Austin Spurs
Austin Spurs | |
---|---|
Información xeral | |
Fundación | 2001 |
Historia | Columbus Riverdragons 2001-2005 Austin Toros 2005-2014 Austin Spurs 2014-presente |
Cores | Negro, Prata, Branco (dende 2007-2008) Azul, Granate, Ouro, Branco (2005–06 a 2006-07) Laranxa, Azul mariño, Prata, Branca (Columbus Riverdragons, 2001–02 a 2004–05) |
Localización | |
Cidade | Cedar Park Texas |
Pavillón | Cedar Park Center |
Persoal | |
Adestrador | Ken McDonald |
Títulos | |
Campión | 1 (2011–12) |
División | 3 (2004–05, 2007–08, 2011–12) |
Os Austin Spurs son un equipo da NBA Development League con base en Cedar Park, Texas. Xogan os seus partidos coma locais no Cedar Park Center.
Historia
[editar | editar a fonte]Os Columbus Riverdragons trasladáronse a Austin, Texas a mediados do ano 2005, e o novo nome do equipo foi revelado o 10 de agosto de 2005. Os Toros comezaron a xogar na tempada 2005-06. As súas cores eran, orixinalmente, o vermello, o azul e o dourado.
O 28 de xuño de 2007, os Toros foron adquiridos polos San Antonio Spurs, catro veces campións da NBA, converténdose no segundo equipo da historia da D-League en ser propiedade dun equipo da NBA, despois de que os Los Angeles D-Fenders foran adquiridos polos Los Angeles Lakers en 2006.[1]
O 9 de agosto de 2010, os Toros anunciaron que para o comezo da tempada 2010-11, comezarían a xogar no Cedar Park Center, deixando atrás o Austin Convention Center.
O 28 de abril de 2012, os Toros derrotaron ós Los Angeles D-Fenders no terceiro partido das Finais da NBA D-League para conseguir o primeiro campionato da historia da franquía.[2]
O 15 de outubro de 2014, o equipo anunciou o cambio do seu nome a Austin Spurs, en referencia ó seu equipo pai, os San Antonio Spurs.
Tempadas
[editar | editar a fonte]Tempada | División | Posición | Vitorias | Derrotas | % | Resultados de playoffs |
---|---|---|---|---|---|---|
Columbus Riverdragons | ||||||
2001–02 | 3º | 31 | 25 | .554 | Perdidas semifinais (Greenville) 2–1 | |
2002–03 | 6º | 23 | 27 | .460 | ||
2003–04 | 6º | 18 | 28 | .391 | ||
2004–05 | 1º | 30 | 18 | .625 | Gañadas semifinais (Roanoke) 96–89 Perdidas Finais da D-League (Asheville) 90–67 | |
Austin Toros | ||||||
2005–06 | 6º | 24 | 24 | .500 | ||
2006–07 | Leste | 5º | 21 | 29 | .420 | |
Austin Toros | ||||||
2007–08 | Suroeste | 1º | 30 | 20 | .600 | Gañadas semifinais (Sioux Falls) 99–93 Perdidas Finais da D-League (Idaho) 2–1 |
2008–09 | Suroeste | 2º | 32 | 18 | .640 | Gañada primeira rolda (Idaho) 119–116 (OT) Perdidas semifinais (Colorado) 114–111 |
2009–10 | Oeste | 2º | 32 | 18 | .640 | Gañada primeira rolda (Dakota) 2–1 Perdidas semifinais (Rio Grande Valley) 2–1 |
2010–11 | Oeste | 8º | 22 | 28 | .440 | |
2011–12 | Oeste | 2º | 33 | 17 | .660 | Gañada primeira rolda (Erie) 2–1 Gañadas semifinais (Canton) 2–1 Gañadas Finais da NBA D-League (Los Angeles) 2–1 |
2012–13 | Central | 2º | 35 | 15 | .700 | Gañada primeira rolda (Bakersfield) 2–0 Perdidas semifinais (Santa Cruz) 2–0 |
2013–14 | Central | 6º | 19 | 31 | .380 | |
Tempada regular | 350 | 298 | .540 | |||
Playoffs | 16 | 14 | .533 |
Xogadores
[editar | editar a fonte]Equipo actual
[editar | editar a fonte]Xogadores | Adestradores | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
(NBA) Asignado a equipo NBA Cadro • Transaccións |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ NBA Development League, Press Release: "Spurs Purchase Austin Toros of NBA Developmental League"
- ↑ "Austin Toros Win 2012 NBA Development League Championship". Arquivado dende o orixinal o 17 de agosto de 2014. Consultado o 04 de novembro de 2014.