Bandeira dos asirios
Bandeira dos asirios | |
---|---|
Características | |
Uso | |
Proporción | 3:2 |
Adopción | 1971 |
Cores | Vermello Branco Azul Azul claro Ouro |
A bandeira dos asirios (en siríaco: ܐܬܐ ܐܬܘܪܝܬܐ: ʾāṯā ʾāṯōrāytā ou ܐܬܐ ܕܐܬܘܪ ʾāṯā d-ʾāṯōr)[1][2] é a bandeira étnica que representa ao pobo asirio, creada para representar a súa nación e patria, así como á diáspora asiria. Os seus dous compoñentes, a estrela de Utu/Shamash, que era un símbolo do deus Shamash, e que tamén se usaba habitualmente nos postes dende o Imperio Acadio como símbolo da nación,[3] combínase co antigo símbolo do deus Assur.
George Bit Atanus deseñou a bandeira por primeira vez en 1968;[4] a Alianza Asiria Universal, a Federación Nacional Asiria e o Partido Democrático de Bet-Nahrain adoptárona en 1971. A bandeira ten un fondo branco cun círculo dourado no centro, rodeado por un estrela de catro puntas en azul. Catro franxas onduladas de tripla cor (vermello-branco-azul), ensanchadas e onduladas, conectan o centro coas catro esquinas da bandeira. Sobre o centro aparece a figura do deus asirio precristián Assur, coñecido pola iconografía da Idade de Ferro.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Variantes
-
A bandeira asiria coa imaxe de Assur con dourado e azul, adoptada pola Alianza Asiria Universal.[6]
-
A bandeira asiria sen a imaxe de Assur. Esta versión é a usada polas Unidades para a Protección da Meseta de Nínive.[9]
- Inspiracións
-
A figura do "arqueiro con túnica de plumas" na bandeira de 1968 está inspirada na iconografía do Imperio Neoasirio.
-
Unha versión estilizada do símbolo solar de Shamash
-
Símbolo de estrela no mosteiro de Mor Gabriel
- Outras bandeiras
-
Bandeira dos cristiáns caldeos, adoptada a finais de 1999.[11]
-
Tricolor usado polo Partido da Unión Siríaca e o Consello Militar Siríaco que representa aos asirio-siríacos no norte de Siria controlado polas Forzas Democráticas Sirias[12]
-
A bandeira de Iraq 1959-1963 incluía unha estrela de Ishtar vermella que simbolizaba a minoría asiria.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "List of all entries".
- ↑ assyrianapp.com (ed.). "ܟܘܠܝܗܝ̈-ܒܘܪ̈ܢܐ-ܐ̃ܟܘܡܐ-ܠܐ-ܡܨܐܠܗܘ̈ܢ-ܕܫܠ". Consultado o 4 de febreiro de 2022.
- ↑ Black & Green 1992, p. 168.
- ↑ "The History and Meaning Behind the Assyrian Flag". Assyrian Cultural Foundation. 2017-03-27. Consultado o 2020-06-27.
- ↑ "Assyria". Crwflags.com. Arquivado dende o orixinal o 12 de outubro de 2008. Consultado o 16 de novembro de 2008.
- ↑ "The Origins and Description of the Assyrian Flag" by Homer Ashurian, Assyrian Universal Alliance, 03-1999 Arquivado 17 de febreiro de 2009 en Wayback Machine.
- ↑ Kiwarkis, Gaby (23 de abril de 2010). "Assyrians Honor New Zealand War Hero, Dedicate Genocide Plaque". Assyrian International News Agency. Consultado o 29 de marzo de 2019.
- ↑ Assyrian National Broadcasting (26 de marzo de 2017). "Happy Assyrian New Year!". Youtube. Assyrian Aid Society of America. Arquivado dende o orixinal o 10 de xaneiro de 2020. Consultado o 29 de marzo de 2019.
- ↑ Nineveh Plain Protection Units (NPU). "NPU raised the Iraqi, Assyrian & NPU flags in Baghdedeh". Youtube. NPU NinevehPlainProtectionUnits. Arquivado dende o orixinal o 31 de outubro de 2018. Consultado o 1 de outubro de 2018.
- ↑ "Syriac-Aramaic People (Syria)". Crwflags.com. Arquivado dende o orixinal o 4 de decembro de 2008. Consultado o 16 de novembro de 2008.
- ↑ "Chaldean Flag".
- ↑ "Syriac Miliary Council waves new flag representing Assyrians/Chaldean/Syriac people in SDF territory". 22 de marzo de 2017.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Bandeira dos asirios |