Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Azeglio Vicini

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAzeglio Vicini

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento20 de marzo de 1933 Editar o valor en Wikidata
Cesena, Italia Editar o valor en Wikidata
Morte30 de xaneiro de 2018 Editar o valor en Wikidata (84 anos)
Brescia, Italia Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeItalia (1946–2018)
Reino de Italia (1933–1946) Editar o valor en Wikidata
Altura1,73 m Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista (–1966), adestrador de fútbol Editar o valor en Wikidata
LinguaLingua italiana Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDefensa Editar o valor en Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
- AC Cesena
- Ascoli Calcio 1898
1953-1956 Vicenza Calcio 54(8)
1956-1963 UC Sampdoria 191(6)
1963-1966 Brescia Calcio 55(2) Editar o valor en Wikidata
Participou en
xuño de 1988Eurocopa de Fútbol Alemaña Occidental 1988 Editar o valor en Wikidata
Premios

Discogs: 2123526 Editar o valor en Wikidata

Azeglio Vicini, nado o 20 de marzo de 1933 en Cesena, é un exfutbolista e actual adestrador de fútbol italiano.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Como xogador

[editar | editar a fonte]

Comezou a xogar no equipo da súa vila natal, o AC Cesena, fichando moi pronto polo Lanerossi Vicenza e polo UC Sampdoria máis tarde, equipo no que militaría a maior parte da súa carreira. Retirouse xogando no Brescia Calcio no ano 1966.

Como adestrador

[editar | editar a fonte]

A súa traxectoria como adestrador foi máis ampla, sobre todo nas diferentes categorías da Selección de fútbol de Italia. O primeiro equipo ao que dirixiu foi o Brescia Calcio, durante un ano e pouco despois de colgar as botas. Ao cabo dalgúns anos comezou a adestrar á categoría sub-23 do combinado nacional, e ao ano seguinte pasou á sub-21, neste posto estivo dez anos, ata que en 1986 pasa a adestrar á selección na categoría absoluta.

Coa selección de fútbol de Italia chegou ao terceiro posto no Mundial de Fútbol Italia 1990, cun equipo no que destacaban Roberto Baggio, Salvatore Schillaci ou Franco Baresi.

Deixa a selección en 1991 tras non conseguir clasificar ao equipo para a Eurocopa de Fútbol Suecia 1992, sendo substituído por Arrigo Sacchi. Posteriormente dirixiu en dous breves períodos ao AC Cesena e ao Udinese Calcio.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]