en Osaca como vigairo xeral do bispo Henri-Caprais Vasselon,[1] e logo da súa morte foi nomeado bispo de Osaca o 22 de xullo de 1896.[1] En 1903 visitou San Francisco para recadar fondos para a misión, e para tratar unha dobre hernia. Volveu ao Xapón en 1904, logo de pasar por Francia. Finou en Osaca o 5 de xuño de 1917, a causa dunha operación para tratar unha recorrenza nesta doenza.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]
Dignidades da Igrexa católica | ||
---|---|---|
Predecesor: Henri-Caprais Vasselon |
Bispo de Osaca 1896 - 1917 |
Sucesor: Jean-Baptiste Castanier |