Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Avenida dos Campos Elisios

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vista dende a Praza da Concordia.
Avenida dos Campos Elisios.

Os Campos Elisios[1] (en francés Les Champs-Élysées) é a principal avenida de París. Mide 1.880 metros de lonxitude, e vai dende o Arco do Triunfo ata a Praza da Concordia.

O nome Campos Elisios vén da mitoloxía grega, onde designaba a morada dos mortos reservada ás almas virtuosas, o equivalente do paraíso cristián. Para acceder a el debían beber no río Lete, que lles faría esquecer o seu paso polo inferno.

É considerada a nivel mundial como a Avenida máis fermosa, famosa e elegante do mundo, é tamén a zona de compras mais exclusiva e cara do mundo, conta coas tendas mais exclusivas a nivel mundial como Louis Vuitton, Cartier, Hugo Boss entre outras. Os franceses adoitan chamala a avenida máis fermosa do mundo («a plus belle avenue du monde»).

Cronoloxía

[editar | editar a fonte]
  • 1640: plántase unha fileira de árbores en continuidade do Louvre e o Palacio das Tullerías.
  • 1724: remátase o seu trazado actual.
  • 1824: constrúense as beirarrúas.
  • 1994: inaugúrase a remodelación máis ambiciosa desenvolvida ata o momento. O 14 de xullo, soldados alemáns paticiparon no tradicional desfile que se celebra cada ano nesta avenida, marcando un fito nas relacións franco-alemás.

Características

[editar | editar a fonte]
Vista dende o Arco do Triunfo
Decoración do Nadal.

Na parte alta da avenida, que comeza na praza «Charles de Gaulle» (antes praza da Estrela, «place de l'étoile») atópanse cines, tendas de luxo e grandes almacéns (en particular un dedicado á música).

A parte baixa da avenida, que desemboca na Praza da Concordia (onde se celebraban as execucións), está rodeada de xardíns e atópanse varios edificios públicos maxestosos: O Palacio do Descubrimento («Palais de la Découverte»), o Pequeno Palacio e o Gran Palacio, así como a Universidade París IV.

Os Campos Elisios son parte do eixo histórico de París, que se prolonga polo Xardín das Tullerías ata chegar ao Museo do Louvre.

Polo lado oposto do Arco de Triunfo a avenida da Grande Armada e a Avenida Charles de Gaulle prolongan os Campos Elisios. Nos anos noventa contruíronse neste mesmo eixo o Grande Arco, no barrio moderno de «La Défense», un dos centros de finanzas máis importantes da Unión Europea xunto co de Frankfurt.

Na Avenida dos Campos Elisios atópase a liña de meta da derradeira etapa do Tour de Francia. Ademais, a entrega de premios final celébrase á beira do Arco do Triunfo e é por iso que se converteu nun paseo mítico para o mundo do ciclismo.

  1. Entrada no Dicionario latín-galego de J. Carracedo Fraga, editado pola editorial Galaxia.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]