Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Baleeiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Baleeiro do século XIX.
Baleeiro moderno.

Un baleeiro é un tipo de barco utilizado para caza (ou pesca) de baleas.[1] O termo designa tamén o cazador ou pescador de baleas.[1]

Porén, a persoa encargada de manexar o arpón, é dicir, de arpoar [2] á balea (ou outro gran cetáceo) chámase arpoador.[3]

Evolución

[editar | editar a fonte]

Antigamente os baleeiros dispoñían dun ou varios botes baleeiros, que largaban para aproximárense tanto como podían á balea ou ao cachalote e nos que embarcaban, canda os mariñeiros que vogaban e o patrón, o arpoador, que lanzaba o arpón, unido a un groso cabo, para tratar de cravalo no animal; despois, volvían ao baleeiro, e os mariñeiros turraban do cabo (ou dos cabos) para achegar o cetáceo ao costado do barco principal.[4]

Os baleeiros modernos, na súa maioría, están equipados para a captura (utilizando arpóns que disparan mediante canóns) e con instalacións para o tratamento da carne e da graxa (aceite de balea) do animal, é dicir, que son buques factoría.

A principal característica dos baleeiros modernos é a de ter a popa rebaixada e a proa elevada, onde está situado o canón que lanza o arpón.

Na literatura

[editar | editar a fonte]

Na novela Moby Dick de Herman Melville, o narrador embarca no Pequod, baleeiro do século XIX.

  1. 1,0 1,1 baleeiro Arquivado 22 de xullo de 2013 en Wayback Machine. no dicionario da RAG.
  2. arpoar Arquivado 22 de xullo de 2013 en Wayback Machine. no dicionario da RAG.
  3. arpoador Arquivado 22 de xullo de 2013 en Wayback Machine. no dicionario da RAG.
  4. Dominique Le Brun (2013): Baleiniers. Témoignages 1820–1880. Éditions Omnibus. ISBN 978-2-258-09869-5. Resumo

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Budker, Paul (1957): Baleines et baleiniers. París: Horizons de France.

Outros artigos

[editar | editar a fonte]