Aurelio
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 740 |
Morte | 774 (Gregoriano) (33/34 anos) Samartín del Rei Aurelio, España |
Monarca do Reino de Asturias | |
768 – 774 ← Froila I – Silo → | |
Datos persoais | |
Relixión | Catolicismo |
Actividade | |
Ocupación | guerreiro, gobernante |
Outro | |
Título | Rei de Asturias |
Familia | Dinastía ástur-leonesa |
Pai | Fruela da Cantábria |
Irmáns | Vermudo I o Diácono |
Aurelio, nado cara ao 740 e finado no 774, foi un nobre galego, que gobernou en boa parte da Galicia alto-medieval desde 768 a 774, segundo as crónicas afonsinas. As súas orixes son un enigma histórico, A Crónica Albeldense non dá ningún dato sobre a súa ascendencia, e a Crónica de Afonso III, escrita máis de cen anos despois explica que era curmán de Froila I, posiblemente co obxectivo de facelo entroncar con Afonso I e a súa mítica liñaxe real dende Leovixildo. As fontes árabes medievais denomínano rei de Galicia.[1][2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi elixido pola nobreza para suceder a Froila I, asasinado nunha revolta palatina no ano 768. O seu fillo Afonso (máis tarde Afonso II) foi afastado do trono.
As crónicas transmiten a noticia dos primeiros movementos sociais de contestación antiseñorial da Idade Media peninsular. Os servos erguéronse contra os seus señores, acabando por seren submetidos por Aurelio. A localización desta rebelión é descoñecida, se ben está fóra de dúbida que debeu ter grande importancia, posto que fora rexistrada nas crónicas.
Aurelio faleceu de morte natural, e sen descendencia, en Langreu. Foi sucedido por Silo I, quen casara con Adosinda (prima de Aurelio e filla de Afonso I.[3]
-
Mapa político da Península Ibérica tras a substitución da España visigoda, pola musulmá.
-
Retrato imaxinario de Aurelio. Século XVIII.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Carballeira Debasa, Ana María (2007). Galicia y los gallegos en las fuentes árabes medievales. CSIC. p. 131.
Rei de Galicia (Yilliqiya) (citando a Ibn al-Athir, Ibn Khaldun, Ibn Al-Khatib, al-Qalqashandi e El-Hajji)
- ↑ Ibn El-Atir. Fagnan, ed. Annales du maghreb & de l'espagne (en francés) (1897 ed.).
mourut Ourâlî, roi de Galice, qui avait régné six ans, et qui eut pour successeur Chiyaloûn
- ↑ Peres Vigo, Alexandre (2022-09-19). "Aurelio, Silo, Mauregato e Vermudo I. Os príncipes galaicos polas armas (768-791)". Nós Diario. Consultado o 2022-09-25.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte] Aurelio, Silo, Mauregato e Vermudo I. Os príncipes galaicos polas armas (768-791) |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Anselmo López Carreira, Tucho Fernández Calo, Os reis de Galicia, Vigo : A Nosa Terra, 2003. ISBN 84-96203-27-1.
- Xosé Antonio López Teixeira, Arredor da conformación do Reino de Galicia (711-910), Editorial Toxosoutos, S.L. 02/2003.
- Anselmo López Carreira, O reino medieval de Galicia, Edicións A Nosa Terra, Promocións Culturais Galegas, S.A., 2005, ISBN 84-96403-54-8.
- Nogueira, C. (2001): A Memoria da nación: o reino da Gallaecia. Xerais, Vigo.
- Barbosa Álvarez, José Manuel, Atlas histórico da Galiza, Ediçons da Galiza, ISBN 978-84-936218-1-0.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Reino de Galicia | ||
---|---|---|
Segue a: Froila I |
Aurelio | Precede a: Silo I |
Reis usurpadores |