Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Bandeira de Navarra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bandeira de Navarra
Bandeira de Navarra
Características
Uso
Proporción2:3
Adopción15 de xullo de 1910
Cores     Vermello

A bandeira de Navarra é un dos símbolos da comunidade foral de Navarra, unha das dezasete comunidades autónomas de España. Foi deseñada en 1910 por tres persoas afíns ao nacionalismo vasco, Arturo Campión, Julio Altadill e Hermilio de Oloriz. Ese mesmo ano aprobouna a Deputación Navarra e foi recoñecida pola Lei Orgánica de Reintegración e Amelloramento do Réxime Foral de Navarra (LORAFNA), de 10 de agosto de 1982, que establece no seu artigo 7.2: "A bandeira de Navarra é de cor vermella, co escudo no centro."

Así mesmo, o escudo de Navarra está formado por cadeas de ouro sobre fondo vermello, cunha esmeralda verde no centro de unión dos seus oito brazos de elos e, sobre elas, a Coroa Real, símbolo do antigo Reino de Navarra. A imaxe das cadeas adoptaríase, segundo unha explicación tradicional, tras a participación de Sancho VII o forte na batalla das Navas de Tolosa no 1212.

A bandeira de Navarra vén usándose como símbolo do territorio desde 1910. Elixiuse a cor vermella para o pano por ser esta a cor do campo do escudo.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
Estandarte dos monarcas de Navarra desde 1212.
Estandarte dos Reis de Navarra desde 1212 (Versión antiga)