Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Azzi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Azzi foi un país ao norte do Éufrates e ao sur do país de Hayasa (da rexión de Trebisonda).

Pouco despois de -1400 a xente do país de Azzi invadeu a Capadocia oriental e serían combatidos polo rei hitita Tudhaliyas III (-1400 - -1380).

En tempo do rei Mursilis II (-1347 - -1320) Azzi estaba gobernado por un rei chamado Anniya que, segundo se supón, creou unha confederación política dos pobos (prearmenios) da fronteira oriental dos hititas, formando un reino que ía do río Iris (Ysehil Irmak) ao lago Van e do mar Negro a Ishuwa, mencionado polos historiadores como Hayasa-Azzi.

Anniya foi derrotado polos hititas (ver Hayasa) e talvez converteuse en vasalo ou o país foi anexionado. Se ben unha parte dos seus dominios quedaron baixo control hitita, o país de Azzi debía de manter ou recuperar a independencia, porque un rei de Azzi aínda se resistía aos hititas durante o reinado de Tudhaliyas IV, case un século despois (sobre -1240 / -1230).

Despois as noticias sobre Azzi desaparecen.