Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Banana Yoshimoto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaBanana Yoshimoto
Nome orixinal(ja) 吉本ばなな Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(ja) 吉本 真秀子 Editar o valor en Wikidata
24 de xullo de 1964 Editar o valor en Wikidata (60 anos)
Bunkyō (Xapón) Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Nihon (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoEnsaio Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónescritora, ensaísta, prosista, novelista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1986 Editar o valor en Wikidata -
Xénero artísticoFicción especulativa Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
PaiTakaaki Yoshimoto Editar o valor en Wikidata
IrmánsYoiko Haruno Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteMetzler Autorinnen Lexikon, (p.572–573) >>>:Yoshimoto, Banana (eigtl. Yoshimoto Mahoko) Editar o valor en Wikidata
Sitio webyoshimotobanana.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0949012 Twitter: y_banana BNE: XX1163182 Bitraga: 2083 Musicbrainz: 6cbf50b4-9a3b-4b47-a1f6-e46b6aeff740 Discogs: 1251783 Editar o valor en Wikidata

Banana "Nashe" Yoshimoto (よしもと ばなな Yoshimoto Banana?) nada o 24 de xullo de 1964 en Toquio, é o pseudónimo de Mahoko Yoshimoto (吉本 真秀子 Yoshimoto Mahoko?), unha novelista xaponesa contemporánea.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

É filla de Takaaki Yoshimoto (coñecido tamén como Ryumei Yoshimoto, respectado e influente filósofo na década de 1960) e a súa irmá, Haruno Yoiko, é unha afamada mangaka no Xapón.

O seu amor pola natureza inflúe no seu nome artístico: ama as flores vermellas e carnosas do bananeiro, do que extraeu o pseudónimo co que se lle coñece no mundo: Banana.[1]

A súa novela debut, Kitchen (1988), conseguiu un éxito inmediato tras a súa publicación, o que lle valeu máis de sesenta edicións só no Xapón.

Existen dúas películas baseadas na obra, unha delas un filme para a televisión xaponesa e a versión cinematográfica producida en Hong Kong en 1997, que tivo unha maior comercialización. Esta novela escribiuna cando aínda estaba a estudar na Universidade de Nihon, e con ela gañou o premio Newcomer Writers Prize en 1987, e o Izumi Kyoka en 1989.

A súa obra fórmana ademais as novelas N.P. (1992), Sueño Profundo (1994), Tsugumi (1994), Lucertola (1995), Amrita (1997), Sly (1998), La última amante de Hachiko (1999), Honeymoon (2000), H.H. (2001), La pequeña sombra (2002), Presagio triste (2003), El lago (2011), Recuerdos de un Callejón Sin Salida (2011). Ademais de novelas, Banana Yoshimoto escribiu varias recompilacións de ensaios, entre os que se atopan Songs From Banana Note (1991) e Yume ni tsuite (1994).

Os críticos valoran que moitas das súas obras son comerciais e superficiais, pola contra, os seus seguidores, moi numerosos, opinan que captura perfectamente o significado da frustrante vida dos mozos xaponeses de hoxe. As súas novelas sempre están impregnadas de moitos valores da ideoloxía xaponesa.[1]

Obra traducida ao galego

[editar | editar a fonte]
  • Kitchen,[2] traducido por Mona Imai.
  1. 1,0 1,1 "El Portal de la Rosa de los Vientos". Arquivado dende o orixinal o 30 de xuño de 2016. Consultado o 23 de maio de 2016. 
  2. "Libro Kitchen (gallego), Banana Yoshimoto, ISBN 9788493641320. Comprar en Buscalibre". www.buscalibre.cl (en castelán). Consultado o 2022-06-29. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]